Teatro

Etiquetas:
29/12/2021

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.

 

Etiquetas:
22/12/2021

Este mércores, 22 de decembro, a compañía Galitoon presenta Güela Güela. A función será no auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e de balde ata 24 meses.

Trátase do único espectáculo dunha compañía galega no Museo do Prado, baseada na obra Concerto de Aves de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado para a súa representación durante os anos 2015 e 2016, no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o museo.

Conta a historia de como as cegoñas sempre tiveron a misión de levar aos bebés que acaban de nacer aos brazos dos seus país e nais. Mais un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un bebé á súa familia pero recibiu a negativa da comunidade das cegoñas porque aínda non podía seguir o...

leer más
Etiquetas:
16/12/2021

Storytime Santa´s Elves es el título de la obra que se representará en el Cine Teatro ribadense este sábado, día 18, a las 18:00 horas. Es una actividad organizada por ACISA Ribadeo con la colaboración de la academia de inglés asociada Kids&Us y del Concello de Ribadeo. 

El gerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez, anunció que “para este sábado, 18 de diciembre, a las 18:00 horas en el Cine Teatro de Ribadeo, en colaboración con Kids & Us y el Concello de Ribadeo, hemos organizado la obra de teatro en inglés Storytime Santa´s Elves, para niños y niñas de todas las edades. La entrada es gratuita hasta completar aforo. Nos parece que se trata de una buena iniciativa para que los niños y niñas pasen una tarde diferente, divertida y aprendiendo, mientras sus padres se ocupan de esos recados navideños que todos tenemos que hacer”.

... leer más
Etiquetas:
15/12/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa a actuación de Teatro Curuxán que presenta Spinof, un espectáculo de humor e improvisación. A representación terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

A obra está baseada no método Harold de creacións de escena impro. A través de tres historias, conectadas co “efecto bolboreta”, o propio público escollerá aos protagonistas, as súas historias, o contexto e os seus obxectivos: un home de negocios que precisa axuda, unha anciá que só ten lembranzas e unha axente de viaxes que quere rematar a súa xornada para poder descansar. Que relación teñen entre si? E se non son eles e son outras personaxes totalmente distintas? E se nos atoparamos nun mundo fantástico pasando a outros de detectives e rematando cun musical? Neste caos argumental, ao final...

leer más
Etiquetas:
13/12/2021

O coñecido grupo teatral Chévere representa As Fillas Bravas este sábado, día 18, ás 20 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá, que organiza esta actividade coa colaboración da Deputación de Lugo. A entrada é gratuíta con aforo limitado.

O elenco desta obra de Chévere está formado por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

Chévere explica que “as fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos”.

Con esta peza Chévere “segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que...

leer más
Etiquetas:
09/12/2021

Será este sábado, día 11, a partir das 21 horas. O Grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”.

Sinopse:

Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal! 

Etiquetas:
09/12/2021

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro. A función terá lugar este sábado, día 11 de decembro, ás 20:30 horas.

A obra de Manuel Rivas conta o proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola e da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno vaise descubrindo paulatinamente a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas, facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Trátase dunha adaptación de Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro, coa dirección deste último,...

leer más
Etiquetas:
07/12/2021

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle o 19 de decembro, domingo, a partir das 18:00 horas un espectáculo infantil no que Fran Rei presenta un espectáculo unipersoal para público infantil que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela). O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro de Manuel María.

E a continuación, ás 19:00 horas, tamén no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do XIX concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
07/12/2021

Este sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.

Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
02/12/2021

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo infantil Ris Ras a cargo de Baobab. A representación terá lugar este sábado, día 4 de decembro, ás 18:00 horas e está dirixido ao público infantil a partir de 1 ano.

Trátase dunha montaxe musical e teatral pensada para rir e bailar onde a palabra e as brincadeiras están presentes para trasladar a tradición oral galega.

A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00; ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. e na taquilla dende unha hora antes da función.