Teatro
O Concello de Barreiros programa unha representación teatral para este domingo, 17 de outubro, coa obra Gloria Nacional de Teatro do Noroeste. Será nos colexios vellos de San Miguel ás 19:00 horas.
Escrita e dirixida por Eduardo Alonso conta cun reparto integrado por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuel Varela. Conta a historia dun escultor e pintor duns 60 anos, considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional, que ven de recibir o encargo do goberno de crear unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, ademais aparecen en escena a muller da limpeza e a ministra de cultura. O encontro das tres mentalidades xeran nesta obra unha comedia de profundo contido social.
A representación está incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes e conta coa colaboración...
leer másA compañía Talía Teatro presenta o seu espectáculo titulado Pelos na lingua este domingo, 10 de outubro, ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
Esta comedia, para público a partir de 12 anos, é un divertido espectáculo que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega. O director da obra é Avelino González e o elenco está formado por Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo.
Talía Teatro explica que “Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o...
leer másA Casa da Cultura de O Vicedo acolle este xoves, 7 de outubro, ás 16:45 horas, o espectáculo infantil A Caixa sen Pandora, dentro do programa Ler conta moito.
Trátase dunha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón metaforicamente que pasaría se Pandora non abrise a caixa, entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade.
O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos.
Mañá, venres 1 de outubro, dá comezo a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.
Este venres o grupo de teatro Axouxeres, de Vilaronte-Foz, representará a obra Cousas de Mulleres.
O sábado, 2 de outubro, o grupo O Torques, de Burela, presentará O Randiña.
E o domingo 3 de outubro, Farándula Velutina, de Corcubión, porá en escena A derradeira bala.
Todas as representacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
A cita enmárcase na programación cultural do Concello de Ribadeo.
O cervense Caxoto de A Trastenda dos Contos representará "Levántate Xan!!!", un espectáculo para bebés de 0 a 3 anos, o 16 de Outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
Xan revisa que todas as tarefas estean feitas. Fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama e marchou para a cama pero esqueceu algo moi importante: darlle a cea ós animais. Ó día seguinte o galo érguese cedo como cada día para espertar ó sol pero ten tanta fame que non pode cantar e todo o mundo sabe que se o galo non canta o sol non se levanta e se o sol non se levanta Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar.
Serán 30 minutos de historias, xogos e cantigas nas que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de...
leer másO Concello de Barreiros programa actuacións musicais e espectáculos infantís para esta fin de semana.
O sábado, 2 de outubro, actuará o Cuarteto Illa Pancha, que ás 12:30 horas ofrecerá un pasacalle por San Miguel.
O domingo, 3 de outubro, ás 12:30 horas no centro sociocultural de San Cosme, estarán Pakolas e Laura Romero co espectáculo infantil Ti debuxas, eu c@anto, enmarcado no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
O ciclo de teatro de outono para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz empeza este venres, día 1 de outubro, cun espectáculo da compañía Teatro do Noroeste, que representará a obra As Virxes Salvaxes, escrita e dirixida por Eduardo Alonso.
As prazas son limitadas, o prezo das entradas é de 5 euros e a reserva previa hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz (teléfono 982.140.027 Extensión 3.
Este ciclo de teatro inclúe representacións todos os venres de outubro ás 20.30 horas e o domingo 7 de novembro ás 19.00 horas, todas elas na Sala Bahía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que neste ciclo teatral “as mellores compañías de Galicia estarán en Foz”.
A Concellería de Benestar Social informa de que o Concello de Viveiro acollerá este xoves, 30 de setembro, a Feira Comercio con Sentido dende as 12:00 ata as 18:00 unha obra de teatro o sábado 9 de outubro ás 19:00 para reflexionar sobre a orixe do que consume a cidadanía. Ambas actividades enmárcanse na campaña “Aquí e Acolá O Xusto” da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
O comercio xusto é un movemento social que promove as relacións comerciais máis igualitarias para paliar o empobrecemento dos países do Sur Global. Esta causa chega a Viveiro da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: “promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos”.
No marco da campaña “Aquí e Acolá O Xusto”, realizarase en Viveiro a feira...
leer másCon la llegada del otoño vuelve el mejor teatro a Ribadeo de la mano del Programa Platea del Ministerio de Cultura a través del INAEM.
Este ciclo se inicia el próximo 9 de octubre en el Auditorio Municipal Hernán Naval con la representación de la obra “Intocables”, a las 20,00 horas.
Ados Teatroa y Pentación Espectáculos nos presentan esta versión teatral de la premida película francesa “Intouchables”, bajo la dirección de Garbi Losada, Roberto Alvarez encabeza un reparto de grandes actores con Malcolm Treviño-Sitté, Begoña Maestre e Iker Lastra.
Esta divertida comedia trata la vida de un rico aristócrata que tras un accidente, se queda tetrapléjico y termina contratando como cuidador a un joven marginal que acaba de salir de la cárcel (en otras palabras, la persona menos indicada para...
leer másPakolas presenta Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo na Casa da Cultura de Burela o sábado 9 de outubro ás 18:00 horas.
Pakolas, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto Pakolas guiará aos espectadores coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son os principais atractivos para o público.
É un espectáculo para compartir cos máis peques e coa familia. E Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.