Teatro
O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.
Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.
O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.
En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.
O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.
A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.
Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.
Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 2 de maio, a actuación de Talía Teatro que chega con Vida de cans. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 4 euros e 3€ para estudantes, desempregad@s e xubilad@s.
Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo nunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos representada por un dálmata novo e ben educado, un vello e sabio setter e un cruce fillo da diversidade.
A Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.
Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...
leer másO dúo artístico Aldoalado, formado por Lucía Aldao e María Lado, presentan este venres, día 23, en Foz a Epístola de Aldaolado ás neofalantes. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía.
O prezo das entradas é de 5 euros e hai que reservalas previamente chamando ao teléfono 982.140.027 extensión 3.
O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos...
leer másA compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.
Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3.
O 24 de abril ás 20:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela "A aldea das mulleres", o novo espectáculo de Carmen Conde de Tarabela Creativa.
A historia transcorre ao tempo que debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns" constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E como fío condutor unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único alimento para roer en tempos da fome. Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.
A entrada será de balde.