Teatro
Este ano, o certame está adicado ao Trastorno do Espectro Autista (TEA)
O Concello de Viveiro organiza a terceira edición de ‘Superarte’, a súa mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 3 de decembro.
O concello xa dispón do cartel e ultima un programa extenso de actividades. “É Unha cita moi esperada para nós, Viveiro será de novo o lugar de referencia para sensibilizar e concienciar sobre a necesaria igualdade real para todos e todas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
Este ano, a mostra esta adicada ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), e ademais de obras de teatro, haberá visitas aos centros educativos para abordar o tema da diversidade funcional, accións conxuntas co comercio...
leer másO grupo Itaca Teatro porá en escena a obra Formigas no peto no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 6 de novembro, ás 20:30 horas.
Trátase dunha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes e personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa historia cotiá dende as nosas avoas ata nós mesmos.
O protagonista desta historia entra no Bazar da Memoria e dende alí cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos que, a súa infancia ou a nosa.
A obra está dirixida por José Campanari, quen é o autor xunto a Ana Carreira, e interpretada por Carlos Rebolo.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es...
leer másO sábado, 13 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz haberá teatro afeccionado.
Axóuxeres Teatro, de Vilaronte, representará a obra "Cousas de mulleres". Está recomendada para maiores de 14 anos. A entrada é de balde.
Caramuxo Teatro representa no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, A nena que vivía nunha caixa de mistos. Será este sábado, 30 de outubro, ás 18:00 horas.
A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre contos populares, que comezou con As fabas máxicas e continuou con Feo, que recibiu o Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil. Está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen. Conta a historia dunha nena que camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite.
Trátase dunha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, quen dirixe a obra.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es en horario de 9:00 a 14:00...
leer másO grupo de teatro O Centiño de San Martiño, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado que organiza a Deputación Provincial de Lugo, desprázase este vindeiro sábado, día 30 de outubro, ata Burela para representar Vaia faena, a corentena. Será ás oito da tarde no auditorio municipal
Desde O Centiño sinalan que “estaremos en Burela tentando superar a ansiedade, a angustia, o estres e o medo do pasado confinamento de 2020 por mor da pandemia de coroavirus. Severino e Consuelo, Elvira e Fermín, Félix e José Luis, Teresa e Cándido, os oito veciños do edificio, asomaranse unha e outra vez aos seus balcóns para darlles renda solta a todos os seus traumas coroavíricos e existenciais. Sempre con humor, sempre con simpatía. O teatro tamén é unha forma de vencer o Covid-19”.
Ao abeiro do ciclo de Monicreques 2021 da Área de Cultura da Deputación de Lugo este sábado, 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo estará Trécola Producións co seu espectáculo “Show de Barallocas”.
Barallocas é un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ou mesmo na palma da man atopa un xogo. Unha ilusión que vai medrando ata que enreda e esvara con todo conseguindo chegar á maior desfeita endexamais imaxinada.
A entrada é de balde. Organizan: asociación de veciños de San Román e Casa da Cultura de O Vicedo.
O Concello de Barreiros remata este domingo, 24 de outubro, a súa programación cultural BarreirosConvídate que levou diferentes actuacións ás distintas parroquias do concello.
Este domingo Ubú Teatro Infantil presentará O vixiante dos soños. Será no centro sociocultural de San Cosme ás 12:30 horas.
Esta actuación inclúese no programa Miúdos Seráns da Deputación Provincial de Lugo.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana a presentación dun libro e unha actuación de monicreques.
O domingo, 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro titulado La naturaleza en el aula da asturiana Claudia López e a ribadense Patricia Muíña. A pedagoxía a través dos recursos próximos e cotiáns é a razón de ser da obra destas autoras.
Tamén o domingo Os monicreques de Kukas presentan Don Gaiferos. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval, ás 20:00 horas e o prezo da entrada xeral é de 5 euros, para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas 3€. Trátase dunha obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo que, partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta...
leer másHipócrita Teatro representa a obra Casting este sábado, 23 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A actuación inclúese no ciclo de teatro afeccionado da Deputación de Lugo.
Conta a historia de varias actrices que compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. Trátase dunha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.
A reserva de entradas pódese facer no número de teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rg.cultura@viveiro.es.
O circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada este sábado na Mariña. O Vicedo acollerá a obra “Pinconus” de Hipócrita Teatro, na que a música e o humor xúntanse en escena para narrar as aventuras e desventuras dos protagonistas.
A montaxe, destinada a público de todas as idades, envolve ao espectador nunha viaxe cara un lugar ao que todos queren ir, pero moi poucos se atreven: Pínconus. Sucederanse unha serie de estratexias por parte das personaxes que interpretan Ana Carreira, Carlos Rebolo, Marga Portomeñe e Carlos Coira.
Unha comedia musical para toda a familia que non deixará indiferente a ninguén, con texto e dirección de José Campanari e música de Piti Sanz. A representación será ás 20 horas na Casa da Cultura do Vicedo.