Teatro

Etiquetas:
03/04/2022

O 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.

Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran. 

"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración. 

Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...

leer más
Etiquetas:
29/03/2022

O vindeiro sábado, 2 de abril, ás 20:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela a obra teatral "As Alumnas". Culturactiva Producións chega a Burela con esta representación. 

Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. 

"As Alumnas" busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se...

leer más
Etiquetas:
29/03/2022

Durante o 1, 2 e 3 de abril tedes unha cita gastronómica en Trabada!

O Concello de Trabada organiza en colaboración cos establecementos hostaleiros unha nova edición do TapEo.

A Taberna da Curuxeira ofrece as seguintes tapas: empanadillas mariñeiras e carne ao caldeiro; no Novo Bar O Porfirio as tapas que presentan son: capricho de mar e hamburguesa trufada e O Batuxo Meson as tapas que propón son: marinada e o cortello!

O próximo sábado, 2 de abril, visitará Trabada o grupo de teatro Axóuxeres para presentar “Cousas de Mulleres”.

A actuación comezará as 21 horas na Casa da Cultura. 

Etiquetas:
22/03/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.

Etiquetas:
14/03/2022

O 18 de marzo Trémola Teatro visita Ourol co contacontos "Dúas nenas moi valentes".

Dúas nenas que durante unha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de fascinantes historias con mulleres como protagonistas. Está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. A cita dará comezo ás 18:30 horas no edificio multiusos.  

E o vindeiro domingo, 20 de marzo, Trémola Teatro representará a obra "Se pechas os ollos" unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida. Será ás 17 horas no edificio multiusos con entrada gratuíta. 

 

Etiquetas:
14/03/2022

Este sábado, 19 de marzo, Incendiaria Teatro chegará a Viveiro con A lúa vai encuberta. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. 

O elenco artístico está composto por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Na procura dunha verdade...

leer más
Etiquetas:
12/03/2022

O 26 de marzo ás 20:30 horas Jouse García e Marcos Orsi da compañía teatral Malasombra Producións representarán o espectáculo para público adulto "SÓS" na Casa da Cultura de Burela. 

Trátase dunha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes polo que a súa convivencia non vai ser fácil. Aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse porque a pesar de que hai moitas cousas...

leer más
Etiquetas:
08/03/2022

Pedras de Cartón representa Quixote este sábado, 12 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función, dirixida ao público infantil de máis de 4 anos, dará comezo ás 18:00 horas.

Esta obra recibiu o Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021.

Trátase dun xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

 

Etiquetas:
02/03/2022

O grupo A Panadaría Teatro porá en escena As que limpan este sábado, 5 de marzo, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A obra fala, en ton de comedia, da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

O elenco artístico está composto por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Etiquetas:
01/03/2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo levará a obra teatral “Libre coma os paxaros” de Teatro do Atlántico a Sarria, A Pobra do Brollón, Chantada, Ribadeo e Meira durante os meses de marzo e abril. A xira polas comarcas desta obra, artellada en base a textos da propia Rosalía de Castro, forma parte do programa posto en marcha pola área de Cultura o pasado 23 de febreiro, co que puxo a disposición de concellos e asociacións diversas propostas culturais sobre a figura e obra da poeta.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou “o gran interese que concellos e asociacións amosaron por acoller as propostas formuladas desde a área de Cultura arredor de Rosalía e especialmente por esta obra teatral que nos guía pola súa literatura e pensamento, constatando a súa vixencia ” e explicou que “configuramos o calendario...

leer más