Teatro
Conexión Pingüín chega o 15 de outubro ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 15 de outubro ás 20:30 horas. O prezo da entrada para gozar desta comedia será de 5 euros para o público xeral e de 3 euros para estudantes e xubilados. As reservas poden facerse chamado ao teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es, ou en taquilla unha hora antes da función.
Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais...
O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nove grupos que participarán no IV Certame de Teatro Afeccionado, que se celebrará no mes de novembro no novo local multiusos Ponte de Cuñas.
As obras e grupos seleccionados son:
A morte morrida, de O Centiño, de San Martiño de Foz
A liorta, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Pepa Loba, de Teatro Coles, de Coles (Ourense)
Fatum, de Catre Teatro, de As Pontes (A Coruña)
Sainetes, de Quemaistén, de As Pontes (A Coruña)
Eres único, da Asociación Saúde Mental A Mariña, de Cervo
E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo
Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz)
O documento, de Ollomao, de Barreiros
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que o 17 de decembro terá lugar a gala de entrega de...
leer másO 5 de novembro ás 21:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela "As que limpan", unha sátira utópica e reivindicativa sobre o traballo e loita das camareiras de piso que pretende xerar debate sobre como o noso sistema económico sostense e funciona grazas á explotación das mulleres.
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as autoras, directoras e intérpretes desta coprodución da compañía teatral A Panadaría co Centro Dramático Nacional que conta xa co premio do público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022 e co premio a mellor espectáculo de sala da Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo 2022.
Un cartel colgado no manubrio da habitación. "Por favor, arranxe o cuarto". "Ao regreso da praia as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto". Son "As que limpan", as...
leer másA mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.
“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o...
leer másA obra 337 km, do autor Manuel Benito e que trata sobre o síndrome de Asperger, estreouse en febreiro deste ano no teatro Quique San Francisco, de Madrid, onde recibiu moi boas críticas. A continuación empezou a xira e o día 15 deste mes, sábado, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. É unha produción da compañía madrileña La Belloch Teatro, o director é Julio Provencio e os intérpretes son os recoñecidos actores Lidia Navarro, Néstor Goenaga e Clemente García.
Lidia Navarro comezou a súa carreira artística en 1995 e desde entón participou en numerosas representacións teatrais e películas así como en series de televisión tan coñecidas como Farmacia de Guardia, El Comisario, Al salir de clase, Hospital Central, Amar en tiempos revueltos, Cuéntame como pasó, La que se avecina ou El secreto de Puente...
leer másVaivén Producciones llega el 8 de octubre a Viveiro con el espectáculo El Enjambre. Será a las 20:30 horas en el Teatro Pastor Díaz.
Se trata de una obra que se ha presentado con un éxito rotundo y una de las más valorada en la última edición de Dferia 2019 (San Sebastián). Obtuvo 3 nominaciones en la 30º Edición de los premios "Teatro Rojas" de Toledo: Mejor interpretación femenina, Mejor texto de autor y mejor espectáculo de teatro.
El Enjambre: Un grupo de amigas de la infancia acude a una casa rural para celebrar la despedida de soltera de una de ellas. Pero los años no pasan en balde y aunque sientan un vínculo muy fuerte entre ellas, nada es lo que era; o sí…
Es una comedia que reflexiona sobre la maternidad, la sororidad, el empoderamiento femenino, temas...
leer másO Concello de Viveiro, a través da Concellería de Cultura, informa do programa cultural no Teatro Pastor Díaz para a tempada de outono. En total, o programa propón 12 representacións teatrais ou musicais entre os meses de outubro e decembro. Os xéneros son variados, incluíndo concertos, comedias, teatro familiar ou opcións máis clásicas.
“Para o Concello de Viveiro, o acceso á cultura é unha prioridade de goberno. Por iso esforzámonos en coordinar este amplo programa, que ofrece opcións para todas as idades e gustos”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Ademais, a programación deste ano está enriquecida nesta ocasión co espectáculo de “Camiño Escena Norte”, unha iniciativa que seleccionou a Viveiro para representar unha obra das pertencentes a este circuíto de teatro do norte de España. Alén desta...
leer másO Concello programa cinco obras de teatro para o último trimestre do ano, que achegarán a Ribadeo a actrices e actores da talla de María Castro ou Carlos Hipólito, entre outros. Hai un abono en venda online, que suporá un aforro do 15% no prezo das entradas soltas.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “no Concello de Ribadeo temos preparada unha interesante programación teatral para o último trimestre deste ano 2022. Trátase de 5 obras seleccionadas do Programa Platea do INAEM, que achegarán á nosa vila a actrices e actores da talla de María Castro, Carlos Hipólito, Pepa Rus e Sol Picó, entre outros”.
A edil ribadense subliñou que “o que imos facer para animar á xente de Ribadeo e da contorna a que acudan a gozar destas representacións é sacar un bono para as cinco obras programadas, que suporá un...
leer másEste martes comezou a XXI Semana do Teatro Afeccionado de Foz, que conta con catro das súas compañías amateur para as representacións na rúa.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a primeira obra foi representada no colexio Nº1 polo grupo infantil da Adala coa obra Maruxa narradora de lendas. A continuación este venres a obra que se poñerá en escena será O Randiña, de Pico do Castro, no Campo da Cabana ás 21.00 horas. O sábado a Adala (adulto) representará Vivan os noivos na praia da Rapadoira ás 21.00 horas. E a esa mesma hora o domingo na Praza do Concello poderá gozarse do grupo Axóuxeres coa súa obra Cousas de mulleres”.
Inés López engade que “esta é a continuación do certame de teatro afeccionado que se realizou en Foz no mes de xuño e que tivo como gañadora a obra Vivan os noivos e como...
leer más