Verán
A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este venres, 20 de xullo.
A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval e dará comezo ás 20:45 horas.
O concerto, titulado Zarzuela e outras músicas, será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro. E o donativo mínimo é de 3 euros.
Colaboran o Concello de Ribadeo, a Asociación Española contra o Cancro, Discosta Norte SL, a Xunta de Galicia, Acisa Ribadeo e o Centenario de Carlos Álvarez Fernández Cid.
O Concello de Burela deu a coñecer as Xeorutas que se desenvolverán durante o verán. Darán comezo o 26 de xuño e rematarán o 16 de setembro. A novidade desta edición é que serán tres as Xeorutas, que se poderán facer en grupos de 20 persoas: a da Marosa e do Perdouro, que se poñían en marcha en 2016, e a do Cantiño que empeza agora. As Xeorutas foron presentadas este mediodía polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben.
O edil de Turismo salientou que “como novidade este ano imos contar cunha ruta xeolóxica a maiores, que vai ser a do Cantiño onde tamén temos formacións rochosas que son moi interesantes e moi dignas de ver”.
Ramiro Fernández dixo que “seguimos apostando por unha fórmula que nos está funcionando moi ben desde que a...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura e Educación, presentaron o Programa de Conciliación deseñado para os meses de verán.
Aos xa consolidados Enredos de Verán –que na pasada edición contaron con máis de 100 nenos inscritos-, e á iniciativa Repasando en Verán, este ano súmase ás actividades estivais o programa específico Cervo Concilia, que, tal e como explicou o rexedor “componse dunha completa axenda de actividades de verán adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, co que pretendemos brindarlles ás familias unha ferramenta que lles axude a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e das súas pequenas”.
O cursos levarase a cabo os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de...
leer másA Concellería de Medio Ambiente organiza un ano máis actividades para axudar a conciliar a vida laboral e familiar durante o verán. Noelia Mª Ben presentou unha nova edición da Ocioteca, verán activo con Gaia.
A edil de Medio Ambiente contou que “a Ocioteca funcionará durante os meses de xullo e agosto dende as 9:00 ata as 13:30 horas de luns a venres, agás os festivos. Poderán participar nestas actividades un total de 50 nenos empadroados no noso concello que naceran entre o ano 2006 e o 2015. Terán prioridade se ambos proxenitores están activos laboralmente ou tamén os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
Haberá dous grupos. Un para nen@s de 3 a 7 anos, que contará con 25 prazas e outro para rapaces de 8 a 12 anos, que disporá doutras 25 prazas.
Noelia Mª Ben engadiu...
leer másEl centro de Kids&Us en Ribadeo organiza campamentos de verano para los meses de julio y agosto dirigidos a niños con edades entre 3 y 8 años. Las actividades combinan el aprendizaje del inglés con la realización de deportes náuticos en los clubs de Foz y Ribadeo.
La directora del centro, Laura López Figueroa, explica que “Kids&Us Ribadeo, la escuela de inglés, ofrece para el verano, durante los meses de julio y agosto, campamentos urbanos cien por cien en inglés. El objetivo de estos campamentos, llamados Fun Weeks, es que los alumnos se lo pasen muy bien, disfruten mucho de unas jornadas lúdicas y además que aprendan inglés, que interioricen vocabulario y expresiones. Todo esto lo haremos mediante canciones, cuentos, talleres de teatro, manualidades, juegos y muchas actividades divertidas para los pequeños”.
... leer másO son e o colorido do Entroido inundarán as rúas de Ribadeo o 14 de xullo. Acisa organiza o I Desfile de Charangas que se celebrará ese día a partires das 20:30 horas.
Todas aquelas charangas da Mariña e do Occidente de Asturias que desexen participar nesta cita poden inscribirse ata o 30 de xuño ás doce da noite no correo info@acisaribadeo.es, vía whatsapp no 663 39 62 26 ou por teléfono chamando ao 982 120 565. As bases estarán colgadas redes sociais de Acisa e tamén na súa web.
Todas as charangas participantes recibirán 200 euros en vales de compra (cada unha) para consumir nos locais asociados a Acisa Ribadeo e tamén un trofeo como recordo de ter participado nesta novidosa iniciativa.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “é unha...
leer másO Concello de Xove organiza unha serie de actividades para os meses de verán que desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.
O día 2 de xullo dará comezo o programa Móvete no Verán con clases de Aerobic-Latino ata o 13 de agosto, e con actividades físicas para maiores. Tamén desde o 4 de xullo ata o 8 de agosto haberá Fitness. Ademais para nenas e nenos de 4º de educación infantil a 4º de primaria celebraranse xogos pre-deportivos desde o 3 de xullo ao 16 de agosto. A data de inscrición para estas actividades é ata o 28 de xuño.
A Área de Xuventude ofrece, do 2 de xullo ao 17 de agosto, un curso de Informática para nen@s. Os días 18, 19 e 20 de xullo haberá un campamento para idades de 10 a 16 anos, e o 28 de xullo unha viaxe a Cerceda para idades de 13 a 35 anos. Ademais terán lugar sesións de paintball os...
leer másO Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para as actividades infantís e xuvenís de verán o vindeiro luns, día 7 de maio. No programa inclúense colonias, acampada e escolas deportivas.
Para as colonias e a acampada xuvenil o prazo de solicitude de prazas estará aberto do 7 ao 16 deste mes, o sorteo das prazas será o día 23 e o período para presentar o xustificante de pago empezará o 28 de maio e rematará o 8 de xuño. Para as escolas deportivas o prazo de inscrición comeza tamén o vindeiro luns.
As colonias de verán terán lugar no colexio Gregorio Sanz durante 4 semanas do mes de xullo e haberá tres grupos: para alumnos de Infantil; de 1º e 2º de Primaria; e de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A acampada multiaventura é para rapaces e rapazas a partir de 12 anos de idade e celebrarase...
leer másA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta na provincia de Lugo 2.235 prazas dentro da campaña de verán 2018; son 80 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 4%
Estes datos foron dados hoxe a coñecer polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante a presentación da programación de campamentos e campos de traballo para a mocidade que ofrece a Xunta na provincia e que supón un orzamento de 759.487, 75 euros.
Balseiro explicou que dende o 21 de xuño e ata o 30 de agosto sucederanse 26 campamentos, en distintas quendas e agrupados por tramos de idade -poden asistir nenos e nenas dende os 9 aos 17 anos-, que se desenvolverán nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo, Os Peares e no albergue...
leer másO curso de verán ‘O futuro do patrimonio cultural: o caso da cidade de Mondoñedo’ estrutúrase en 21 horas lectivas e está aberto á participación dun máximo de 60 persoas, que terán como recoñecemento o correspondente diploma acreditativo ademais dun crédito.
Obxectivos do seminario estival
Este seminario estival nace cuns obxectivos moi amplos centrados en analizar o patrimonio cultural da cidade de Mondoñedo, contemplado dende diferentes ópticas, como son o patrimonio histórico, o artístico e o documental.
Ademais, no marco deste curso tamén se reflexionará sobre as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas do patrimonio cultural derivadas da declaración do Camiño Norte como patrimonio da humanidade.
De igual xeito, neste foro ofreceranse relatorios sobre a dimensión...
leer más