Viveiro

Etiquetas:
30/05/2025

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 1 DE JUNIO

VIERNES 30 MAYO
-Lilo y Stitch - 20:30 horas
-Misión Imposible. Sentencia final – 20:30 horas 
-Blindado – 20:30 horas 

SÁBADO 31 MAYO Y DOMINGO 1 JUNIO 
-Lilo y Stitch – 18:00 y 21:00 horas
-Misión Imposible. Sentencia final – 17:30 y 21:00 horas 
-Blindado – 18:30 y 21:00 horas 

Etiquetas:
29/05/2025

O campamento de verán do Concello de Viveiro, enmarcado no Programa Corresponsables, desenvolverase en catro quendas entre o 30 de xuño e o 29 de agosto. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 30 de maio e o 6 de xuño e os interesados poderán apuntarse tanto a través da sede electrónica como, de xeito presencial, no Rexistro do Concello.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2021. Terá lugar no pavillón do CEIP Lois Tobío, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible ata as dez da mañá. Ofertaranse cen prazas e haberá catro quendas quincenais: do 30 de xuño ao 15 de xullo; do 16 de xullo ao 1 de agosto; do 4 ao 14 de agosto; e do 18 ao 29 de agosto.

Os interesados poderán participar tanto durante os dous meses como nas quendas quincenais que estimen oportunas. As...

leer más
29/05/2025

A Praza de Abastos de Viveiro será escenario este sábado, día 31 de maio, pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos. Anúnciao o Concello.

No Día dos Mercados a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.

Etiquetas:
24/05/2025

O Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un obradoiro infantil de debuxo que se desenvolverá o día 30 de maio, venres, ás 18:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Será impartido polo debuxante Cristian F. Caruncho.

“Teremos a Cristian F. Caruncho connosco para desenvolver un obradoiro de debuxo o venres 30 de maio na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Para as que non o coñecedes Cristian é o ilustrador do xa famosísimo libro Saínza, a punkiereteira. Botádelle un ollo, deixádevos sorprender e animádevos a achegarvos a esta actividade coas vosas fillas, fillos, netas, netos  ou aquelas crianzas achegadas que queiran aprender e gozar do debuxo”, explica Pensamento e Sementeira.

Esta actividade, para nenas e nenos de 7 anos ou máis, é de balde pero é necesario inscribirse...

leer más
Etiquetas:
23/05/2025

O Coro da Aula de Adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dará un concerto na igrexa das Concepcionistas viveirense este sábado, día 24 de maio ás 20:30 horas.

O Conservatorio de Viveiro anuncia que nesta actuación o coro ofrecerá “un repertorio variado, que abrangue dende versións BSO ata a música pop”.

Etiquetas:
23/05/2025

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 25 DE MAYO

VIERNES 23 MAYO
-Lilo y Stitch – 20:30 horas
-Misión Imposible: sentencia final – 20:30 horas
-Antes de nós – 20:30 horas

SÁBADO 24 Y DOMINGO 25
-Lilo y Stitch – 17:30 y 20:30 horas
-Misión Imposible: sentencia final – 17:00 y 20:30 horas
-El contable 2 – 17:15 horas
-Antes de nós – 20:30 horas

22/05/2025

O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro titulado El rey de los jíbaros este domingo, día 25 de maio, en Viveiro. O acto, no que o autor estará acompañado pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, será ás na Sala Multiusos da Casa do Concello ás 12:00 horas. A continuación Suso Martínez fará un paseo guiado polos lugares de Viveiro, actividade para a que hai que anotarse a través do correo electrónico xesusmartinez@gmail.com

El rey de los jíbaros é unha novela histórica que foi publicada por Eoditorial, que explica: “a historia é un rico tapiz de narracións persoais e históricas, que mestura a vida dos individuos coas forzas sociais e económicas máis amplas da Cuba e a Galicia do século XIX. Destaca as brutais realidades da escravitude, as loitas dos...

leer más
22/05/2025

A asociación Xuventudes Chilindrinas organiza a segunda edición da súa churrascada popular en Celeiro (Viveiro) este sábado, día 24 de maio, para recadar fondos destinados ás festas patronais de Celeiro. Será na Casa do Forno a partir das 20:00 horas.

A cea estará amenizada polo grupo Espera que vou mexar, a partir das 22:30 horas haberá baile a cargo de Los Indecisos e para rematar a festa actuará Discomobil DMX.

A asociación Xuventudes Chilindrinas anuncia: “gran Churrascada Popular en apoio ás Festas de Celeiro 2025. Unha xornada para gozar entre amizades, familia e boa comida, co mellor ambiente do noso pobo. Por que vir?: churrasco do bo; música, sorteos e sorpresas; bo rollo asegurado. E todo por unha boa causa. A túa colaboración é clave para que as nosas festas sigan sendo inesquecibles. Ven, desfruta e...

leer más
21/05/2025

A parroquia de San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, celebra a festa na honra a Corpus Christi este sábado, día 24 de maio.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena xunto a El Combo Dominicano.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

21/05/2025

O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira presenta o proxecto Galicia Latente, de Eduardo de Martíns, este venres, día 23 de maio, ás 19:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.

“Teremos connosco a Eduardo de Martíns para presentar o proxecto Galicia Latente. Visualizaremos o documental, conversaremos e teremos unha tarde compartida en comunidade da que seguro que extraemos conclusións moi positivas”, anuncia o colectivo Pensamento e Sementeira.