Viveiro

Etiquetas:
20/06/2025

CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 26 DE JUNIO

VIERNES 20
-Como entrenar a tu dragón – 20:30 horas
-Sirat – 20:30 horas
-28 años después – 20:30 horas

DEL 21 AL 25 DE JUNIO 
-Como entrenar a tu dragón – 17:45 y 20:30 horas
-Lilo y Stitch – 18:00 horas
-Sirat – 20:30 horas
-28 años después – 17:30 y 20:30 horas

JUEVES 26
-Padre no hay más que uno 5 – 18:00 y 20:30 horas
-Como entrenar a tu dragón – 17:30 horas
-Sirat – 20:30 horas
-Lilo y Stitch – 17:45 horas
-28 años después – 20:30 horas

Etiquetas:
17/06/2025

Este venres, día 20 de xuño, ás 22:00 horas a Praza do Náufrago, de Celeiro (Viveiro), acollerá a representación da obra titulada Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, do Centro Dramático Galego e dirixida por Mariña Lestón.

“Un espectáculo inmersivo que mestura teatro, música en directo e imaxes audiovisuais para reflexionar sobre os naufraxios e a vida do mar en Galicia. Entrada libre. Actividade para público adolescente e adulto. En caso de que chova o espectáculo desenvolverase na Casa do Forno”, anuncia o Concello de Viveiro.

Etiquetas:
13/06/2025

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 15 DE JUNIO

VIERNES 13
-Como entrenar a tu dragón – 20:30 horas
-Sirat – 20:30 horas
-Misión Imposible. Sentencia final – 20:30 horas

SÁBADO 14 Y DOMINGO 15 
-Como entrenar a tu dragón – 17:45 y 20:30 horas
-Lilo y Stitch – 17:30 horas
-Sirat – 20:30 horas
-Blindado – 18:00 horas
-Misión Imposible. Sentencia final – 20:30 horas

Etiquetas:
13/06/2025

O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza unha ruta polos Montes do Buio, en San Andrés de Boimente, este domingo, día 15 de xuño.

A actividade desenvolverase de 10:00 a 13:30 horas, o punto de encontro é o Curro do Candaoso, terá unha duración de 3 horas e media, a distancia son 10 quilómetros e a dificultade é media.

A organización explica que os prezos son:  7 euros para socixs do colectivo, 10 euros para persoas adultas non socias e 5 euros para nenos/as. O pago realizarase no punto de encontro, antes do inicio da ruta. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

“O vindeiro domingo, 15 de xuño, convidámoste a descubrir un dos espazos naturais máis descoñecidos e sorprendentes de Viveiro: os Montes do Buio, da man de Boris Vilar. Nesta ruta de 10...

leer más
Etiquetas:
11/06/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 14 de xuño, un festival no que actuará a Banda de Música O Landro e a Agrupació Artístico Musical El Trabajo, de Xixona (Alicante).

Haberá pasacalles polas rúas de Viveiro ás 19:30 horas e concerto de primavera ás 20:00 horas na Praza Maior. En caso de choiva o evento trasladarase ao Teatro Pastor Díaz.

“Ven a disfrutar da música de banda ao aire libre nunha tarde chea de harmonía e tradición”, anuncia a Banda de Música O Landro, de Viveiro, que é a organizadora do evento.

11/06/2025

O Complexo Cultural Regal Xunqueira, que está nesta parroquia de Viveiro, acollerá unha exposición de acuarelas do artista ponferradino Ricardo Aller de Dios desde este venres, día 13 de xuño, ata o 14 de xullo.

A inauguración desta mostra, titulada Acuaño, será este venres ás 20:00 horas na sala de exposicións de Regal Xunqueira. Servirase un viño e algo de comer.

Regal Xunqueira explica que Ricardo Aller de Dios “es una artista visual cuya obra se desarrolla entre la fluidez de la acuarela y la solidez de la cerámica. Su práctica explora la relación entre lo efímero y lo permanente, el color como herramienta emocional y la conexión entre los elementos naturales y la forma humana. A través de la acuarela, investiga la transparencia, la mancha y el azar como lenguajes expresivos, mientras que en la...

leer más
10/06/2025

A asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla do investigador e divulgador cultural Xabier Brisset Martín, que “afondará nun momento decisivo da historia mariñeira galega: a transición da pesca tradicional cara a un modelo extractivista, un proceso marcado por profundas transformacións culturais, sociais e económicas”. O acto celebrarase este sábado, día 14 de xuño, ás 11:00 horas no salón de actos da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), “entidade á que agradecemos a xenerosa cesión do espazo”.

“Baixo o título Patrimonio inmaterial: As ribeiras pescadoras e o extractivismo, o divulgador cultural Xabier Brisset Martín abordará o conflito que, a finais do século XIX, enfrontou dúas concepcións opostas da relación co mar: por unha banda, a cultura tradicional da pesca, autorregulada e integrada na natureza; por outra,...

leer más
Etiquetas:
09/06/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 14 de xuño, a III Bandeira de Traiñeiras de Veteráns CR Celeiro, unha proba da Liga Galega de Veteráns que se disputa entre os meses de maio e xuño.

O CR Celeiro organiza a regata, na que agardan a participación dunha decena de tripulacións masculinas e femininas, e que se disputará a partir das 16:00 horas fronte a praia de Covas, na zona dos Castelos. Nese marco presentouse a proba, nun acto no que participaron José Manuel Prieto Sierra e Belén Pérez Pérez, do CR Celeiro; o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García; e a concelleira Miriam Bermúdez, que animaron a achegarse á contorna de Covas para presenciar a competición, na que participarán tripulacións de Cabo de Cruz, Vila de Cangas, AD Esteirana, CDM Mera ou CR Muros.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “o CR Celeiro sairá por primeira vez a unha regata de...

leer más
08/06/2025

A décimo oitava edición do Mercado Renacentista de Viveiro celebrarase do 4 ao 6 de xullo.

O Concello de Viveiro anuncia que “a actividade converterá de novo o centro histórico da vila nun escenario de época. A iniciativa, xa consolidada como unha das citas culturais e turísticas do verán na Mariña lucense, contará con animación de rúa, artesanía, espectáculos itinerantes e o Gran Desembarco de Carlos V. Na súa decimo oitava edición o Mercado Renacentista recuperará a esencia das antigas feiras, cun mercado ambientado no século XVI que encherá as rúas de Viveiro de postos de produtos tradicionais, representacións teatrais e exhibicións de oficios da época. A programación incluirá pasarrúas, espectáculos nocturnos con lume, acrobacias e recreacións históricas. Ademais, ofrecerá un amplo abano de actividades para todos os públicos”.

... leer más
Etiquetas:
06/06/2025

A exposición Os maragatos da Porta de San Pedro, promovida polo Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, foi inaugurada este venres na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro. Poderá visitarse ata o 20 de xuño. A alcaldesa, Mariña Gueimunde, e Xulio Xiz, do colectivo Egeria, foron os encargados de presentala.

A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán que recollen a historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde o ano 1880. A través deles e dun catálogo gratuíto que se entrega aos visitantes afóndase na traxectoria comercial e social desta familia de orixe maragata e na súa vinculación coa cidade de Lugo.

“É unha honra para Viveiro acoller esta mostra que afonda na memoria dunha familia comprometida co comercio e co patrimonio humano de Galicia”, afirmou Mariña Gueimunde...

leer más