Viveiro

Etiquetas:
08/05/2026

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 11 DE MAYO

1 HOPPERS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO SD 16:00 
1 LA FAMILIA BENETÓN + 2 DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO V 19:00 
1 LA FAMILIA BENETÓN + 2 DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO SD 19:15 
1 MICHAEL DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO VS 22:00 
1 MICHAEL DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 21:30 
1 MICHAEL DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO L 20:15 

2 ABUELA TREMENDA DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO SD 19:00 
2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO VS 22:00 
2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 21:30 
2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 VOSE DIGITA L 2D ORIGINAL OTRAS L 20:15 
2 EVOLUTION DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO SD 16:15 
2 SUPER MARIO GALAXY LA PELÍCULA DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 19:15 

3 ABUELA TREMENDA DIGITA L 2D...

leer más
07/05/2026

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá a presentación do libro titulado No me rompí del todo, de María Timiraos Martínez, “un relato autobiográfico que trata a depresión silenciosa, as relacións que desgastan e a reconstrución emocional”.

O acto será este venres, día 8 de maio, ás 19:00 horas.

Etiquetas:
06/05/2026

Viveiro acollerá o venres 8 e o sábado 9 de maio a primeira edición da Ruta Gastronómica de Países do Mundo, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico “co obxectivo de dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva. Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán tapas inspiradas en distintas gastronomías internacionais, permitindo aos asistentes realizar una viaxe gastronómica sen saír de Viveiro”.

Os participantes e as súas propostas son: Cornelius, con Pad thai, de Tailandia; Bar A Zapatería, con Shawarma, de Turquía; Casa Pepi, con Papa rellena con salsa criolla, de Perú; Muro Restaurante, con Chambre de Guandules, de República Dominicana; La Tortilla Maravilla, con Tortilla...

leer más
Etiquetas:
06/05/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV), o colectivo Prato-Do e Cines Viveiro fomentan a cultura cinematográfica con descontos en maio, concretamente para as sesións dos días 8, 9, 10, 15, 16 e 17.   

A asociación empresarial anuncia: “retomamos a colaboración que xa viña sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do, esta vez coa nova dirección que reabriu Cines Viveiro, tras o éxito das colaboracións anteriores. Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto entre os nenos, como cós pais e os coles. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Hoxe en día temos acceso a miles de pelis a través dun sinfín de...

leer más
05/05/2026

O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza a terceira edición da súa Foliada do Maio, que se celebrará este sábado, día 9 de maio, na Escola Vella de Galdo, no municipio de Viveiro.

A xornada comezará ás 18:00 horas co obradoiro de baile TradInclusivo, impartido por Cris Canosa. “Un espazo aberto a todas as persoas que queiran iniciarse no baile tradicional, cun enfoque inclusivo e accesible, pensado para garantir a participación de persoas con diversidade funcional. É unha actividade gratuíta con prazas limitadas”, anuncia Pensamento e Sementeira, que engade: “despois do obradoiro... chega a festa! Poñeremos en práctica o aprendido nos concertos da foliada. Nesta edición contaremos cos seguintes grupos: Pandeireteiras da Sementeira, Xaora, A Requinta de Lampai e Lina e Lola. E cando rematen os concertos… foliada aberta!”.

04/05/2026

Viveiro será escenario esta semana, concretamente o mércores día 6 e o xoves 7, de varias actividades da Garda Real, no marco da súa presenza na provincia de Lugo.

O programa “está pensado para achegar á cidadanía o traballo e as capacidades da unidade a través de propostas abertas ao público”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “entre as actividades previstas figuran as visitas a centros educativos, que terán lugar o mércores 6 e o xoves 7 pola mañá. Con elas búscase achegar o labor da Garda Real aos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo que desenvolven as súas unidades. A programación continuará o mércores 6 de maio ás 18.00 horas cunha xornada de adestramento canino na Praza Maior. As persoas que así o desexen poderán acudir cos seus cans para recibir orientación por parte dos efectivos da...

leer más
02/05/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) foi recoñecido co Premio Comercio Dinamización 2025, outorgado pola Xunta de Galicia, nun acto celebrado en Santiago o pasado mes de novembro. E para celebralo organiza a Festa do Comercio co sorteo dunha Extra de Verán de 1.200 euros, “unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e agradecer á veciñanza o seu apoio continuo. Este sorteo especial terá lugar o vindeiro 30 de maio ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, converténdose nun punto de encontro para veciños, visitantes e comerciantes. Pero a tarde estará chea de actividades e sorpresas”.

O CCHV explica tamén que “como principal atractivo a campaña inclúe o sorteo dunha Extra de Verán, cun premio de 1.200 euros, co que se busca incentivar as compras nos negocios asociados. Para participar os clientes poderán...

leer más
Etiquetas:
02/05/2026

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 4 DE MAYO

1 LA FAMILIA BENETÓN + 2 - VSD 17:30
1 MICHAEL - VS 20:00 22:45
1 MICHAEL - D 20:00
1 MICHAEL - L 20:15

2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 - VS 17:30 20:00 22:30
2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 - D 17:30 20:00
2 EL DIABLO VISTE DE PRADA 2 - L 20:15

3 ASÍ CHEGOU A NOITE - VS 20:15
3 ASÍ CHEGOU A NOITE - D 20:00
3 ASÍ CHEGOU A NOITE - L 20:15
3 PRIME CRIME: A TRUE STORY - VS 22:45
3 SUPER MARIO GALAXY LA PELÍCULA - VSD 17:30

 

Etiquetas:
01/05/2026

A parroquia de Chavín, no municipio de Viveiro, celebrará as festas da San Cruz esta fin de semana, días 2 e 3 de maio.

As actividades comezarán o sábado 2 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ademais haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo JB Son.

E o domingo 3 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E a continuación empezará unha sesión vermú prolongada co dúo Primera Línea.

Haberá carpa instalada no campo da festa.

30/04/2026

O grupo teatral Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres mienten no Teatro Pastor Díaz este sábado, día 2 de maio, ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

O Concello de Viveiro anuncia que “este sábado, o teatro local toma as rendas coa divertida comedia Los hombres mienten. O grupo de teatro Andanzas, de Viveiro, promete unha velada inesquecible para o público adulto. Unha oportunidade perfecta para apoiar o talento da nosa vila e gozar dun bo rato entre risas”.