Viveiro
O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, exporá a mostra de pinturas de S. Torres titulada Un mar de miradas desde este venres, 6 de novembro, ata o día 31 de decembro.
Regal Xunqueira anuncia que é “unha exposición para contemplar o mar dende diferentes perspectivas empregando estilos de artistas como Picasso, Miró, kandinsky, Bansky, ... Un mar de miradas nace da necesidade de observar o mundo mariño dende diferentes formas de expresión artística. O emprego da cor como protagonista e cunha interpretación fragmentada e dinámica do mundo mariño, onde as olas, peixes,... se transforman mediante xeometrías. Cada obra propón unha mirada distinta sobre o mar, os seus habitantes, as súas paisaxes e as súas infinitas posibilidades. Esta exposición é un percorrido por diferentes interpretacións do universo...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este domingo, día 8 de novembro, ás 19:00 horas o espectáculo multidisciplinar titulado Na Cerna do Son. A entrada é de balde ata completar aforo
O Concello de Viveiro anuncia que é un “espectáculo que mestura danza, poesía e música en directo de piano e caixón e que rende homenaxe á emigración galega ó longo do século pasado cun percorrido polas melodías e estampas que unen aos continentes”.
O elenco está formado por: Ricardo Fernández (bailarín de Nova Galega de Danza), Luis Iglesia (declamador), Moisés Fernández (caixón), Paty Lesta (voz), Cristian Leggiero (dirección musical e piano) e Iván Villar (dirección artística).
O Concello de Viveiro anuncia que o I Concurso de Tute e Xogos de Mesa continuará os vindeiros 14 de novembro e 12 de decembro, sábados, tras a celebración da súa primeira xornada o pasado sábado 24 de outubro. As dúas novas citas terán lugar no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, coa apertura da sala prevista para as 17:00 horas.
A actividade inclúe un torneo de tute por parellas e un espazo de xogos de mesa no que as persoas asistentes “poderán gozar libremente do tute, parchís e outros xogos, sen necesidade de inscrición para esta última modalidade”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “os emparellamentos do torneo, nos que se indicará contra que...
leer másO xurado do oitavo Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra Mario non existe, de Francisco Fernández Dávila, e nomear como finalista a novela O diario do sangue, de Óscar Martínez Rey.
O tribunal destacou da obra gañadora, Mario non existe, “a súa capacidade para transportarnos a mundos lonxincuos, tanto no espacial como no cultural, levando a personaxe protagonista dende as terras de Galicia ata as do Nepal nunha viaxe que é, sobre todo, espiritual, e que acabará por transformar radicalmente a súa cosmovisión e identidade. Ademais salientou que se trata de “toda unha cartografía do simbólico e conta cunha poderosa narración que nos convida a repensar cuestións transcendentes como o destino, o azar ou a memoria e tamén as relacións...
leer másA compañía Artika Teatro representará en Viveiro o espectáculo titulado O libro da selva. O musical. Será no Teatro Pastor Díaz o sábado 7 de novembro ás 18:00 horas. Ten unha duración de 50 minutos e está dirixido a público infantil maior de 3 anos.
O elenco artístico está formado por Yoel Alonso, Fernanda Barrio Barcala, Irene Lorenzo Rei, Marcos Alonso e Rocío Salgado.
A sinopse é a seguinte: “A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan. Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar? Música en directo,...
leer másEste sábado, día 31 de octubre, tendrá lugar un concierto de música sacra en la Iglesia de San Francisco, de Viveiro, a las 20:30 horas. La entrada es gratuita.
Está organizado por la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, cuya portavoz, Mari Carmen López Gómez, destaca que “el elenco está compuesto con músicos acreditados y con piezas que irán desde grandes referentes como J. S. Bach a piezas inéditas, como por ejemplo las del compositor y profesor del Conservatorio Profesional de Música de Viveiro Placido Travieso entre otros, que nos deleitará una vez más acompañando con la gran sonoridad del antiguo órgano de la Iglesia de San Francisco al Obradoiro de Canto Coral Vicente Casas, del CMUS de Viveiro. No es un programa ni repertorio festivo sino de recogimiento que estamos seguros que todas las personas que invitamos a...
leer másO GALP A Mariña-Ortegal anuncia que o sector pesqueiro e todas as persoas interesadas na formación e o emprendemento a través da transformación do produto do mar “teñen unha cita nestes encontros informativos, nos que se presentarán os Viveiros Formativos de Emprendemento do proxecto Feito co Mar”. Os primeiros realizaranse en Viveiro e Foz os días 4 e 12 de novembro
Feito co Mar é un proxecto “para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro mediante elaboracións de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados, poñendo o foco especialmente en prácticas artesanais. Os viveiros contan con dous programas formativos, un de iniciación e outro de profesionalización, que se celebrarán en 2027. Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) anuncia: “seguimos apostando por dinamizar o comercio local con diferentes campañas e iniciativas pensadas para tódolos públicos. Dende actividades para os máis pequenos ata descontos nas compras e sorteos. Este venres 30 de outubro pola tarde celebramos o Samaín cós mais pequenos; entregamos 12.000 chupas para que os negocios asociados realicen o recoñecido Truco ou Trato. Os nenos poderán disfrazarse con traxes terroríficos e pedir os chupas polos 124 comercios adheridos á nosa asociación. A animación musical farase a través dos máis de 2 quilómetros de fío musical que temos instalados polas rúas”.
O CCHV tamén explica que ten en marcha o Bono Activa Comercio, “a iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para fomentar as compras no comercio local e apoiar os pequenos negocios”....
leer másO Concello de Viveiro anuncia que a compañía Barafunda “tráenos unha terrorificamente divertida sesión de sorrisos con Quen dixo medo?. Dúas personaxes convidarán os nenos e nenas a bailar, xogar e converterse en auténticos monstros nun espectáculo de movemento inspirado nas historias da noite do Samaín. Globos, xogos musicais e propostas interactivas para pasar unha tarde... de medo!”. Será este sábado, día 31 de outubro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
É unha obra para público infantil de 3 a 12 anos e ten unha duración de 50 minutos.
A reserva de entradas pode facerse a través do teléfono 982.560.162 de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal e tamén na taquilla do Teatro Pastor Díaz unha hora antes da función.












