Viveiro

Etiquetas:
27/07/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza unha nova edición da Feira de Stocks, unha iniciativa que chega este ano á súa XIII edición e que se celebrará os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto nas carpas instaladas nos Xardíns Noriega Varela.

A feira reunirá un total de once stands comerciais nos que os visitantes poderán atopar “unha ampla variedade de produtos de diferentes sectores, entre eles téxtil, calzado, deporte, moda infantil e xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración”.

Os comercios participantes nesta edición son Complementos Sulian, Raquel Seijido, FyM Moda, Oscar Joyeros, Mimimó Moda, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers, que achegarán ao público unha selección dos seus artigos con descontos especiais.

A XIII Feira de Stocks ofrece así...

leer más
Etiquetas:
26/07/2026

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de xullo, luns e martes.

A comisión organizadora dos festexos anuncia: “este ano, a través de Cultura da Deputación, acolléndonos ao programa Tradigalu, contamos coa axuda para poder traer ao grupo folk Fol do Raxal. Para poder chegar a este cartel das festas, as máis sinceras grazas para: familia Carneiro (donos do campo da festa); Alberto Frascuelo (dono dos campos anexos ao da festa); veciñas e veciños da parroquia de Galdo, que seguides sendo unha gran maioría as/os que continuades apoiándonos para poder chegar á vosa festa; amigos e coñecidos de fóra da parroquia; montes comunais de Galdo; institucións. Cada un de vós, na vosa medida, para nós un ano máis seguides sendo a nosa forza e a grandísima axuda e colaboración para...

leer más
Etiquetas:
24/07/2026
CARTELERA CINE VIVEIRO HASTA EL 30 DE JULIO 
 
Espectáculo Fecha Hora Formato Subtítulos Idioma Sala
Toy Story 5 24/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
25/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
26/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
27/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
28/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
30/07/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 3
Minions & Monsters 24/07/2026 19:15 Digital 3D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
25/07/2026 19:15 Digital 3D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
26/07/2026 19:15 Digital 3D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
27/07...
leer más
Etiquetas:
21/07/2026

Celeiro, no municipio de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar desde este xoves, 23 de xullo, ata o domingo 26. Están organizado pola asociación Xuventudes Chilindrinas.

O Concello de Viveiro anuncia que “a parroquia de Celeiro celebra as súas Festas Patronais e do Mar, cun amplo programa para todas as idades: verbenas, pasarrúas, actos relixiosos, sesións vermú, fútbol, fogos artificiais e moita música. Unha cita imprescindible para veciños, veciñas e visitantes, na que tradición, cultura e diversión van da man”.

Etiquetas:
17/07/2026
CARTELERA CINE VIVEIRO HASTA EL 22 DE JULIO 
 
Sesión hasta 23/07/2026
Espectáculo Fecha Hora Formato Subtítulos Idioma Sala
La odisea 17/07/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
18/07/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
19/07/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
20/07/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
21/07/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada...
leer más
Etiquetas:
17/07/2026

O Concello de Viveiro anuncia que a alcaldesa, Mariña Gueimunde, participou na presentación das Festas de San Roque 2026, que se celebrarán entre o venres 14 e o martes 18 de agosto. O acto serviu para dar a coñecer o cartel musical e as principais actividades previstas durante as cinco xornadas das que constarán os festexos.

A programación comezará o venres 14 de agosto coas actuacións da orquestra Suavecito, Alana e Lina e Lola. O sábado 15 subirán ao escenario o grupo Vivarium, Los Coleguitas e David Civera. As celebracións continuarán o domingo 16 de agosto coa orquestra Fuego e Niños Bravos. O luns 17 terá lugar a sardiñada popular, mentres que o martes 18 estará dedicado ao público infantil coa celebración do Día da Cativada.

Etiquetas:
16/07/2026

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que colabora co festival de música electrónica Ether, que converte Viveiro en punto de encontro da escena electrónica galega. O deputado provincial de Mocidade, Daniel García participou na presentación do evento, que se celebra este venres e sábado, días 17 e 18 de xullo, en Viveiro e que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ademais doutras colaboracións públicas e privadas.

“O festival reafirma a súa aposta no talento galego, cunha decena de artistas de distintas localidades do país no cartel - CERTAIN, DJ Swisherman, Weisheit, Mascarell, Isma B,  LKina, Alex Vigo, Tesaa , DJ Pergo e Karras Martínez-, xunto a outros nomes consolidados no circuíto internacional: Adriana Lopez (Colombia), Deetron (Suíza), Grade Dahl  (Ámsterdam), Jen Cruz, Rage e Buenri(Barcelona) e DJ Pepo (Madrid)”, destaca a...

leer más
16/07/2026

A 41ª edición do Gran Premio San Roque de ciclismo disputarase este sábado, día 18 de xullo, en Viveiro.

Esta proba deportiva está organizada polo Club Ciclista Viveiro, que anuncia: “o vindeiro sábado celebraremos o 41º Gran Premio San Roque, no que queremos homenaxear ao fundador do club, Isidro Fernández, que tristemente nos deixou a finais do ano pasado. ​Seguindo o seu legado, contaremos cunha xornada completa de ciclismo, onde pola mañá correrán as categorías junior e máster, e pola tarde as categorías de escolas e cadetes, así como as categorías femininas de junior, sub-23, élite e máster. ​Aproveitamos para informarvos de que a estrada estará pechada dende a Cruz Vermella ata o parque de Pernas Peón, así como toda a zona do pavillón e o campo de fútbol Marcos Gómez. Pedimos desculpas polos inconvenientes que poida causar”.

16/07/2026

A XXVI Festa da Merluza celebrarase este sábado, día 18 de xullo, fronte á Piscina Municipal de Celeiro “nun ambiente festivo pensado para todos os públicos”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “a partir das 21:00 horas veciños e visitantes poderán degustar distintas preparacións elaboradas con pescada de Celeiro, un produto de referencia da gastronomía galega”.

O Concello de Viveiro explica tamén que “a festa contará ademais cun completo programa de animación e música para acompañar a velada, convertendo o recinto situado fronte á piscina municipal nun punto de encontro para desfrutar do verán na costa de Viveiro. A combinación de gastronomía, ambiente popular e identidade mariñeira converte esta cita nun dos eventos imprescindibles do calendario estival da comarca”.

Este evento, declarado de Interese...

leer más
15/07/2026

Viveiro celebra as festas do Carme no barrio da Pescadería desde este xoves, día 16 de xullo, ata o domingo 19.

A comisión organizadora destes festexos anuncia que “Viveiro prepárase para vivir unha das fins de semana máis especiais do verán, chea de tradición, música, gastronomía e, sobre todo, de momentos para compartir coa familia e cos amigos. Do 16 ao 19 de xullo, agardámosvos nas Festas do Carme da Pescadería, cun programa pensado para que todos poidamos gozar desta celebración tan nosa. Haberá actos relixiosos, pasarrúas cos xigantes e cabezudos, sesións vermú e grandes verbenas coa orquestra Trova da Mariña, ademais dos dúos Boreal e Vivarium”.