Ribadeo
26/05/2015
Movemento saudable no forte, así se denomina a actividade organizada polo CIM de Ribadeo que terá lugar o vindeiro 14 de xuño. Está destinada a toda a familia.
A xornada dará comezo ás 10:30 horas no Cantón dos Moreno, para saír camiñando ata o Cargadeiro. Alí terá lugar a clase de 11:15 a 12:15 horas. E ao remate @s asistentes tomarán uns pinchos tod@s xunt@s.
O prazo de inscrición para participar nesta actividade está aberta na Casa da Xuventude. A cota é de 5 euros. Desde o CIM explican que para asistir “a esta cita para toda a familia é preciso levar gorra para resgardarse do sol e tamén unha botella de auga”.
26/05/2015
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a...
leer más 22/05/2015
Mañá sábado, 23 de maio, ás 12.00 da mañá fronte ás oficinas do Real Club Náutico de Ribadeo, e organizado por esta entidade, haberá un insólito espectáculo musical a cargo dos tripulantes do barco da organización Floodtidemusic, que imitan cos seus ritmos os sons das mareas.
21/05/2015
El Real Club Náutico de Ribadeo organiza unas jornadas de formación náutica, que tendrán lugar los días 6 y 13 de junio a partir de las 11 de la mañana.
La asistencia será libre y gratuita, previa inscripción en las oficinas del RCN.
El día 6 la jornada abordará la introducción al funcionamiento de aparatos electrónicos: radar, gps, sonda, sonar… Y el día 13 la navegación será la protagonista: interpretación del RIPA, navegación nocturna y maniobras de fondeo serán algunos de los temas que se analicen.
15/05/2015
Os alumnos e alumnas que asisten ao curso de community manager, que o Concello imparte dentro do proxecto Ribadeo medra contigo, farán prácticas en empresas e comercios de Ribadeo. As firmas interesadas en contar con estes alumnos durante os meses de xuño e xullo poden dirixirse á Área de Desenvolvemento Local. Ademais o Concello organiza varios obradoiros durante as vindeiras semanas sobre apicultura, cervexa artesá, cosmética natural e xabóns, segundo deu a coñecer este mediodía a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez.
A edil nacionalista explicou que “dentro do programa Ribadeo medra contigo, que se está a desenvolver na súa primeira fase co curso de community manager cando os alumnos e alumnas que están a participar acaben coa parte teórica se ofertará...
leer más 12/05/2015
Un total de 48 equipos disputarán os días 23 e 24 de maio o X Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo. O evento deportivo, organizado pola AD Veteranos do Ribadeo FC, foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello.
O alcalde, Fernando Suárez, valorou de forma positiva “o que esta asociación de veteranos leva dez anos facendo, porque co seu traballo e con este evento volvemos poñer a Ribadeo no mapa internacional. Si unhas veces é por eventos turísticos ou por monumentos naturais agora Ribadeo volve sonar desde o punto de vista internacional cun evento deportivo que vai encher a vila e os campos da comarca de xogadores que chegarán de media Europa, do norte de África, de Galicia, de Asturias, de Euskadi ou de Madrid. Son aproximadamente 1.000...
leer más 11/05/2015
O salón de plenos do Concello ribadense acolleu esta tarde a presentación da edición facsimilar do libro Apuntes sobre Ribadeo, unha compilación de actas do Concello dos séculos XVI ao XIX, que realizou o que fora alcalde, Fernando Méndez San Julián. O servizo de publicacións da Deputación de Lugo foi o encargado de reeditar este libro, do que se porán á venda 500 exemplares, que recollen un anaco da historia de Ribadeo. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; e os voceiros municipais.
Na súa intervención Suárez Barcia sinalou que “desde hai un tempo levabamos pedíndolle á Deputación de Lugo, para que a través do seu servizo de publicacións, puidera axudarnos a...
leer más 08/05/2015
O Concello convoca o concurso Arte nas paredes co obxectivo de adecentar as fachadas dalgúns edificios de Ribadeo. O primeiro espazo a intervir é un inmoble da avenida Rosalía de Castro, que fai esquina con San Roque e a temática a plasmar deberá estar obrigadamente relacionada co auxe socioeconómico e cultural acontecido desde mediados do século XVIII e ata principios do XX en Ribadeo, tendo en conta o carácter comercial da vila e o legado da emigración. Os artistas que o desexen poden presentar os seus bosquexos ata o 22 de xuño. A obra gañadora terá que pintarse nesa fachada. Os gastos de instalación e os materiais necesarios para a súa realización correrán a cargo do Concello, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “queremos...
leer más 07/05/2015
Ribadeo celebra os Maios este domingo, 10 de maio, ás 17.00 horas no parque San Francisco.
"Este ano contamos co alumnado do curso de Monitores de Ocio e Tempo libre nas actividades de animación. Coma sempre, para adornar o Maio, podes traer flores, ovos baleiros, fiúncho e un sombreiro de palla para ti", explican desde a organización.
06/05/2015
O vindeiro domingo, 10 de maio, terá lugar unha sesión didáctica de anelamento científico e identificación das diferentes especies de aves que habitan a rasa costeira de Rinlo, en pleno ZEC As Catedrais.
O Concello propón “un día inesquecible para pequen@s e maiores”. Esta aventura con ás denominada O anelamento e a extraordinaria migración das aves, será impartida por Erebia.
Todas as persoas, adultas e nen@s, que queiran participar nesta actividade deben inscribirse no seguinte número de teléfono: 982 128 689 ou no correo: turismo@ribadeo.org
O punto de encontro para o inicio da actividade será o porto de Rinlo. Alí...
leer más