Suspensión

Etiquetas:
03/11/2023

A Mancomunidade suspende as saídas de A Mariña en Ruta previstas para esta fin de semana. 

“Debido á chegada dunha forte borrasca a partires de mañá decidimos suspender as actividades que iamos desenvolver o sábado e o domingo por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. Por seguridade e responsabilidade non podemos arriscarnos á hora de visitar o patrimonio natural e cultural destes concellos nin nas propias vilas nin a través dunha fraga”, explican desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña.

E engaden: “agardamos poder manter todas as rutas previstas para as vindeiras fins de semana de novembro, á vez que tentaremos buscar novas datas para as saídas que nos vemos na obriga de suspender neste momento”. 

Desde a Mancomunidade sinalan que “para mañá está prevista a chegada a Galicia de Domingos,...

leer más
13/10/2023

Quedan suspendidas todas as actividades de carácter público previstas entre hoxe e o vindeiro domingo, 15 de outubro, por mor do importante incendio que lle está a afectar a Ribadeo. Así o ven de comunicar o alcalde, Dani Vega, a través dun Bando. 

O texto di que “con ocasión do importante incendio forestal que se produciu na tarde de onte e que afecta de xeito moi importante á zona rural en diferentes parroquias no termo municipal, de acordo con canto se dispón no artigo 21.1 m) da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local quedan suspendidas todas aquelas actividades de carácter público previstas durante o día de hoxe venres 13 así como as previstas para o sábado 14 e domingo día 15 de outubro de 2023 sinalándose entre outras: Festas do Santo Cristo que se ían celebrar na parroquia de Piñeira, as competicións...

leer más
03/01/2022

Debido a razóns sanitarias cos contaxios por  Covid-19 aumentando en forma exponencial, dende o Concello de Xove “considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días”. 

Debido a isto:
  -Suspéndese o Día dos Nenos, que estaba previsto para mañá martes, 4 de xaneiro, con inchables na Piscina e no Pavillón.
  -E suspéndense tamén a Cabalgata de Reis e todas as demais actividades previstas para o mércores, 5 de xaneiro.
 
Dende o Concello “agradecemos a comprensión dos nosos veciños e veciñas, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto, pero máis seguro”.

01/10/2021

Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.

Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.

En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo...

leer más
Etiquetas:
10/04/2021

Desde o Concello sinalan que “á vista da situación epidemiolóxica e, aínda que a realización da ruta está permitida e se realizaría cun estrito cumprimento das medidas sanitarias -ao igual que a realizada na pasada semana- o Concello de Barreiros decidiu suspender esta ruta a espera da evolución do coronavirus no municipio”. 

Esta segunda ruta organizárase tras o éxito da que tivo lugar a semana pasada e contaba con aforo completo e lista de agarda.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “a suspensión da mesma é un acto de responsabilidade, xa que precisamente as administracións e cargos públicos debemos ser exemplarizantes na adopción de medidas para frear a expansión da covid19”. 

Desde o Concello barreirense anuncian tamén que, cando a situación sanitaria o aconselle, se retomará a...

leer más
30/12/2020

O Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O Concello mantén unicamente aberto o belén Viveiro ante o Berce por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.

A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.

26/12/2020

Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove cun incremento continuo, o Concello decidiu suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para estes vindeiros días. Desde o Concello subliñan: “loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a  vídeo proxección da curtametraxe de Xacio Baño Augas Abisais, que estaba prevista para este sábado, 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro O Terapeuta, que estaba prevista para este domingo, día 27”.

Etiquetas:
09/07/2020

A quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se ía celebrar a finais deste mes de xullo, queda suspendida por mor da crise sanitaria orixinada polo coronavirus. Os organizadores buscan unha nova data para este ano para poder celebrar a carreira sen que supoña ningún perigo para a veciñanza. 

Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes en Burela, declarou que “a situación que estamos a vivir obríganos a tomar novas medidas para asegurar a saúde dos nosos veciños e veciñas, por iso decidimos suspender e carreira Burela Bonita. Imos buscar unha nova data. A nosa maior ilusión é poder realizar a quinta edición este ano, pero ante todo está a seguridade da nosa xente. Temos que ser responsables e dar exemplo.”

O edil burelés engadiu que “de non poder celebrarse nas vindeiras semanas a V Carreira Burela...

leer más
Etiquetas:
06/07/2020

A Ocioteca de Verán do Concello de Burela suspende o seu inicio previsto para o vindeiro 13 de xullo.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “o Concello de Burela suspende ata novo aviso a Ocioteca de Verán, debido á situación que estamos a vivir na Mariña co brote de Covid-19. Nun exercicio de responsabilidade preferimos agardar para a súa posta en marcha ata que a situación se controle e a vida dos nosos veciños e veciñas volva á nova normalidade”.

A edil burelesa insistiu en que “cando a situación o permita poñeremos nova data do inicio para a nosa Ocioteca de Verán. Con elas pretendemos promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico e actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade; potenciará actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico...

leer más
Etiquetas:
01/07/2020

O Concello de Xove anuncia a cancelación do Campamento de Verán.

Dende o Concello comunican que “tras sopesar as diferentes posibilidades que tiñamos para desenvolver o noso campamento Xove Concilia Verán, finalmente decidimos a súa cancelación e pospoñelo ao verán 2021. Estivemos esperando a ver se a evolución da pandemia permitía poder realizar un campamento en condicións”.

O Concello de Xove engade que “debido ás restricións impostas pola crise sanitaria, víamos imposible organizar a devandita acción de conciliación garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersoal e as medidas de hixiene e prevención. Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca, afiánzanos a decisión tomada, pensando sempre na seguridade dos/as menores participantes e dos/as monitores”.