Eventos
O Concello de Foz celebrará este domingo, día 11, un pleno extraordinario para aceptar a renuncia do actual cronista oficial, Suso Fernández, e a elección do novo, consensuada entre todas as forzas políticas na figura de Xoán Ramón Fernández Pacios.
O pleno formará parte dun acto no que se homenaxeará a figura de Suso do Bahía, que “tanto pelexou pola nosa vila levando o nome de Foz con orgullo por todos os recunchos de Galicia e fóra dela: un veciño destacado pola súa achega á comunidade en moitos ámbitos”, explica o alcalde, Francisco Cajoto. O evento, que contará coa colaboración de amigos e compañeiros de Suso, dará comezo ás 18 horas na Sala Bahía e o acceso será limitado baixo invitación, debido ao aforo establecido pola normativa COVID. De calquera xeito a poboación de Foz poderá asistir ao acto de forma telemática, xa que se...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense pide especial prudencia a veciños e visitantes do municipio esta fin de semana, na que se celebraría o Ribadeo Indiano, e que se suspendeu debido á pandemia. A patronal local, como coorganizadora do evento xunto ao Concello de Ribadeo, solicita moita precaución para evitar que haxa unha alza nos contaxios de Covid-19.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “tomar a decisión de anular o Ribadeo Indiano non foi nada fácil, nin para o Concello nin para nós, pero cada vez estamos máis convencidos de que foi a decisión máis acertada. Todos sabemos o importante que é o Ribadeo Indiano para a nosa economía, e especialmente nós, a asociación de comerciantes e hostaleiros, pero a actual situación non se achega a ser minimamente óptima para...
leer másTrasbar preparase para participar no proxecto “Alfombra Mundial”, que se celebrará os vindeiros días 24 e 25 de xullo con motivo do Ano Xacobeo 2021. O colectivo veciñal foi invitado a participar na elaboración dunha alfombra floral a nivel mundial dedicada ao Camiño de Santiago, un proxecto no que participarán alfombristas de máis de 247 localidades repartidas por 27 países pertencentes a Alemaña, Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Italia, Lituania, México, Nicaragua, Nova Zelanda, Paraguay, Polonia, Panamá, Perú, Portugal, Túnez, Venezuela e España.
Todas as localidades participantes, coordinadas pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago,presidida por Miguel Ángel García Correa, de Ponteareas, elaboraremos nun lugar...
leer másO Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.
Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos.
Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.
A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de...
leer másAta o 5 de setembro permanecerán activas a ludoteca e o campamento mondopeque. Trátase de dúas iniciativas que coordinan conxuntamente as concellerías de Muller e de Política Social, e coas que o Concello pretende favorecer a conciliación durante a época de vacacións escolares.
Tanto a ludoteca, con 37 nenos inscritos, como mondopeque están a ter unha gran acollida, converténdose na opción escollida polas familias para poder compaxinar a vida familiar coa laboral durante o verán.
Dende a entidade local animan aos rapaces que aínda non o fixeron a anotarse en sendas iniciativas, pois “están pensadas para que os nosos nenos e nenas teñan unha experiencia agradable”. E é que tanto na ludoteca, como no campamento desenvólvense actividades coas que os máis pequenos se divirten a través de xogos educativos e de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz comeza as súas rutas de verán o vindeiro sábado, 10 de xullo, cun percorrido pola Basílica de San Martiño e as igrexas de Vilaronte e de Foz.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello de Foz.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é 3 euros e para os socios temporais 4€. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade baixo. Seguirán manténdose os protocolos anticovid non compartindo o material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 m. de distancia de seguridade.
... leer másO Concello de Cervo arrincará o próximo luns, 5 de xullo, unha nova edición do programa Cervo Concilia concibido co obxectivo de favorecer a conciliación das familias durante os meses de verán.
A edil de Educación, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro cos pais e nais das crianzas inscritas no programa a fin de explicarlles polo miúdo os protocolos de seguridade establecidos e como se desenvolverá o día a día deste programa, que terá lugar de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:30 horas; e que se prolongará ata o día 8 de setembro, coincidindo co comezo do novo curso escolar.
Caramés precisou que desde o Concello de Cervo “levamos meses traballando para poder deseñar un programa co que poder chegar a todas as familias de Cervo e que ningún pequeno/a quedase...
leer másO Concello de Foz comeza esta fin de semana a programación cultural do mes de xullo, que inclúe cine, teatro e música.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o verán chega a Foz e este énchese de diferentes actividades para pequenos e maiores. Todas elas actividades respectarán os protocolos COVID para manter a máxima seguridade nas mesmas”.
Inés López especifica que “no pavillón do colexio Número 1 ás 21 horas haberá teatro todos os martes. As obras deste mes de xullo serán o día 6 coa compañía Galitoon que nos presenta The Show Moscón, o día 13 Producións Dispersas tráenos Tódalas marabillas do mundo, o día 20 Gazafhellos amosaranos a Pinocho e o día 27 contaremos coa compañía Fantoches Bah coa obra Os Romeiros do caracol.
A edil de Cultura engade que “tamén volverá o...
leer másHoxe foi presentada a nova tempada do tren turístico de Ribadeo, que funcionará ata mediados de setembro, ofrecendo oito viaxes diarias para achegar aos visitantes aos enclaves máis emblemáticos da vila. No acto participaron xunto ao alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o propietario da empresa que xestiona o tren, José Antonio Neira.
O edil de Turismo declarou que “se bota a andar o tren turístico de Ribadeo que é unha atracción que se enmarca dentro das actividades turísticas promovidas polo Concello de Ribadeo en diversos ámbitos, no ecoturismo, nas visitas guiadas… É unha actividade moi complementaria que é moi ben recibida tanto polos turistas como polos veciños e veciñas de Ribadeo. Quero recordar que o tren realiza oito saídas diarias e está en funcionamento todos os días. Fai un percorrido moi...
leer másA Concellaría de Cultura presentou a programación para este verán que dará comezo hoxe cun espectáculo de danza, en Rinlo. Ademais, a segunda fin de semana de xullo, haberá cine sobre Emigración galega. Cultura de partida, culturas de destinos e tamén teatro de rúa en cinco localizacións da vila. Teatro, exposicións, actividades para as crianzas, concertos da Banda Municipal de Música, dous novos concertos do proxecto Versión Fin, en Rinlo e en Cedofeita, ou a actuación de Xacarandaina son outras das propostas para o terceiro trimestre do ano en Ribadeo.
Pilar Otero anunciou que “comezamos a nosa programación cultural de verán en Rinlo, ao abeiro dos actos programados polo Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, con Propulsa, unha proposta de danza para as oito e media, na praza desta vila mariñeira tan emblemática. Actuarán tres compañías...
leer más