Eventos
O Concello de Foz recupera este domingo os bailes na Sala Bahía. Anunciárono hoxe o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo.
O rexedor municipal explica que “a situación actual permíteo e hai moitas gañas de volver xuntarnos, de recuperar a vida social, da que tamén depende a nosa saúde mental. Era unha demanda unánime e no xantar dos maiores do pasado 26 de marzo adquirimos o compromiso de recuperar o baile dos domingos á maior brevidade. Cumprimos ese compromiso”.
A concelleira de Asuntos Sociais indica que “despois destes dous anos duros de pandemia xa tocaba retomar o baile dos domingos na Sala Bahía, unha celebración habilitada especialmente para as persoas maiores do noso concello. Emprazámosvos a todas e todos este domingo a desfrutar -iso si, con máscara- das cumbias e pasodobres...
leer másO Concello de Barreiros organiza, a través da súa área de Turismo, unha ruta xeolóxica pola costa de Barreiros que terá lugar o sábado 16 de abril ás 10:00h, con saída dende a praia de Arealonga e final na praia de Fontela-Valea (aprox. 3,5Km lineais). A actividade durará aproximadamente 3,5 horas, sen contar o regreso ao punto de partida estimado nuns 30 minutos. Novamente, estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra. Así poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do percorrido e da súa xénese. Descubriremos...
leer másO recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acolle o 14 de abril, día de Xoves Santo, o festival Vilou Spring Fest, que ten como prato forte a actuación da orquestra Panorama, pero tamén participarán o grupo Nueva Fuerza e os DJ Billy e Dani Rego. Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, xa están á venda en varios establecementos.
As actividades do Vilou Spring Fest comezarán coa 7ª Reunión Amigos de VespaFaba & Clásicos Lourenzá, que a partir das 09:00 horas terá unha xuntanza dos participantes no Cantón, ás 12:00 sairán para facer unha ruta, ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú e ás 14:30 reuniranse nunha comida no restaurante Baos.
O festival musical arrancará ás 22:30 cos DJ Billy e Dani Rego, para as 23:...
leer másO Cenima acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Foz e Cervo, que se unen ás outras cinco xa estreadas hai tempo. No acto participaron o presidente desta entidade e alcalde focense, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Turismo de Cervo, David Rodríguez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro, autor deste proxecto, que conta co financiamento da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
As audioguías ficcionadas da Mariña Lucense son unha iniciativa – pioneira en España – que aposta por mellorar a experiencia viaxeira das persoas que nos visitan a través dun produto de calidade, personalizado e adaptado a cada municipio onde se desenvolven, que axudan a divulgar e poñer en valor a historia local entre os propios...
leer másA Concellaría de Mocidade organiza unhas xornadas lúdicas que se desenvolverán os días 11 e 12 de abril no parque San Francisco destinadas a nenxs e rapazada entre as 16:30 e as 19:30 horas. Trátase de actividades gratuítas e rotatorias para as que non fai falla inscribirse. Haberá inchables, pista de slot e de skate park, xogo de escapismo, karaoke, máquina de pompas e obradoiros.
A edil Mariluz Álvarez Lastra comentou que “dende a Oficina de Información Xuvenil, da Área de Mocidade do Concello de Ribadeo, queremos dar información das actividades que nestes días de lecer que van ter as nosas rapazas, rapaces e os nosos nenos e nenas xunto coas súas familias o luns 11 e o martes 12”.
A concelleira ribadense explicou que “nesta ocasión retomamos, como sempre víñamos facendo, actividades ao aire libre, que se van...
leer másA Oficina de Turismo de Burela permanece aberta ao público de martes a sábado.
Horario de primavera (ata o 31 de maio):
Mañás: de 10:00 a 14:00hs
Tardes: de 16:00 a 18:00hs
Horario de verán (dende o 1 de xuño):
Mañás: de 11:00 a 14:00hs
Tardes: de 17:00 a 20:00hs
Domingo e luns pechada.
A Oficina de Turismo de Burela está situada na Explanada Portuaria, Porto Pesqueiro s/n (enfronte ás oficinas portuarias de Portos de Galicia).
A XII edición do festival infantil da Asociación Cultural Saiñas celebrarase o sábado 9 de abril ás 18:00 no salón de actos do Centro Cívico de Xove. Con entrada libre ata completar aforo.
Ademais do grupo do colectivo anfitrión actuarán os da A. C. Arume, de Caión (A Laracha) e da A. F. O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros).
Dende o goberno municipal infórmase que dende onte venres, 1 de abril, todos os venres venderanse as entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas no Concello de Viveiro.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50%, en virtude do acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.
Con esta promoción, agradécese á veciñanza a tolerancia e respecto que ano tras ano demostraron, xa que, malia o efecto positivo do festival no municipio, a cita pode ocasionar algunha incomodidade entre a cidadanía.
As entradas poderanse comprar os venres, no 1º andar dos claustros de San Francisco, en horario de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas.
Para a súa adquisición é necesario presentar...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou hoxe a axenda para o segundo trimestre do ano que arrinca esta fin de semana co concerto de La Porteña Tango, cos Cantos de Taberna e con teatro o domingo. Música, teatro, exposicións, unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, que se celebrará arredor do día das letras galegas, e a Festa do Apego conforman a programación cultural do Concello para os meses de abril, maio e xuño.
A edil ribadense dixo que “presentamos esta guía cultural do Concello de Ribadeo para os meses de abril, maio e xuño, e esperamos que sexa do agrado da veciñanza e das persoas que nos visiten. Coma sempre pretendemos a calidade nas propostas, con variacións nos temas e nos públicos”.
Pilar Otero contou que “a música pode considerarse a columna vertebral deste...
leer másUn grupo de ribadenses organiza un mercadillo solidario para recaudar fondos destinados a una asociación que trae niñ@s ucranian@s a Galicia desde hace años, algunos de ellos a Ribadeo. Será este fin de semana, del viernes 1 al domingo 3, en un local de la calle Viejo Pancho, concretamente en el bajo que ocupaba la Droguería Pulpeiro, frente a la oficina de Abanca.
Los promotores de esta iniciativa explican que “ante la buena acogida del mercadillo solidario celebrado el pasado fin de semana, volvemos a realizar otro, con nueva ubicación y en esta ocasión destinado a recaudar fondos para la asociación Niños de Ucrania en Galicia y Andalucía”.
El mercadillo estará abierto al público el viernes 1 de 17:00 a 20:00 horas, el sábado 2 de 11:00 a 14:30 y de 17:00 a 20:00 horas y el domingo 3 de 11:00 a 14:30 horas....
leer más