Eventos
O Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas.
Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.
Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.
Membros do equipo de goberno reuníronse este mediodía coa Acia local para tratar sobre as axudas que o Concello vai destinar aos hostaleiros, aos comerciantes e aos autónomos. Ademais o alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o mercado semanal volverá este venres, aínda que está por decidir cal será a súa nova localización.
Alfredo Llano contou que “hoxe estivemos falando con respecto ás axudas que lles queremos dar ás empresas dunha forma directa, estivemos amosándolles o que é o borrador das bases e leváronas para analizar por se teñen algunha suxestión e para que todo o mundo que poida e queira, teña a oportunidade de solicitar a axuda que vai dar o Concello. Van ser para hostaleiros, para comerciantes e para autónomos, e son unhas bases que consideramos xustas, equitativas e fáciles de aportar para que poidan solicitar esas axudas, xa...
leer másO alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercadiño dos mércores se reanudará este 13 de maio, unicamente na súa sección de produtos agroalimentarios, prevendo a inclusión pouco a pouco do resto de artigos. A novidade é que se trasladará ao aparcadoiro municipal, debido á imposibilidade de celebrarse no sitio habitual dadas as limitacións de espazo e considerando esta nova localización como a mellor posible pola súa centralidade. O mercado de produtos da horta dos sábados seguirá celebrándose nas inmediacións da praza de abastos. Vendedores e clientes deberán cumprir coas medidas sanitarias recomendadas.
O rexedor confirmou que “vimos de publicar un Bando onde indicamos que desde o Concello de Ribadeo imos reabrir o mercadiño dos mércores e tamén o mercado da horta dos sábados. Hai que ter en conta que Ribadeo e a provincia de Lugo...
leer másO mercado semanal de Foz retómase mañá, martes, pero só para produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais.
O alcalde focense, Fran Cajoto, anuncia que “este martes retómase de novo o mercado semanal en Foz, pero de momento exclusivamente para produtos de alimentación e cunha separación física adecuada. Haberá 5 metros de separación entre os postos e rúas de dez metros de ancho, para garantir a separación entre todos os compradores. Hai que recordar que só se pode atender a un cliente por quenda e non se poden manipular eses alimentos. Ademais dispoñeremos unha caseta de madeira á entrada para dispensar xel a todas aquelas persoas que pasen por alí e que se queiran hixienizar. Todo para intentar garantir sempre esas medidas sanitarias porque aínda está o Covid-19 entre nós e temos que ser...
leer másA coordenadora do Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol decidiu “por unanimidade”, tras unha reunión telemática mantida nos últimos días, que finalmente non se levarán a cabo as actividades presenciais previstas para a segunda quincena do mes de xullo por mor da crise sociosanitaria provocada pola incidencia do virus COVID-19.
Segundo o coordinador do colectivo, Baruk Domínguez, trátase dunha decisión “moi
dura”, que foi tomada co único obxecto de salvagardar a saúde dos acampados,
monitores e outros voluntarios que participan no campamento.
Tamén se tivo en conta que as instalacións usadas nos últimos anos para celebrar as
principais actividades do CCD son diferentes espazos do Seminario de Santa
Catalina, en Mondoñedo, residencia de moitos sacerdotes de avanzada idade que
poderían verse perxudicados pola presenza dun...
O equipo de goberno e os técnicos municipais están a buscar vías para poñer en marcha canto antes os mercados semanais dos mércores e dos sábados. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliña que o mercado dos mércores tal e como se viña celebrando non vai ser viable, debido ás distancias que haberá que establecer entre os diferentes postos e ás medidas que terán que adoptarse para garantir a seguridade dos clientes. O rexedor engade que hai moitas contradicións entre as normativas ditadas polo Estado e pola Xunta a este respecto, que o Concello está a consultar e a estudar. Suárez Barcia asegura que si é posible este mercado volvería o vindeiro mércores, 13 de maio, pero se non fose recomendable demoraríase un pouco máis a súa reanudación.
O alcalde ribadense dixo: “en relación coa situación do mercado municipal semanal, tanto o mercado...
leer másA concelleira burelesa e presidenta da comisión organizadora das festas patronais, Toñi Eijo, anuncia que non haberá festexos neste 2020 debido á pandemia do Covid-19. A edil subliña que as festas de Burela reúnen todos os anos a milleiros de persoas, o que fai que nas circunstancias actuais non se poidan celebrar. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindeiro mes de xuño.
Toñi Eijo declarou que “debido á situación actual que estamos a vivir, como consecuencia do Covid-19, a directiva da comisión organizadora das festas de Burela suspende os festexos que ían ter lugar os días 5, 6, 7 e 8 de xuño”.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posibles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son miles de persoas ás que...
leer másA Concellaría de Cultura ofrecerá estabilidade á danza na programación do último cuatrimestre do ano. A primeira actuación, prevista para xuño, trasládase ao 20 de setembro.
A edil Pilar Otero contou que “hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Na Concellaría de Cultura temos previsto ofrecer a partir de agora unha mínima estabilidade deste xénero na nosa programación. Para isto, na medida en que a evolución da pandemia o permita, na oferta cultural do período comprendido entre os meses de setembro e decembro xa hai previstas dúas funcións de danza”.
A concelleira de Cultura explicou que “a primeira delas rescátase do deseño cultural deste mes de xuño e trasládase ao 20 de setembro ás 17:30 horas, o habitual nas propostas para os máis pequenos da casa. O título é Blowing, da compañía catalá...
leer másO cuarto programa #cervoquedanacasa comezará mañá, luns, co xogo Efecto Dominó, a idea é que os participantes coloquen unha serie de pezas coas que consigan crear este efecto e que o compartan no facebook do Concello.
O mércores, 29 de abril, Recicla con botellas. Deixa voar a túa imaxinación utilizando botellas ou envases. O venres, 1 de maio, Disfrázate de cine. Caracterízate da túa personaxe de cine ou serie favorita.
O luns, 4 de maio, Circuíto. Idea e constrúe un circuíto de obstáculos para que rode unha pelota. O 6 de maio Recicla con tubos. Deixa voar de novo a túa imaxinación utilizando o tubo sobrante do papel hixiénico. E o 8 de maio O Circo na casa. Caracterízate dalgunha personaxe do circo.
Desde o Concello de Cervo lembran que se premiará a orixinalidade en todas as...
leer másO Concello de Cervo reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a domicilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais.
Pilar Armada recorda que esta actividade, que xa conta cunha trintena de participantes e que está dirixida tanto para as persoas usuarias habituais do obradoiro como para a veciñanza en xeral, foi concibida “co obxectivo de achegarlles eses exercicios tan saudables para exercitar a nosa memoria para que os poidan realizar desde a casa. Son actividades –engade- que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén poden ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento”.
Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no...
leer más












