Eventos
Esta fin de semana, os días 16 e 17 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, Foz e Ribadeo.
Esta terceira fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue mañá, 16 de novembro, co Mago Teto que deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mis en Plas, de Burela; e Kiko e Joge estarán no Rincón do Mis, en Foz. E o sábado, día 17, o Mago Teto estará en Ribadeo no hotel restaurante O Cabazo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A...
leer másLa galería Terra Branca lanza una nueva colección exclusiva de joyas de acero, bronce, ágatas y resina, inspirada en la obra de la pintora Mariángel Leal.
La artista Mariángel Leal, hermana de José Ramón Leal y propietaria de la delegación de Terra Branca Mallorca, plasma en sus complementos toda la fuerza de su obra pictórica a través de homenajes a paisajes ribadenses, retratos y composiciones cercanas al expresionismo. Colgantes, pendientes, pulseras, anillos y gemelos se dan cita en esta nueva propuesta de la galería ribadense.
Según José Ramón Leal “la obra de Mariángel es perfecta para este tipo de iniciativas. Visualmente es muy atractiva. Su paleta de pinceles es cálida y acogedora y eso es un reclamo visual indiscutible”.
El propietario de la galería de arte ribadense señala...
leer másA veciña da parroquia focense de Santa Cilla Sabela Pico Lombán, de 27 anos de idade, foi elixida raíña do Entroido de Foz 2019.
Á convocatoria do Concello de Foz presentáronse nove persoas, oito mulleres e un home, dos que cinco xa optaban por terceira vez, entre eles a elixida.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Astorga e para comer un típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares. Será o día 25 deste mes, domingo.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo en ruta, o percorrido en Astorga para visitar lugares como a catedral, o pazo episcopal ou o centro histórico da cidade. Despois os participantes na excursión irán comer o típico cocido maragato a Castrillo de los Polvazares, localidade que visitarán despois. O prezo é de 45 euros por persoa, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54...
leer másEsta fin de semana, os días 9 e 10 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, Ourol e A Pontenova.
O 9 de novembro o sétimo Mes da Maxia chegará ao restaurante Buenavista, en San Cibrao, co Mago Kiko; e á Marquesa, tamén en Burela, co Mago Rafa. E o 10 de novembro será a quenda para A Garita, en Ourol, que contará con Kiko e Paredes; e para Casa do Fidalgo, en A Pontenova, onde actuará o Mago Pi.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipaios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas...
leer másEste venres, 9 de novembro, celébrase en Burela a cuarta edición da Festa da Castaña a partir das sete da tarde na praza da Mariña. Haberá castañas, bolos preñados, contacontos e sorteo de agasallos. En caso de mal tempo trasladarase á praza de abastos. Colaboran co Concello na organización deste evento a asociación de Asadores de Burela, Ledicia, Arume e a Acia local.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana en Burela imos facer a Festa da Castaña. Vai ser a cuarta edición xa, empezamos en 2015. A verdade é que neste tres anos a resposta da xente foi boa con actividades ademais de bailes tradicionais a cargo de asociacións do pobo”.
O edil burelés dixo que “este ano repetimos co mesmo formato, coa axuda da asociación de Asadores de Burela, que serán os encargados de preparar as...
leer másO Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde presentaron este martes a IV Feira do Mel de Montaña de Muras, que terá lugar os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró, e coa que o Goberno da Deputación colabora cunha achega de 3.000 euros. Ao acto participaron o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco.
Santos Ramos destacou que “o Goberno da Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos para promover e poñer en valor os produtos da provincia, ao tempo que contribuímos a dinamizar a economía local, xa que se conta cunha afluencia de máis de 3.000 persoas, o que da boa mostra da importancia desta cita para o Concello”.
Vidal Baamonde apuntou que “a través desta cita, ademais de impulsar un dos produtos máis...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu esta mañá o acto de entrega da certificación Observer® que distingue á Cova do Rei Cintolo como Destino Turístico Científico.
Trátase dun selo internacional co que se dá un paso máis na posta en valor deste patrimonio natural. As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Turismo Científico permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico. O visitante entende que co turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza. Todo elo, desenvólvese dende un punto de vista sustentable e rigoroso e establecendo como base a conservación.
Un paso máis na posta en valor da Cova do Rei Cintolo
Durante o acto de...
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Mercado de Outono 2018 que se celebrará este sábado, 10 de novembro.
O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas na rúa Andrés L. Palmeiro, onde estarán instalados os postos de venda con produtos de tempada e artesanía. Ademais haberá pasarrúas con grupo folclórico polo centro de Ferreira.
Tamén a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura terá lugar un curso de fruticultura, con entrada libre, organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro. Ás 12:30 horas ofrecerase unha degustación de caldo de castañas e ás 11:30 e ás 18:00 horas haberá xogos tradicionais en familia.
Pola noite, a partir das 21:00 horas terá lugar o XXVIII Magosto Popular, na carpa instalada no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, que...
leer másOs preparativos do sexto Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo de 2019, botaron a andar en Santiago de Compostela coa xuntanza que os organizadores, Concello e Acisa, mantiveron nas últimas horas coa Cónsul Xeral e co Cónsul da República de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán e Ángel Aurelio Torres Jaime.
A vindeira edición do Ribadeo Indiano estará dedicada a Cuba, de aí a celebración deste encontro.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, explicou que “unha delegación do Concello e de ACISA, da man do ribadense Ángel Rodríguez Anes, mantivemos un primeiro contacto co Consulado de Cuba en Santiago para iniciar a organización da nova edición do Ribadeo Indiano, que vai estar dedicado a Cuba”.
Para a edil...
leer más