Eventos
A elección da raíña ou rei do Entroido de Foz 2020 farase nun acto público, no que votarán os membros do xurado e o público asistente. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o día 8 de novembro deste ano. Os requisitos son ter máis de 18 anos e estar empadroado no municipio focense.
No acto público que se convocará para elixir á raíña ou rei do Entroido de Foz farase a presentación dos candidatos e candidatas, que deberán realizar probas propostas polo xurado. A votación levarase a cabo por parte dun xurado, no 60 por cento, e polo público presente no acto, nun 40 por cento.
A data e o lugar do acto público para a elección están por determinar. Os interesados poden obter máis información no teléfono 982.14.00.27.
Da organización encárgase a asociación O Noso Foz, que...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro. O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse hoxe na sede da Xunta en Lugo coas intervencións do presidente desta entidade, Alfredo Llano; do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; da axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida; do mago Teto; de Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; e de Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo.
Tania Hemida sinalou que “nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi posto en marcha aló polo 2012 este...
leer másEl Hotel Vila do Val de O Valadouro acogerá la celebración de un torneo de brigde los días 25 y 26 de este mes de octubre. En el evento se darán cita 40 parejas llegadas desde diferentes puntos de la península ibérica, incluido Portugal.
El torneo, organizado por el Club Brigde Cidade de Lugo, dará comienzo el viernes 25 a las 20:00 horas, momento en el que tendrá lugar la primera sesión de juego. El sábado 26 a partir de las 11:00 horas los asistentes realizarán una visita cultural por la comarca de A Mariña. Y por la tarde a las 17:00 horas se iniciará la segunda sesión de juego.
Para participar es necesario inscribirse a través de los números de teléfono 678 747 360 y 618 591 474, y del correo electrónico elvirapalmeiro@gmail.com. El precio es 60 euros para el...
leer másEste xoves, 17 de outubro, dará comezo unha nova edición das San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galicia.
O xoves 17 ás 13:00 horas procederase ao disparo de bombas e o volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o inicio das festas. Ás 14:00 horas no pavillón municipal de deportes haberá xantar-baile para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade. Ás 18:00 horas, será a chegada dos cabalos polas rúas ata a feira; ás 20:45 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do dramaturgo Manuel Lourenzo; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Panorama e Grupo Beatriz.
O venres 18 ás 8:00 horas comezará a feira de gando cabalar. Ás 11:30 horas o grupo Mircromina Títeres presentará a obra Móvense os marcos? e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Palladium. Ás 17...
leer másMariña Patrimonio organiza para o día 27 de outubro unha visita guiada ao concello de Ourol para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso máis salientable. Ademais de a Ourol, achegarémonos a Bravos, Xerdiz e Vilares.
Desde Mariña Patrimonio indican que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus o traxecto Foz - Ourol (con paradas intermedias, das que se informará así como dos horarios). Esta opción é a máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. As persoas que estean máis afastadas, poderían incorporarse ao bus en Foz. Como vén sendo habitual neste tipo de saídas, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen”.
A data límite para anotarse remata o vindeiro luns, 21 de outubro. As persoas interesadas que o fagan saber...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ao santuario francés de Lourdes, a Zaragoza e a Bilbao durante a ponte de Todos os Santos, do 1 ao 3 de novembro.
A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa, seguro de viaxe e excursións con guía. O prezo é de 230 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de outubro, os actos do seu trinta aniversario, coa celebración dunha homenaxe a Xoán Carlos González Basanta e dunha cea conmemorativa destas tres décadas de vida da asociación.
Os actos darán comezo ás 20:00 horas do sábado, 26 de outubro, no salón de actos do colexio Martínez Otero coa posta en escena dun espectáculo teatral e musical, sobre textos literarios de Xoán Carlos Basanta, a cargo do grupo Touporroutou teatro e do músico Felipe Sánchez.
A cea celebrarase a partir das 22.00 horas no restaurante Racimo de Foz, cun menú de entrantes, arroz negro con chipiróns e gambas, tenreira asada e postre e a actuación do grupo musical Vudú.
Aquelas persoas interesadas en acudir a cea deberán retirar a súa tarxeta, antes do 23 de outubro,...
leer másA parroquia de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, celebra as súas festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro.
O venres 11 ás 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada pola orquestra Xacobeo.
O sábado 12 ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra á Virxe do Pilar, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón de deportes de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa orquestra Compostela, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Aramio.
O domingo 13 ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne na honra á Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón dos deportes de veciños de San Román de Viaestrofe, co Dúo EPO-K.
... leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, prepara un amplo programa de actividades para celebrar o cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.
Coincidindo coa efeméride, este venres desenvolveranse os actos conmemorativos da creación do museo, que naceu o 11 de outubro de 1969 na escola unitaria da localidade cun patrimonio inicial formado pola colección do mestre Francisco Rivera Casás.
O docente e mailo antigo alumnado serán homenaxeados durante a xornada, na que tamén se incorporarán ao museo os traballos de investigación de Chema Leal Bóveda e Xoán Ramón Fernández Pacios en relación ó papel da muller no mundo do mar, na Mariña e noutras rías, especialmente no ámbito das industrias pesqueiras.
Arredor do cincuenta aniversario, desenvolverase o programa “Un...
O vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a XII Feira da Horta, nas inmediacións da praza de abastos de 9 a 14 horas. Con esta cita rematará a tempada estival do Mercado dos Domingos, que se ven celebrando desde principios do verán.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembra que “esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival do Mercado dos Domingos. Está organizada polo Concello Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira “.
Vizoso subliña que “este evento ten coma obxectivo promocionar o consumo de proximidade e local, o apoio aos nosos produtores e a mellora da economía do noso concello”.
O edil ribadense conta que “a feira dará comezo as 9:00 horas na contorna da praza de abastos, onde...
leer más












