Eventos
O Mercado da Ilusión de Foz, que abriu onte á tarde, ten este ano unha nova situación, na avenida da Mariña. Conta con seis artesáns de Galicia, Asturias e León que se mostran moi satisfeitos pola novo lugar de celebración. Este mercado de Nadal estará aberto ata o 31 de decembro.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou onte que “onte, martes 26, comezou o Mercado de Nadal no concello de Foz, situado este ano na Avenida da Mariña. Son seis artesáns de diferentes puntos do norte: galegos, asturianos e leoneses”.
Javier Castiñeira salienta que “a nova situación é unha novidade para todos, moi preto de onde está ubicada tamén a árbore de Nadal, no centro da avenida da Mariña, na confluencia con Xoan Montes”.
O rexedor subliña que “os artesáns este ano están moi contentos e nos...
leer másO Concello de Trabada organiza diversas actividades durante o Nadal que comezan este venres, 29 de decembro, ás 17:00 horas, coa representación de títeres Cantos contos contas.
A programación continuará o 3 de xaneiro cunha excursión para visitar o belén de Viveiro. Para esta actividade é necesario inscribirse previamente para facer a reserva do autobús que terá a saída ás 16:30 horas da Praza do Concello, e regresará sobre as 21:00 horas. As reservas poden facerse no número de teléfono 982 135 011 ou nas oficinas administrativas municipais.
O 6 de xaneiro ás 21:00 horas o grupo de teatro Pico do Faro, de A Roda, representará a súa obra “É así a vida”.
Ademais dentro do programa Trabada Concilia, dende o pasado 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, celébrase un campamento de Nadal dirixido...
leer másA programación de Nadal do Concello de Lourenzá inclúe para esta semana obradoiros de organería e de consumo responsable, un concerto e unha representación de teatro infantil.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “durante toda esta semana continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello de Lourenzá. Ademais dos obradoiros sobre organería e consumo responsable, que se celebrarán o mércores e o xoves respectivamente, o xoves, día 28 de decembro, ás 21 horas no salón de actos do Concello terá lugar o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual. Está actuación está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo. Para rematar as actividades da semana o sábado 30 ás 18 horas o grupo In Bocca al Lupo porá en escena a obra Superlía, un espectáculo para público infantil e familiar”.
Manuel...
leer másO Concello de Ribadeo organiza unha serie de actividades infantís durante o Nadal que se desenvolverán dende o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro.
O día 27 haberá unha festa lúdica no pavillón dende as 16:30 ata as 19:30 horas. Haberá inchables, obradoiros e animación musical e a entrada será de balde.
Tamén o mércores 27 dará comezo un obradoiro de iniciación ao crochet, que terá lugar durante o xoves 28 e o venres 29. Trátase dunha actividade interxeracional realizada con Aquí? como de 20!!!. Celebrarase na Casa da Xuventude entre as 16:00 e as 17:30 horas, a inscrición é gratuíta. O obradoiro está destinado a rapaces a partir de 9 anos.
O venres 29 o grupo de teatro Pistacatro presentará Outono, no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. O prezo da entrada será de 4 euros e de...
leer másEn Viveiro foi inaugurado o Nacemento que promove a Asociación Bágoas da Terra e que xa é un clásico entre os Beléns da Mariña. “Con figuras realizadas por un gran artesán en Murcia e que as fixo por encargo noso ataviadas con traxes rexionais galegos; moitas delas con movemento que o bo mestre Hortensio lles dotou, así a parella de bailaríns danzando, o panadeiro enfornando, o pescador pescando, o recolledor de noces, muíños, alfareiros maiando o liño ou algunhas novas deste ano como as redeiras”, explican desde Bágoas da Terra.
Este Belén permanecerá aberto ata o 7 de xaneiro do 2018, en horario de mañás de 11:30 h a 13:30 horas e en horario de tarde de 18:30 a 20:30 horas.
E engaden que “todos os anos desfilan familias enteiras explicándolles aos nenos todo o significado desta tradición, e para Bágoas isto xa...
leer másMondoñedo ofrecerá aos nenos durante este Nadal varias xornadas de actividades con ata dez tipos de colchonetasdiferentesno pavillón municipal.
O Infantipark estará dispoñible dende o martes 26 pola tarde ata o 30 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, por un prezo de catro euros; e de tarde de 16:30 a 20:30 horas por un custo de cinco euros.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o Infantipark dispón de monitores que se encargan do coidado dos nenos mentres os pais poden permanecer nas gradas do pavillón municipal ou incluso aproveitar os descontos que ofrece a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo en establecementos asociados.
O Goberno municipal engade que os pais que presenten o resgardo de adquirir a entrada do Infantipark terán...
leer másO Concello editou un novo calendario este ano no que se recollen lugares significativos de Xove. A base do calendario son fotografías que recorren todo o término municipal: costa, interior, monte…
Para elaboración do calendario contouse cunha serie de fotografías realizadas por fotógrafos de Xove e de fóra de Xove. Por iso, dende o Concello, queremos darlles as grazas a todos eles por todas estas aportacións.
Pois ben, a presentación deste calendario realizouse coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e a encargada da elaboración do calendario Lucía Sánchez.
Como ven sendo tradicional, o Concello realiza unha distribución do mesmo polas casas de tódolos veciños.
No parque de San Francisco en Ribadeo permanecerá a pista de xeo ata o día 9 de xaneiro. Ademais a programación do Nadal inclúe o sábado, 23 de decembro, o XX Festival de Panxoliñas que se celebrará na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas, organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo.
O mércores 27, haberá unha festa infantil no pavillón entre as 16:30 e as 19:30 horas, con inchables, obradoiros e animación musical.
Do 27 ao 29 terá lugar un obradoiro de iniciación ao crochet, de 16 a 17:30 horas. Será na Casa da Xuventude. A inscrición é de balde e pode facerse a partir dos 9 anos. Trátase dunha actividade interxeracional con “Aquí, como de 20”.
O xoves 28, na Casa das Letras, ás 20:30 horas, terá lugar o acto Conversas con Lionel Rexes, autor de A raíña das velutinas...
leer másCaramuxo Teatro representará a obra Feo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 23 de decembro, ás 18:00 horas. Trátase dunha comedia inspirada en O parrulo feo de Hans Christian Andersen que recibiu o premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil.
Tamén no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o martes, 26 de decembro, ás 18:00 horas, Pomper Pompería presentará un espectáculo de pompas de xabón.
O mércores, 27 de decembro, ás 21:00 horas, a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecerá o concerto de Fin de Ano.
O xoves 28, ás 20:30 horas, Abarajar presentará o espectáculo de maxia O camino máxico co Mago Rafa, o Mago Teto e Dani Polo.
A Deputada de Cultura,Pilar García Porto, presentou este mércores no CENTRAD a programación de actividades queo Goberno da Deputación leva aos Concellos da provincia de xeito totalmente gratuíto, con motivo do Nadal. Son concretamente85 actividades en 61 Concellos, nas que haberá maxia, circo, títeres, musicaen directo, contacontos, teatro, concertos e actuación de corais. Na capital lucense as actividades xa comezaron coas actuacións das 12 corais polas rúas do casco histórico. A programación nos restantes Concellos lucenses arrincará o vindeiro 26de decembro e rematará o 7 de xaneiro de 2018.
García Porto avanzou que “dende o Goberno da Deputación, con esta iniciativa totalmente gratuíta, queremos contribuír a que todos os Concellos da provincia poidan dinamizar a vida cultural, especialmente no rural, durante a época do Nadal. Nesta...
leer más