Eventos
Os días 6 e 8 de decembro haberá visitas guiadas gratuítas ao centro histórico de Viveiro. Están organizadas dende a Oficina Municipal de Turismo.
O percorrido discorrerá polo centro histórico da vila e fará unha parada no belén xigante de Viveiro, diante do berce. Este belén, instalado no atrio da Igrexa de Santa María, é a tamaño natural e está considerado como un dos máis importantes de Galicia pola dimensión das súas pezas e a extensión do seu conxunto.
As visitas ao centro histórico de Viveiro sairán da Oficina Municipal de Turismo que se atopa na avenida Ramón Canosa s/n, e o seu número de teléfono é 982 560 879.
Os horarios das visitas serán as 12:00 horas para o 6 de decembro, e ás 17:00 horas para o 8 de decembro.
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 2 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao, na parroquia de Santa Cilla en Foz.
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII, así como unha ampla finca con xardín.
O percorrido vai comprender a visita á Casa do Pazo, concretamente ao salón de retratos onde se conservan imaxes da totalidade dos señores de Fontao desde o século XVII, e ás antigas mazmorras. Tamén se visitará a ermida de Santo André, antiga capela na que están enterrados algúns dos señores de Fontao, e atópanse imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último os asistentes coñecerán o xardín novo da finca, regado por máis de sete fontes.
... leer másO Concello de Foz, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Muller, organiza para este sábado, día 25, actividades con motivo do Fair Saturday e do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
A concelleira Mercedes González Alonso anunciou que “o vindeiro sábado, 25 de novembro, únense en Foz o Fair Saturday e o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”.
A edil explicou que “por primeira vez o Concello de Foz únese ao Fair Saturday, un movemento cultural aberto e participativo que se celebra a nivel mundial o último sábado de novembro. Diferentes entidades, artistas, etcétera xúntanse neste proxecto, amosando a importancia da arte e a cultura e cada un deles destina o recadado a un proxecto social que elixen. No caso do Concello de Foz entre as 17:30 e as 19:30 horas...
leer másDéronse a coñecer as actividades que se van desenvolver o vindeiro venres, 24 de novembro, dentro da campaña #RibadeoenNegro contra a violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que os actos comezarán ás 12 do mediodía no Cantón (aínda que en caso de choiva poderían trasladarse ao pavillón vello) e neles participarán os centros educativos de Ribadeo, Acisa e todas as entidades que se adheriron a esta campaña. Haberá lecturas de mensaxes a título particular así como dun manifesto conxunto e o comité lila do IES de Ribadeo interpretará un tema de reggaeton “sumamente machista” ao que lle deron a volta para visibilizar esta problemática. Álvarez Lastra fai unha chamada á participación nesta actividade, que se presentou no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha.
A edil nacionalista embrou que “...
leer másO Concello de Mondoñedo xunto co Centro de Información ás Mulleres da administración local organiza para este sábado 25 de novembro unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A alcaldesa, Elena Candia, xunto á edil de Benestar, Ángeles Rodríguez, explicaron as accións que se desenvolveran baixo o lema de ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Praza do Concello.
Segundo precisan, dende o Concello empapelarase a localidade co cartel de ‘Mondoñedo di non a violencia de xénero’ e máis co nome de cada unha das vítimas desta lacra no que vai de ano.
Ademais de habilitar un punto de información na Praza do Concello a partir das once da mañá e do reparto de lazos morados entre os veciños; ás 12.00 horas, Mercedes...
leer másO Concello de Xove, a través das Concellerías de Igualdade e Xuventude e Deportes, e tamén da OMIX, organizou unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:
-Do 20 ao 25 de novembro: ÁRBORE DA IGUALDADE. Instalado na OMIX para todas aquelas persoas que desexen deixar colgadas na árbore as súas mensaxes reivindicativas contra a violencia de xénero.
-Venres, 24 de novembro:
-De 18:00 a 20:00 h.- OBRADOIRO “SEXUALIDADE EN IGUALDADE”. Dirixido a rapaces/as da ESO, vai ser impartido pola sexóloga-psicóloga Raquel Grañan a OMIX.
-Ás 20:00 h.- 3ª ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA “Xove camiña pola igualdade”. Saída da Praza do Concello, continuando por: Camiño Real, Avenida Deputación, Rúa Tomás Mariño e cegada novamente á...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).
A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.
En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.
A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De...
leer másA alcaldesa, Rocío López, explicou que “o Concello de Lourenzá sumase á campaña En negro contra as violencias, na que participan este ano 73 concellos galegos e a Deputación Provincial de Lugo. Dende a Concellería de Servizos Sociais e a través da asociación de comerciantes enviouse unha carta a todos os establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios para tinguir de negro o noso concello do 23 ao 26 de novembro, como denuncia e mobilización contra as violencias machistas. Con esta acción invitamos a vestir os escaparates e locais comerciais de negro, así como a roupa de traballo, para transmitir así a mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. O Concello agradece a colaboración da asociación de comerciantes ACIAL, que participa distribuíndo entre todos os comercios o material desta campaña, e tamén a de todos os...
leer más