Eventos
27/08/2016
Hasta el 29 de agosto se celebran las fiestas del Conde Santo en Lourenzá. La verbena del 27 estará amenizada por Fénix y Nueva Fuerza, la del 28 por Matiné y Costa Oeste, y la del 29 (festivo local) por Caramelo.
Habrá durante estos días torneo de fútbol, cantos de taberna, mostra folclórica, juegos populares y exhibición de zumba, entre otras actividades.
27/08/2016
A Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a segunda edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 9 de setembro, a partir das 18 horas e ata entrada a madrugada, na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas.
García avanzou que “esta edición contará cos concertos de tres bandas de distintos estilos musicais e a actuacións de varios Djs de música electrónica”. O concelleiro precisou tamén que “coa festa da Xuventude se dan por iniciadas as festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se...
leer más 26/08/2016
Máis dunha vintena de empresas do sector da automoción participarán no V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. No encontro organizado por APAGA participarán 32 poñentes, que falarán sobre os últimos avances aplicados á tecnoloxía do automóbil.
Na presentación deste Fórum, celebrada na tarde de onte nas instalacións do hotel O Cabazo en Ribadeo, o presidente de APAGA, Álvaro Doural, lembrou que “sumado este ano ás anteriores xornadas de automoción van ser 25 anos nos que Ribadeo acolle este tipo de actividade. Aínda que os inicios sempre son difíciles, sempre houbo un apoio moi claro por parte da empresa. Este ano van estar con nós Man, Bosch, PSA ou...
leer más 26/08/2016
A triatleta Susana Rodríguez Gacio será a pregoeira das San Lucas 2016, as feiras máis antigas de Galicia que este ano celebran a súa 860 edición. A deportista, campioa mundial de paratriatlóne que compite nas paraolimpidas de Río, ten orixes mindonienses, en concreto da parroquia de Argomoso.
O presidente da asociación organizadora das feiras, Miguel Souto,considera que a atleta“é a mellor embaixadora que poden ter as nosas feiras e festas este ano. Un dos obxectivos que nos propoñemos dende a organización é o de dar a coñecer as feiras máis antigas de Galicia por todo o mundo e Susana vainas levar alén do Atlántico a esas terras ás que emigraron, tempos atrás, moitos galegos que aínda conservan na súa memoria As San Lucas”....
leer más 24/08/2016
O 1 de outubro vaise celebrar en Xove a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales ainda poderán anotarse ata o mesmo 16 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
22/08/2016
O 22 de agosto comezan as Festas do San Bartolo na zona veraniega de Barreiros. Para este día está prevista a celebración dunha sardiñada popular, a venda dos tickets é no bar Bañenato, restaurante Mobidick e cafetería Casa Cultura de San Cosme, e o prezo da ración de sardiñas, pan e viño é de 4 euros. Tamén haberá festa verbena cunha orquestra ou grupo musical.
O martes, día 23, ás 12:30 horas haberá pasarrúas cunha formación de gaitas e a partir das 14:00 horas sesión vermú co grupo Montreal. Pola noite verbena co grupo Montreal e a orquestra La Fórmula.
E o mércores 24, festivo local, ás 11:30 horas terá lugar a misa e despois pasarrúas a cargo de...
leer más 22/08/2016
Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo.
Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar.
Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos presentará a que é a súa derradeira publicación: "...
leer más 19/08/2016
Este sábado, 20 de agosto, en horario de 11 a 14 horas, na Feira de Artesanía de Viveiro, ubicada nos xardins Noriega Varela, o ceramista Otero Regal fará unha demostración en directo dunha cocción de raku.
Cada participante poderá decorar unha peza, que xa estará fabricada, e unha vez cocida poderá levala para a súa casa, de forma gratuíta.
Proceso do Raku
As pezas lévanse a un forno pequeno a 900 grados centígrados aprox. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de cocción sácanse, en estado de incandescencia e deposítanse coidadosamente, coa axuda dunhas pinzas de ferro, nun recipiente cheo de viruta de...
leer más 19/08/2016
Onte abriu as súas portas na explanada portuaria Foz Market, unha nova edición da Feira Multisectorial que inclúe salón del automóbil con cinco marcas presentes, festival Food Trucks, espazo para os máis pequenos…
Neste 2016 a entrada á feira é gratuíta. O evento está organizado por Es Market coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz, do Concello e da Deputación Provincial de Lugo.
No acto inaugural o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, manifestou que “un ano máis estamos na inauguración da Feira Multisectorial de Foz, este ano é a súa cuarta edición con cambios substanciais tratando de mellorar e de ir adaptándose aos tempos. Hai que...
leer más 19/08/2016
A cuarta edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarase este domingo, día 21, na área recreativa de Os Castros. Está organizada polo Concello de Foz e foi presentada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, xunto con representantes dos colectivos colaboradores: Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira será ás 10 da mañá e as catro e media da tarde comezarán os concursos, con probas de andadura para diversos tipos de cabalos e tamén haberá carreira de burros. A continuación farase a entrega de premios en metálico e trofeos, ademais...
leer más