Eventos
A Deputación de Lugo estreou este martes o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que, nesta primeira tempada, se beneficiarán máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.
As primeiras entidades beneficiarias, a Asociación de Veciños de Ombreiro Río Miño e a Asociación Carpe Diem de Lugo, coñeceron a costa de Barreiros e Ribadeo, e os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, respectivamente. As actividades inclúen tamén unha visita a instalacións provinciais que se converten en puntos de partida das viaxes. Na primeira xornada, as asociacións coñeceron a historia do Pazo de San Marcos e o funcionamento da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei.
O Presidente recibiu no Salón de Actos á primeira asociación que visitou a sede da institución provincial, onde...
leer másDo 16 ao 22 de setembro terá lugar en Burela a Semana Europea da Mobilidade 2021. O programa de actividades foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.
Haberá charlas de educación vial nos centros de ensino, circuíto de educación vial na Praza do Concello e tamén actividades deportivas (ensaios de ximnasia rítmica, exhibición de baile de salón…), entre outras propostas. Toñi Eijo subliñou que “de xoves a domingo contaremos cun sistema gratuíto de préstamo de bicicletas eléctricas na Praza do Concello de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, debido á boa acollida que tivo na edición pasada. Ademais neste 2021 aquelas persoas que leven a súa bicicleta tuneada á Praza do Concello o mércores, 22 de setembro, pola tarde entre as cinco e media e as sete e media, entrarán no sorteo de 3 vales de...
leer másO Concello de Viveiro presentou unha nova iniciativa, neste caso o ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará o 30 de outubro en xornada de mañá.
O foro foi presentado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o voceiro do grupo municipal Por Viveiro, Bernardo Fraga.
“Queremos que esta xornada de debate sexa un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro, nun momento de grandes preocupacións e inquedanzas na sociedade”, anunciou Loureiro.
Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia. O foro será no hotel Talaso Las Sirenas e o concello invitará aos empresarios e autónomos do municipio. Aqueles que non poidan asistir por...
leer másO vindeiro 17 de setembro terá lugar o acto de presentación oficial da cronista de Burela, Herminia Pernas. Será ás 19 horas na Casa da Cultura.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “nese acto haberá discursos da propia cronista, do concelleiro de Cultura, de min mesmo como alcalde, e dalgunha outra persoa mais. Os flocos imos ultimalos estes días. Estamos analizando a posibilidade de convidar aos cronistas da comarca, pero este punto aínda está por decidir”.
O rexedor engadiu que “a acto estará adaptado ás medidas covid en vigor nese momento, haberá que estar con máscara, empregar hidroxel para a desinfección das mans, distancia social, etc… as butacas que poderemos ocupar roldarán as duascentas”.
Llano dixo que “a principios da vindeira semana agardamos ter perfilado a totalidade do...
leer másDesde este mes de setembro, Burela invita a facer una viaxe no tempo visitando no porto o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns, coñecido como "A Moncloa". Esta é unha actividade que organiza a Fundación Expomar e na que colaboran as delegacións do Mar e Turismo do Concello de Burela, a Cronista Oficial do Concello de Burela, Herminia Pernas, e a propia Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns «A Moncloa».
As visitas terán lugar os xoves e venres de catro a seis da tarde e os sábados e domingos de dez a doce da mañá. O público ao que van dirixidas non é só aos turistas que visitan a vila, senón tamén aos propios veciños de Burela, para animalos a achegarse e coñecer de primeira man os cimentos do “Orgullo Mariñeiro” do seu pobo.
A bordo dos recordos dos vellos mariñeiros poderanse coñecer as...
leer másEntre os días 10 e 13 de setembro desenvólvese en Mondoñedo a programación cultural dos Remedios.
O venres, de setembro, ás 20:30 horas, celébrase a VII edición do festival Mamá quero cantar. Terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga e as reservas fanse na Escola de Música.
O sábado 11 ás 17:15 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte, representarase o espectáculo de improvisación teatral A familia Trivilorio. Ás 20:30 horas Os 6 gaiteiros de Riotorto percorrerán as rúas da vila tras saír da Alameda dos Remedios. Ás 22:00 horas celebrarase A gran gala do circo, maxia e humor, presentado polo Neto de Gayoso. Será na Alameda dos Remedios. Ás 23:00 horas actuará o grupo Principal; e tamén ás 23:00 horas na praza do Concello terá lugar o Merlín Fest co concerto de Superglú.
O...
leer másEste sábado, 11 de setembro, ás 18.30 horas os nenos de Foz teñen unha cita co espectáculo de Troula Animación Circo Krasnovarak na praza Conde de Fontao.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “enormes animais chegarán este sábado a Foz para facer desfrutar aos nenos. É unha representación dun circo no que os animais escapan por Foz e haberá que buscalos. A compañía Troula Animación tráenos este espectáculo para animar a volta as aulas e comezar setembro con diversión. Animamos a todos as nenas e nenos a ir a desfrutar dunha representación diferente”.
Inés López Couto engade que “ademais desta actividade este sábado ás 19.30 horas na Casa da Cultura a Federación Galega de Espeleoloxía ofrecerá unha charla para divulgar o seu traballo e explicar a evolución das furnas na nosa costa. E tamén está...
leer másA Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo. No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.
Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.
Espazo Leiras e o Grupo de Investigación en Ciencias Sociales y Tecnología (GICSOT) Udima organizan o I Seminario Internacional Mindoniense que, baixo o título Relacións históricas entre Galicia e Portugal, se celebrará os días 16, 17 e 18 de setembro.
Os directores deste seminario son: Dra. Manuel MendoÇa, presidenta da Academia Portuguesa da Historia, e Dr. Felipe Debasa, profesor de Mundo Actual de la Universidad Rey Juan Carlos e director da cátedra Nueva ruta de la seda CEF-UDIMA. Ademais o presidente do comité científico é o Dr. Emilio de Diego, académico de número da Real Academia de Doutores de España e académico de mérito da Academia Portuguesa da Historia. A secretaría académica corre a cargo de Roberto Reigosa, paleógrafo, historiador da arte e comisario da mostra temporal Espazo Leiras.
As inscricións...
leer másO Concello ribadense organiza unha proba de aventura familiar denominada Orienta Ribadeo. Esta actividade nova, que é gratuíta para os participantes, desenvolverase o día 26 deste mes, domingo.
A concelleira de Mocidade, Mari Luz Álvarez, explicou que “co obxectivo de poñer en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar, a empresa galega Territorio Comanche deseñou expresamente para o Concello esta iniciativa”.
A edil ribadense indicou que “a actividade terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 26 de setembro no auditorio de Cabanela. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo...
leer más