Eventos
"A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos", afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Os xoguetes, puzzles, material escolar e libros doados deberán ser novos, ou seminovos e serán entregados coa embalaxe orixinal e sen empaquetar.
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.
Viveiro inaugura o martes 5 de decembro o belén de gran tamaño Viveiro ante o berce e as luces de Nadal.
A alcaldesa, María Loureiro, explica que “Viveiro foi un Concello pioneiro en acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, coa intención de alongar a campaña de Nadal e favorecer así ao comercio e ao sector servizos”.
Ademais deste acendido das luces, inaugurase tamén o propio día 5 o belén Viveiro ante o berce, organizado polo Concello e financiado pola Deputación de Lugo a través dun convenio.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández, sinala que este belén é “un referente a nivel galego, e como tal atrae a moitísima xente de toda Galicia que vén a Viveiro para velo, contribuíndo así tamén á dinamización do sector servizos”.
Con motivo da inauguración desta...
leer másProdutores e creadores locais e de proximidade daranse cita no Mercadiño no Nadal que está a organizar o Concello de Barreiros por segundo ano e que terá lugar o domingo 10 de decembro na Praza do Concello de 11 a 20 horas.
O Concello de Bareiros avanza: “nos vindeiros días irémosvos anunciado os postos que poderedes atopar así como algunha novidade que haberá este ano”.
O Concello de Cervo solicita colaboración da veciñanza do municipio para a elaboración dos beléns de plastilina que estarán expostos na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello, en Cervo, durante o Nadal.
A cita será o día 7 de decembro, xoves, na Casa da Cultura de San Ciprián ás 12:00 horas e na Casa do Concello, en Cervo, ás 18:00 horas.
“Contamos coa túa imaxinación e creatividade! Anímate a participar”, di a organización desta actividade.
A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro.
Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.
E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.
O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16:30 a 21:00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde.
Os días 24...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron o programa de actividades do Concello para este Nadal 23-24, que se desenvolverán desde o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro.
O mércores 20 comezará a programación coa actividade Un Nadal de cores, que será no pavillón municipal de deportes ás 18:00 horas. Ao día seguinte ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico o grupo de teatro de Aspanane representará a obra “Contra o reloxio”. O venres 22 ás 17:00 horas actuará un DJ infantil no pavillón municipal de deportes e á tardiña Papá Noel visitará a residencia de maiores San Bartolomeu e despois irá ao pavillón polideportivo, onde haberá chocolatada. O mesmo día ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Cívico celebrarase a V Gala do Emprendemento Local. Para o sábado 23 está programado o...
leer másO Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que irá chegando nos próximos días a cada un dos fogares cervenses.
Nesta ocasión, o almanaque está protagonizado polas asociacións culturais e polos colectivos de mulleres do municipio “cuxa actividade é absolutamente esencial no día a día do muncipio”, precisou a rexedora, que cederon cadansúa instantánea para ilustrar mes a mes este almanaque tan especial.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, mantiveron un encontro cos representantes dos diferentes colectivos no salón de plenos do Concello, para amosarlles de primeira man o resultado da recompilación fotográfica, e para entregarlles os primeiros exemplares deste...
leer másO acendido oficial será ás 19:30 horas na Praza do Concello, dando así o pistoletazo de saída a máis dun mes de actividades, que se prolongarán ata o día de Reis.
Tras este acto, acompañado da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, terá lugar a actuación do grupo de rock The Hot Tubes sobre o escenario da Praza da Mariña.
A banda porá ritmo á tarde navideña burelesa a partir das 20:00, interprentando en directo os temas máis relevantes do pop rock nacional e internacional.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.
Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:
- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).
- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).
- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei...
leer másO alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.
Este evento conta colaboración do Concello de Foz.