Eventos

Etiquetas:
14/12/2023

A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os/as empadroados/as en no concello de Mondoñedo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982.52.40.03 - extensión 8.

Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Etiquetas:
13/12/2023

O tradicional belén da Rigueira, no municipio de Xove, leva realizándose  por estas datas desde hai máis de tres décadas grazas á iniciativa e dedicación da veciñanza desa parroquia. E desde o pasado domingo, 10 de decembro, pode visitarse tódolos sábados, domingos e festivos de 16:00 a 19:00 horas na Igrexa da Rigueira, excepto Noiteboa e Fin de Ano, días nos que pechará ás 18:00 horas.

12/12/2023

A Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro.

O sábado 16 na Casa do Salmón terá lugar un obradoiro de acuarela para maiores de 12 anos. Será impartido por Rocío Fernández Paz de 16:30 a 18:30 horas. 

O día 22 haberá Cantos de Nadal a cargo da agrupación tradicional A Chocolateira polas rúas da Pontenova desde as 20:00 horas.

E o 29 de decembro a Apalpadora visitará a Casa da Cultura ás 12:00 horas.

Os organizadores anuncian: “acércase o Nadal e temos preparadas cousiñas bonitas para celebrar estas datas cheas de arte, ledicia e música.  Obradoiros, panxoliñas, visitas sorpresa... Gardade datas, que o noso tren ven cargadiño de diversión. Rocío Fernández Paz será quen nos inicie no...

leer más
Etiquetas:
11/12/2023

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o sábado, 16 de decembro, ás 11:30 e 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal, dentro dos actos do 30 aniversario do centro. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.

No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, responsable da EMMeD. 

Pero, sen dúbida, o...

leer más
Etiquetas:
10/12/2023

La Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una comida baile para el 16 de diciembre, sábado, que será la última de este colectivo en 2023.

Se celebrará a las 14:00 horas en el Local de las Sociedades.

La comida será servida por el restaurante O Lar de Balbina y después actuará el dúo Muralla para amenizar el baile hasta las 20:00 horas.

El plazo para apuntarse finaliza el día 12 de diciembre y puede hacerse a través de los teléfonos 659.98.84.51, 619.41.40.23 o 676.05.33.92.

 

Etiquetas:
09/12/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio de O Vicedo, para o 16 de decembro, sábado. A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.

A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. 

 

09/12/2023

O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.

O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores. 

O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.

O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.

Etiquetas:
07/12/2023

Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel,  coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira  da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.

Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos...

leer más
Etiquetas:
07/12/2023

O Concello de Trabada organiza un campamento de Nadal dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados en Trabada ou que teñan familiares empadroados aquí coa finalidade de promover a conciliación da vida laboral e familiar das familias.

Desde o Concello explican que “imos contar cunha programación ampla e variada, dende obradoiros de manualidades e de cociña, actividades interxeracionais cos maiores, proxección de películas ou contacontos así que non dudedes en anotarvos. Tedes prazo ata o 20 deste mes”. 

Etiquetas:
07/12/2023

Xa está aberto ao público o belén 'Viveiro ante o berce' no atrio da Igrexa de Santa María de Viveiro. 

O belén considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

"O belén é un dos referentes do Nadal da Mariña e de Galicia, e constitúe un importante reclamo turístico e cultural para o municipio. A súa relevancia atrae a unha gran cantidade de visitantes, o que supón un impulso económico destacable para a economía local", asegurou a alcaldesa, María Loureiro. 

Viveiro ante o berce estará aberto ata o 14 de xaneiro.