Eventos

Etiquetas:
29/12/2023

A sala de exposición da biblioteca municipal de Viveiro acolle ata o día 6 de xaneiro, sábado, o belén instalado pola asociación Bágoas da Terra. Pode visitarse de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas

É un belén que ten figuras ataviadas co traxe tradicional galego, algunhas delas en movemento, e construcións feitas a man polo artesán Hortensio Gómez. Os murais e o cartel son obras de Esther Raposo.

 

29/12/2023

O Casino de Mondoñedo celebrará un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada do luns, 1 de xaneiro, e contará con ambientación musical.

Para asistir hai que retirar as tarxetas ata este sábado, 30 de decembro, pola mañá. O prezo, que inclúe consumicións ata fin de existencias, para os socios do colectivo organizador é de 20 euros e os que non o son deberán pagar 25 euros.

A reserva de tarxetas pode facerse a través dos teléfonos 686.39.03.19, 609.28.01.91 ou 657.35.88.69.

 

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.

Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.

 

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.

A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.

Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.

XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.

 

27/12/2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este sábado, día 30. Deste xeito avanza na execución do PST, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou hai uns días que “este programa de xeoturismo, que comeza agora e seguirá durante o 2024, está composto de catro...

leer más
Etiquetas:
27/12/2023

O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.

Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.

 

Etiquetas:
27/12/2023

A comisión de festas da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un evento para despedir o ano 2023. Será o sábado 30 e o domingo 31.

O sábado 30 a partir das 23:00 horas haberá chocolatada e verbena amenizada polo cantante Dani Pardo. E ao día seguinte celebrarase unha misa solemne ás 14:00 horas e a continuación sesión vermú, na que tamén actuará Dani Pardo.

 

Etiquetas:
27/12/2023

A Área de Cultura do Concello de Alfoz, organiza para despedir o ano e desfrutar das vacacións de Nadal, unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro no Pavillón Municipal. 

“De 17:30h a 20:30 horas teremos inchables, xogos, o 29 Touro Mecánico e o 30 Láser Tac para todos, de xeito totalmente gratuíto e sen inscrición previa”, explican desde Cultura. 

Etiquetas:
26/12/2023

Un paje real visitará el hipermecado Eroski, de Ribadeo, el próximo jueves, 28 de diciembre. Lo hará en horario de 12 a 14 horas por la mañana y de 17 a 20:30 horas por la tarde. 

De la mano de la Comisión  de la Cabalgata de Reyes de Ribadeo el paje se desplazará hasta esta gran área comercial, situada en Vilar, para recoger las cartas que las niñas y los niños les quieran hacer llegar a los Magos de Oriente: Melchor, Gaspar y Baltasar. 

 

Etiquetas:
26/12/2023

As pícaras e pícaros poden gozar do 26 ao 29 de decembro do Parque infantil de Nadal instalado na Sala Bahía. Conta con inchables, mini tren, obradoiros, barredora…

O Parque Infantil de Nadal está destinado a nenas e nenos a partir de 2 anos de idade. 

O horario de apertura será de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20  horas polas tardes.