Deportes
No Concello de Viveiro tivo lugar a presentación do “DéporCampus Cabreiroá”, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña e que este ano volverá a realizarse no municipio.
Viveiro acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia.
Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón:
http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio
No acto...
leer másEsta mañá presentouse na Praza de San Marcos a Copa de España de Ciclismo Adaptado que se celebrará o vindeiro 26 de xuño en Viveiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización da proba, que terá como anfitrión ao Club Ciclista Viveiro.
A cidade de Viveiro acollerá así a segunda edición desta proba, que puntúa para o Campionato de España de Ciclismo Adaptado e que ten como principal singularidade o seu desenvolvemento en ruta, cun percorrido de 30 quilómetros con saída e chegada en Celeiro.
Segundo explicou na presentación, o presidente do CC Viveiro, César Lage, “trátase da única proba de ciclismo adaptado que se pode facer integramente en ruta en todo o Estado”, ademais “da única proba do Campionato de España que se celebrará este ano en Galicia”
O deputado Efrén Castro...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.
O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes David Rodríguez, e polo Director do Departamento Galego de Taiji Quan da Federación Galega de Kárate e D.A., Miguel Ángel Rojo, que organiza o evento.
Na cita competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80 anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico.
A competición, como xa se apuntou, será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca....
leer másO Concello de Burela anuncia a apertura do prazo de inscrición nas actividades de verán das que poderán desfrutar as nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2015. Todas serán ao aire libre. Haberá rutas de sendeirismo, xogos na praia, rutas en bicicleta, baloncesto e happy dance. O prezo mensual por actividade será de 8 euros e as follas de inscrición deberán presentarse do 21 ao 23 de xuño na Casa da Xuventude. O día 25 farase pública a lista de admitidos e as actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 27 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar o inicio da fecha de inscrición para as actividades deportivas do verán. Este ano temos unha serie de novidades, tamén derivadas da situación na que estamos vivindo. Apostamos polas actividades ao aire libre,...
leer másGermán Arteta e Manu Gómez, director e coordinador da Fundación Celta respectivamente, a alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro de Deporte, Daniel García, presentaron o primeiro campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto nos campos de fútbol do Cascabeiro e As Valgas.
O campus está dirixido para crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del. A cota de participación é de 132 euros e 127 euros no caso do segundo ou sucesivos irmáns. Para as nenas e nenos empadroados en Barreiros a data 01/01/2021, o custo será de 100 euros en calquera caso, aportando o Concello a diferenza de matrícula con respecto á cantidade xeral marcada pola organización.
Segundo Dani García “o campus pretende ser a actividade futbolística de base referente en toda a Mariña no mes de agosto e está...
leer másA Concellería de Deportes anunciou que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se celebrará o día 31 de xullo, cumprindo con todos os protocolos e normativas sanitarias vixentes nese momento. O único percorrido neste 2021 será de 5 quilómetros e o número máximo de participantes de 300.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, dixo que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar que este ano retomamos a carreira nocturna Burela Bonita. Imos facer a quinta edición, o ano pasado non se puido facer debido á pandemia, e imos activala co circuíto de 5 quilómetros e imos prescindir do percorrido de 10 quilómetros. Imos pouco a pouco retomando todas as actividades e entendemos que ao mellor non era moi prudente agora empezar coas dúas carreiras”.
... leer másO 18 de xullo disputarase en Viveiro a primeira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes. O deputado Efrén Castro o presidente do club viveirense, Juan José Casabella, presentaron esta tarde a competición coa que se retoma, despois de varias décadas, o título provincial.
A proba consistirá en tiradas de 150 platos máis unha final olímpica na que participarán os seis mellores tiradores.As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 15 de xuño. A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.
O deputado Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos a organización de copas provinciais...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta a Santo Tomé de Recaré, no Valadouro, este sábado, día 12 de xuño.
A saída será ás 10 da mañá da estación de autobuses de Burela.
Non é preciso anotarse. Cada un terá que levar a súa comida e o desprazamento farase en coche propio.
A organización informa que a ruta ten unha lonxitude de 7 quilómetros cun nivel de dificultade baixa, e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.