Deportes
Esta mañá presentouse no Concello de Ribadeo a II Regata Copa Deputación de Lugo de Piragüismo que se celebrará este domingo, día 6, ás 15:30 horas na ría. Na cita participarán 193 palistas de 6 clubs. Está organizada polo Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, coa colaboración do Concello e da Área de Deportes da Deputación Provincial. No acto participaron: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; Mónica Freire, responsable da Área de Mocidade da Deputación; Jorge Díaz, concelleiro de Deportes; José Ángel Fernández, secretario do Club de Piragüismo Altruán; e Marcos Martínez, adestrador deste club.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo: “en primeiro lugar agradecer ao Club Altruán, a todos os seus efectivos e aos seus colaboradores que aposten outra vez por facer unha regata así porque, independentemente de que vexo que por temas...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ata a cascada de Augas Caídas pola ribeira do río Sor, en Mañón, o día 13 de xuño.
A saída será ás 8:30 horas de Foz e ás 8:30 horas de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 11 de xuño nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é de 3 euros e 4€ para os socios temporais, mentres a actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar, e informa que a ruta, dunha lonxitude duns 11 quilómetros, ten un nivel de dificultade media.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A Concellaría de Deportes de Ribadeo abre este mércores, 2 de xuño, o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán 2021. Ofértanse 90 prazas de catro disciplinas: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2013. A cota é de 40 euros.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou que “na Área de Deportes a partir do mércores, 2 de xuño, se abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán de 2021. As disciplinas serán: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Son en torno a 90 prazas en total nas catro modalidades. As inscricións abriranse ese día 2 e terán preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo e nacidos do 2006 ao 2013”.
O edil dixo que “queremos dar as grazas aos clubs, tanto ao de pesca deportiva como de piragüismo, de surf e de...
As instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “a partir do vindeiro martes, sempre que a situación sanitaria se manteña estable, reabriranse tanto o ximnasio como a pista de pádel”.
@s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Para novas altas:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAcx4M5OJ9GNTZTpSuGGwAAd1WbmRvYGz4_NEi-ohJltN36Q/viewform
A pista de pádel tamén volverá a...
leer másA concelleira de Xuventude, Gemma Méndez Leivas, anuncia a apertura do prazo de inscrición do programa Aberto x Vacacións.
Os nenos e nenas, entre 3 e 12 anos, que desexen pasar as mañás máis divertidas nos meses de xullo e agosto, xa poden facer a súa pre inscrición.
Gemma Méndez subliña que “deberemos continuar con precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos, dalgunhas actividades,... como o fixemos na edición 2020. Pero xa sabemos que non serán impedimento para pasalo en grande. A pre inscrición pode realizarse por quendas e o prazo estará aberto ata o vindeiro 8 de xuño”.
E engade: “terán prioridade aqueles nenos/as cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación e os/as menores...
leer másA Consellería de Política Social abriu o prazo de inscrición nos campamentos e campos de voluntariado programados para este verán, que en Lugo contan con 1.479 prazas en 15 instalacións repartidas por distintas zonas da provincia.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que esta campaña desenvolverase entre os meses de xullo e setembro baixo o lema O Verán que mereces. A oferta completa de actividades no conxunto de Galicia -e tamén en intercambio con outras Comunidades- suma 7.820 prazas e pode consultarse na páxina web xuventude.xunta.es, no epígrafe Acción de verán.
No caso dos campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos, a solicitude de participación pode facerse desde hoxe ata o vindeiro venres 28 de maio, preferiblemente por vía telemática na sede...
leer másRibadeo acollerá mañá, sábado, o 3º Torneo Inter Escolas de Ximnasia Rítmica na súa fase norte. No campionato daranse cita unhas 120 ximnastas de 6 clubs da provincia de Lugo e da Coruña. O evento, organizado polo Club Marusia coa colaboración do Club Porta Norte de Ribadeo, dará comezo ás nove e media da mañá e terá lugar no pavillón municipal.
A responsable do Club Porta Norte, Nelly Bouso, explicou que “é unha parte do torneo Inter Escolas, que se realiza entre todos os clubs de Lugo. Compiten as nenas do nivel máis baixo de competición das escolas, as nenas que se inician neste deporte. O que celebramos nesta ocasión é a fase norte, compiten as ximnastas da provincia de Lugo e da Coruña. Aproximadamente van participar unhas 120 ximnastas. Están divididas en tres quendas de competición para non superar os aforos e cumprir así o...
leer másO Concello de Muras colabora na organización do Trail das Bestas, que se celebrará o día 11 de xullo en A Veiga.
Ademais o día 10 de xullo terá lugar a Nocturna Starlight Serra do Xistral.
O trail curto e andaina terá unha lonxitude de 14 quilómetros, o trail de 27 e o maratón de 43 k.
As persoas interesadas poden obter máis información en www.traildasbestas.com.
Colaboran na organización deste evento: Deputación de Lugo e Marmar Outdoor.
Desde a ACD Xove sinalan que “temos novas e queremos que se entere todo o mundo, polo que facemos una campaña mundial para anunciar a data da próxima edición da Xove Costa Trail. O 21 de Agosto celebraranse a andaina e o trail dos nenos y o 22 de agosto a XCT”.
E engaden: “estade atentos que en breves abriremos inscricións”.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, vén de poñer en marcha un novo servizo dirixido ás persoas usuarias da instalación da piscina municipal, incluído xa na cota mensual ou nos bonos diarios.
Tal e como explicou o edil de Deportes, David Rodríguez, durante a súa visita á piscina na que estivo acompañado por persoal da instalación, “trátase dun servizo de asesoramento persoal que inclúe sesións dirixidas por unha adestradora profesional que axudará ás persoas que o desexen a manter e/ou conseguir ou bo estado físico a través de diferentes exercicios de cardio e tonificación”.
Para este fin, apunta Rodríguez, adecuamos unha sala na piscina e reforzamos o material existente coa adquisición de mancuernas, aros e pelotas de pilates, balóns medicinais ou cintas de TRX; entre outros equipamentos....
leer más