Deportes
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e os membros do Club Medela, Abel Ordás e Víctor Riera.
A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 5 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
Villares e Rodríguez quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes da asociación o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso municipio un marco excepcional para a práctica deste deporte”. Esta proba á que cada ano asisten máis de...
A venda anticipada para o terceiro e último Día do Club da tempada xa está dispoñible. Non quedes sen a túa entrada para a visita do todopoderoso FC Barcelona, que recalará en Vista Alegre este sábado, 29 de febreiro, ás 17.00 horas para medirse á Alma Laranxa.
Oficina
Estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 28, ás 14.00 horas.
Horario de atención: Luns, mércores e xoves (9.00-14.00//16.00-19.00). Venres (9.00-14.00)
PREZOS DE SOCI@S
0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 1 euro
Adult@: 5 euros
PREZOS NON SOCI@S
0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos:...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade, presentada polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, polo instrutor do club, Julio Vázquez, e por varios integrantes da Escola, será o sábado 7 de marzo entre as 10:00 e as 14:00 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os...
leer másO Pescados Rubén Burela FS xa ten habilitada a venda anticipada de entradas para a visita de El Pozo Murcia Costa Cálida, correspondente á xornada 21 de Primeira Masculina, o sábado, ás 18.30 horas.
Os soci@s terán acceso gratuíto. O resto do público poderá adquirir a súa entrada a través desta LIGAZÓN, ata xoves, día 13, ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 14, ás 14.00 horas.
PREZOS NON SOCI@S
0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 5 euros
Adult@: 12 euros
SOCI@S. Gratuíto
O pavillón Vista Alegre acollerá este domingo a presentación e acto de apadriñamento de cinco equipos do Club Baloncesto Burela, o AFAN Benxamín Feminino, Camiña Eu Son Benxamín Masculino A, Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Benxamín Masculino B, DEBRA-Piel de Mariposa Alevín Feminino e Asociación Esperanza Alevín Masculino.
O acto está previsto para as 18.00 horas, nunha tarde repleta de compromisos sobre a pista. Ás 16.30 horas o Benxamín Masculino A medirase ao Cidade de Lugo no Monte Castelo e o Benxamín Masculino B saltará ao parqué de Vista Alegre fronte ao Ensino. Ás 19.00 será a quenda de Alevín Masculino e Alevín Feminino ante o Galen Ensino.
Xunto á directiva do CB Burela, tamén participarán as empresas patrocinadoras Pescados Rubén SL e Academia A Mariña, ademais da Fundación Imdecum e...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Fragavella de Mondoñedo o 9 de febreiro e á que asistirán membros do MIES de Oviedo.
A saída será ás 8:15 de Foz, diante de Cenor, e ás 8:35 horas de Ferreira.
Para participar é obrigatorio anotarse, antes do 5 de febreiro, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a ruta ten un nivel de dificultade media.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
La primera Prueba Popular de Orientación a pie Concello de Lourenzá, que se suspendió el 22 de diciembre de 2019 debido al temporal que hubo ese fin de semana, se convoca ahora para el 8 de marzo de este año. Está organizada conjuntamente por el Club Atletismo Lourenzá y el Club Fluvial de Lugo, con la colaboración del Concello de Lourenzá y las Escolas Deportivas Lourenzá.
El inicio de este evento deportivo tendrá lugar a las 10:30 horas y el cierre de meta será a las 12:45 horas. Habrá tres categorías: Iniciación Corta (menores de 10 años, con 12 balizas), Iniciación Larga (para mayores de 10 años, con 14 balizas), y avanzada/entreno federados (con 22 balizas). A las 10:00 horas, previamente a la salida, se les darán instrucciones a los corredores noveles en las pruebas de orientación. Habrá trofeos para los tres primeros clasificados...
leer másComeza a conta atrás para a visita do titánico Movistar Inter. O líder de Primera, campión de campións, medirase ao Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, e as entradas xa están á vosa disposición.
A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas.
PREZOS DE SOCI@S
0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 1 euro
Adult@: 5 euros
PREZOS NON SOCI@S
0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 10 euros
Adult@: 20 euros
*Os NON soci@s poderán adquirir a súa entrada tamén a través desta LIGAZÓN, ata o xoves, día 23.
O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.
Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.
A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.
... leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.