Cangas de Foz
O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, participou na presentación da XI Feira de Gando de Cangas de Foz, que se celebrará este domingo, día 17 de agosto, na área recreativa dos Castros, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
"Os Cabaleiros de Cangas -apoiados pola comunidade de montes de Cangas e polos colectivos culturais e veciñais da parroquia – organizan unha nova edición desta feira que retomaron fai once anos, recuperando o espíritu da antiga feira de gando que se celebraba o terceiro domingo do mes de agosto. Arredor da feira de gando e do mercado tradicional, a organización programou diferentes actividades para animar o mercado e manter o interese de gandeiros e gandeiras, pero tamén amantes dos animais e visitantes que se acheguen ata a área recreativa ao longo do día. Durante a mañá...
leer másCangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro os días 27, 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas, cando haberá sardiñada, que será gratis para a veciñanza de Cangas e as demais persoas terán que pagar 10 euros. Desde as 23:00 horas terá lugar o Riosmar Fest, con entrada gratuíta, no que actuará a orquestra Kubo, co seu macro escenario, e os DJs Alejandro Martínez e Manu Méndez.
O sábado ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Miramar.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra a San Pedro, cantada polo coro Os Castros; e despois procesión coa Banda de Foz e sesión vermú co dúo...
leer másO Concello de Trabada organiza unha representación teatral para este sábado, día 7 de xuño, ás 21:00 horas na Casa da Cultura. Será a obra As promesas dos galos, a cargo do grupo O Batán, de Cangas de Foz.
“Pechamos o ciclo teatral con humor, talento e cultura local. Unha oportunidade perfecta para apoiar o teatro afeccionado e gozar dunha noite diferente”, anuncia o Concello de Trabada.
A entrada é libre ata completar o aforo.
A Comunidade de Montes de Cangas de Foz organiza unha comida de cocido galego para o día 22 de febreiro, sábado.
As actividades comezarán ás 12:30 horas, con misa na igrexa parroquial. A comida será no Centro Social desde as 14:00 horas e o evento estará amenizado coa música do dúo Principal.
Cangas de Foz celebrará as festas do Carme e San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.
As actividades empezarán este sábado ás 12:30 horas con misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo coro Os Castros, de Cangas, e procesión. Despois haberá sesión vemú co grupo Platinum e a partir das 21:00 horas, sardiñada. A verbena comezará ás 22:30 horas e será amenizada polo grupo Platinum, a orquestra Fania Blanco Show e macro disco co DJ Litainer.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra de San Pedro, cantada polo grupo Mar Aberto, de Foz, e procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:00 horas, xunto á orquestra Los Players.
Run Foz Run organiza un campamento de verano que se desarrollará en el Centro Cívico de Cangas de Foz del 1 al 31 de julio, de 10:00h a 13:30 horas de lunes a viernes.
“Desde el campamento de verano Run Foz Run creemos que los períodos vacacionales son perfectos para promover el aprendizaje a través del deporte y generar nuevas experiencias que los niños/as recordarán siempre. Nuestro principal objetivo es que los niños/as de 6 a 17 años lo pasen bien y crezcan como personas, con unos valores que les sirvan para hoy y para el futuro y gracias al deporte, como hilo conductor y a nuestro gran equipo humano estamos convencidos de que disfrutarán de una experiencia única y enriquecedora. El hilo conductor será el deporte: fútbol, baloncesto, atletismo, surf, kayak… y tenemos preparadas múltiples actividades de carácter lúdico como excursiones...
leer más