Foz
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou nos xardíns do Pazo de San Marcos a quinta edición do Coñece o románico da provincia de Lugo, o programa da Deputación de rutas gratuítas guiadas polo patrimonio lucense. Un acto no que estivo acompañado por deputados e deputadas e tamén alcaldes e concelleiros e concelleiras dos municipios polos que van discorrer estas rutas. “Unha cita xa consolidada na nosa programación turística, que ano tras ano confirma o interese, a curiosidade e o orgullo que sentimos pola nosa historia e polo noso patrimonio”, valorou o mandatario provincial.
“Estas rutas non son só unha actividade turística. Son, sobre todo, unha oportunidade para redescubrir o noso territorio con outros ollos”, apuntou Tomé Roca, quen argumentou que “moitas veces buscamos experiencias a centos ou miles de quilómetros...
leer másA parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará a Festa das Flores esta fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas. No descanso haberá sorteos sorpresa.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne e procesión ao redor da capela do Socorro. Despois haberá sesión vermú do dúo Estrella
Organiza esta festa a Asociación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que haberá carpa.
A asociación veciñal O Torques de Marzán (Foz) organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o día 24 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas desde o Parque do Cristo.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen á asociación O Torques deberán pagar 64 euros. O pago realizarase por adiantado. O último día para retirar o ticket é este vernes, 16 de maio, e as prazas son limitadas.
O prezo inclúe: viaxe ida e volta Foz-Santiago, visita con guía ao conxunto monumental da cidade e comida en restaurante do centro.
Este xoves, día 15 de maio, ás 20:30 horas na Librería Bahía, de Foz, celebrarán o Día das Letras Galegas coa presentación do libro titulado Bóveda, a memoria no lugar, a cargo do seu autor, Óscar Górriz.
“Trátase dun libro de recollida etnográfica e musical con textos e fotografía. Teremos música de pandeireta completando a presentación”, explica Librería Bahía, que ademais anuncia: “o venres día 16 de maio haberá un 10% de desconto en todos os libros escritos en galego, para celebrar as nosas letras e promover a compra de libros en galego”.
O sorteo tivo lugar en Radio Foz esta mañá. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa asistencia da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade.
Os números afortunados foron: 3.748 (papeleta entregada en Seguros Allianz); 21.842 (en Infotec); 4.587 (en Centro Dietético Alba Vila); 20.005 (papeleta entregada en Carnicería Salai Campo); e 12.538 (en Cenor Belianorte).
As persoas agraciadas poden contactar co teléfono da asociación 982 132 751.
Desde Acia-Foz CCA agradecen a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz na campaña do día nai, que se desenvolveu entre o 25 de abril e o 8 de maio. “Agradecemos a fidelidade ao comercio local para facer as compras durante todo o ano e tamén en datas tan sinaladas como a que se acaba de celebrar”, sinalan desde Acia Foz-CCA.
La Asociación Española Contra el Cáncer organiza rutas saludables en Foz los viernes a las 19:00 horas desde el 16 de mayo hasta el 13 de junio.
Es una actividad gratuita dirigida a toda la población. El recorrido será desde la Avenida da Ribeira, en el muelle, hasta la playa de Llas, ida y vuelta.
Para asistir es necesario inscripción previa, que puede hacerse a través del teléfono 639.262.312 o del correo electrónico lugo@contraelcancer.es.
O Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, acolle ata o día 23 de maio a exposición titulada Os maragatos da porta de San Pedro. Está organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro e estivo anteriormente en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Monterroso, Mondoñedo e Lourenzá.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o segundo tenente de alcalde, Ángel Fernández; a técnica de Cultura, Pilar López, a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz , Ana Segade; e Xulio Xiz en representación de Egeria.
Foz acollerá un Sparring Day de kickboxing, que se celebrará no Campo da Cabana o día 17 de maio, sábado, en xornada de mañá. Está organizado polo club Foz Contact Ari coa colaboración do Concello focego.
Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e a presidenta do club Foz Contact Ari, Vanesa Ares.
O edil delegado de Deportes anima a “achegarse polo Campo da Cabana para desfrutar dunha xornada de sparring, xa que será un espectáculo por celebrarse ó aire libre e nunha fermosa contorna. Dende o Concello de Foz queremos agradecer a Vanesa Ares a súa implicación por dar a coñecer este deporte, que está tendo boa acollida”.
Esta xuntanza estaba prevista para o pasado 28 de abril, pero a directiva da FCAM decidiu suspendela debido ao apagón que sufriu ese día o país.
No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, comentou que “o vindeiro 14 de maio celebraremos a xuntanza, que nos vimos na obriga de suspender hai uns días por mor do apagón do pasado 28 de abril, xornada na que ía ter lugar este encontro”.
... leer másO programa da romaría de Obispo Santo, no concello de Foz, inclúe actividades os días 4, 9, 10, 11 e 18 de maio.
Este domingo, día 4 de maio, ás 17:00 horas haberá misa e traslado da imaxe de San Gonzalo da basílica de San Martiño ao monte da Grela, onde terá lugar o primeiro pregón da historia da romaría a cargo de María José Gómez Rodríguez (conselleira do Medio Rural)
O venres 9 de maio será a primeira verbena, amenizada polo grupo Mar de Arousa e a orquestra El Combo Dominicano.
Para o sábado 10 de maio están programadas as seguintes actividades: ás 13:30 horas, misa e procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Principal; ás 16:00 horas, actuación do grupo de gaitas Dambara; ás 17:00 horas, espectáculo do Mago Paco; ás 18:00 horas actuarán dous DJ; e a verbena estará amenizada...
leer más