Foz
Desde o martes 20 ata o xoves 22 de agosto disputarase en Foz un torneo de baloncesto 3x3 sub dentro do programa de actividades denominado As Noites, organizado polo Concello de Foz. Será no Campo da Cabana desde as 22 horas e poden participar os maiores de 10 anos.
O prazo de inscrición para participar remata ás 14 horas deste martes, día 20 de agosto.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira do Libro de Foz, que se celebra do 16 ao 19 de agosto na Praza Conde Fontao.
O deputado de Mocidade Daniel García participou na inauguración da cita cultural, que convidou “a visitar o posto do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo na feira e aproveitar a feira para mercar nos postos de venda das librarías. “Estas feiras danlle á lectura unha visibilidade e unha dimensión colectiva que resulta moi propicia para crear e fidelizar lectoras e lectores. Ademais, supoñen unha oportunidade para coñecer novidades editoriais e impulsar as vendas das librarías, que son fundamentais para soster unha rede cultural forte nos nosos concellos, no noso país”, destacou durante o acto de inauguracion,que tivo como pregoeiro a Lois Pérez.
... leer másDurante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nota edición do...
leer másA parroquia focega de Vilaronte celebra o XLIX Festival do Emigrante os días 16 e 17 de agosto, venres e sábado, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva O Castro.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas co pregón a cargo de Dolores Teijeira Fernández. E ás 21:00 horas o grupo de teatro O Pedroso representará a obra “A inmortal”.
E o sábado ás 09:00 farase a ruta de sendeirismo O Castro – Barral - Espiñeira - O Castro. Ás 13:00 horas haberá misa e ofrenda floral na igrexa parroquial e ás 14:00 horas actuará o grupo de gaitas A Subela. Para as 17:00 horas están programados xogos tradicionais e ás 20:30 horas empezará unha cea, para rematar a xornada festiva con verbena amenizada polo dúo EpoK.
A área recreativa Obispo Santo, de Forxán (Foz), acollerá o vindeiro 15 de agosto a II Festa do Mexillón, que conta cun 100% de produto galego.
Os asistentes poderán degustar un rico menú que inclúe mexillóns, empanada, auga ou viño, requeixo e café nunha carpa con servizo de bar. Dito menú ten un custo de 15 euros. Ademais haberá DJ, colchonetas infantís gratuítas e unha gran actuación musical.
O evento dará comezo ás 14:00 horas.
Os tíckets pódense adquirir nos establecementos membros da asociación: Bar O Candil (San Martiño), Bar Escairo (Marzán) e Mercacartuchos (Foz). Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número 982 87 74 46.
A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo conta coa colaboración do Concello de Foz, da Deputación de Lugo,...
leer másA Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.
A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis.
A quinta edición do Festival de Bandas Vila de Foz celebrarase este mércores, día 7 de agosto, desde as 19:30 horas na praza Conde de Fontao.
Neste evento musical participarán as bandas Unión de Lantaño, do concello de Portas; de Antas de Ulla e de Foz. Tamén actuarán os intérpretes vocais Felipe Sánchez e Margarita Gutiérrez.
A marcha nocturna, que organiza Os Sendeiros de Foz, terá lugar o 14 de agosto ás 22:00 horas con saída desde a praza do Concello.
Recoméndase levar lanterna ou farol. O prezo será de 5 euros para os non federados. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 12 de agosto nos seguintes teléfonos: 606 718 482 ou 670 369 017, ou tamén no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
Trátase dunha sinxela ruta que rematará con chocolate e biscoito.
A Coral Polifónica de Foz organiza a trixésimo sexta edición do Encontro de Corais Galaico-Astur, que se celebrará este sábado, 3 de agosto, ás 19:30 horas na Sala Bahía.
Acturán o coro Vestusta, de Oviedo; a coral Endesa, de As Pontes; e a Coral Polifónica de Foz.
O artista mariñán Otero Regal mostrará a súa exposición titulada “Esculpir o vento – Paisaxes” en Foz, concretamente no edificio do Cenima, desde este venres, 2 de agosto, ata o día 31 de mesmo mes.
A inauguración terá lugar este venres, 2 de agosto, ás 20:00 horas na sala de exposicións do Cenima, que está na Avenida da Ribeira, na vila focega.
Otero Regal conta con obradoiro propio de cerámica en Xunqueira (Viveiro). Impartiu cursos de raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España e realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados. Posúe obra en museos, fundacións e coleccións privadas de España, varios países europeos, Estados Unidos e Xapón. No ano 2011 recibiu o premio nacional de artesanía Promociona por parte do Ministerio de Industria.