Torneo

Etiquetas:
12/08/2025

Os días 18 e 19 de agosto, luns e martes, celebrarase na Praza da Mariña o torneo de fútbol 3x3 Concello de Burela. Os partidos xogaranse a partir das 20:00 horas.

As inscricións faranse na Casa da Xuventude ata o 18 de agosto, de 8 a 13horas, anuncia o Concello de Burela, que explica: “por motivos do seguro de accidentes non se admitirán inscricións fóra de prazo. Se a climatoloxía non acompañara a actividade trasladarase ao Pavillón de Os Castros”.

Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982.581.141.

Etiquetas:
07/08/2025

Os días 12 e 13 de agosto, martes e mércores, celebrarase na praia urbana de Burela o primeiro torneo de volei praia Concello de Burela.

Está aberto a todas as idades e contará con dúas categorías: júnior (menores de 18 anos) e sénior (maiores de 18). Poderán participar tanto equipos masculinos como femininos, e os partidos xogaranse en formato 4x4.

A inscrición é de balde e pode facerse a través do número de teléfono 637.562.348.

Etiquetas:
01/08/2025

Os equipos Real Madrid Castilla e Racing de Ferrol disputarán en Viveiro o torneo de fútbol Memorial Luis de Carlos este sábado, día 2 de agosto. Será no Estadio Cantarrana ás 19:00 horas.

O Concello de Viveiro dará o nome de Kiko Rey ao Estadio Cantarrana en homenaxe ao histórico dianteiro viveirense. O propio Kiko Rey fará o saque de honra deste partido e descubrirase unha placa conmemorativa.

Etiquetas:
28/07/2025

O campo municipal Pepe Barrera acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo. 

Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.

Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido...

leer más
Etiquetas:
25/07/2025

Cultural Leonesa (Segunda División) e CD Lugo (1ª RFEF) serán os equipos que disputen a XXXVI edición do trofeo Vila de Foz o día 9 de agosto, sábado, ás 12:00 horas no Estadio Martínez Otero.

Desde a renovada directiva do CD Foz agradecen “de antemano la participación y predisposición de ambos equipos en el prestigioso trofeo veraniego en la localidad de Foz en plenas fiestas de San Lorenzo, además de agradecer todas las facilidades que nos ofrece el Concello. Tenemos que mostrar nuestra alegría e ilusión por conseguir cerrar un duelo apasionante entre dos equipos de renombre que deleitarán al público existente en un engalanado Martínez Otero recién pintado, esperando recibir a los contendientes en una alfombra después de la inversión acometida en el mantenimiento del césped, esperemos acorde a la categoría de los equipos. Un trofeo...

leer más
Etiquetas:
17/07/2025

O campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá o primeiro Torneo de Fútbol Grupo Breogán o día 10 de agosto domingo. Participarán o Real Sporting de Gijón, o Racing Club de Ferrol e o CD Arenteiro.

O Ribadeo FC anuncia que o “I Torneo Breogán contará na súa primeira edición cun cartel espectacular. Terá lugar o domingo 10 de agosto de 2025 no Estadio Municipal Pepe Barrera (Ribadeo). Ás 12:00 horas, CD Arenteiro - Real Sporting de Gijón; e ás 19:00 horas Racing Club de Ferrol - Real Sporting de Gijón. Os prezos das entradas para cada partido serán de 15 euros (maiores de 15 anos); e de 5 euros (nenos/as entre 8 e 15 anos). Pódese adquirir un bono para os dous partidos por 25 euros (maiores de 15 anos); e de 8 euros (nenos/as entre 8 e 15 anos). Os nenos de menos de 8 anos teñen acceso gratuíto. Os bonos para os dous partidos poden...

leer más
Etiquetas:
09/07/2025

Burela acollerá un torneo de fútbol praia nas categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. Será os días 14 e 15 de xullo, luns e martes, a partir das 19:30 horas.

 “Por segundo verán consecutivo, desde o Concello de Burela, xunto co club SD Burela, presentamos este emocionante torneo de fútbol praia. O ano pasado gozamos dun ambiente espectacular en todas as categorías, cunha gran afluencia de público que encheu de vida a nosa praia urbana. Apunta na axenda os días 14 e 15 de xuño para disfrutar desta festa deportiva no entorno da praia. Inscricións abertas: escanea o código QR e anota o teu equipo!”, anuncia o Concello de Burela.

Etiquetas:
06/07/2025

Burela acollerá o primeiro Torneo de Fútbol 7 Sub-16 e Sub-19 a partir do día 14 de xullo, luns.

O Concello de Burela anuncia que “o campo da Marosa converterase no escenario dun torneo que busca moito máis ca competición: compañeirismo, valores e ilusión polos deportes”.

“Dende a Concellería de Deportes e a Asociación Cultural Deportiva Veteranos SD Burela impulsamos esta iniciativa para rapaces das categorías Cadete e Xuvenil, dentro das actividades deportivas do verán de 2025. Para participar as inscricións están abertas. Enviade ficha de inscrición, copia do DNI, autorización familiar e xustificante de pago a actividadesdeportivas@burela.org”, explica o Concello de Burela.

19/06/2025

Esta fin de semana celebrarase a novena edición do torneo de fútbol base Marosa Cup, que organiza o club SD Burela, que anuncia: “o sábado 21 será o turno dos equipos de fútbol 8 e o domingo 22 tocaralles aos infantís e cadetes. Estamos moi contentos de poder dicir que esta é a edición máis grande ata o momento. En fútbol 8 participarán 44 equipos dun total de 16 clubs. En fútbol 11 participarán 37 equipos dun total de 24 clubs. Como novidade, o domingo estaremos en 3 sedes: Burela, San Ciprián e Foz”.

18/06/2025

O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este mércores a presentación da XII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros, José Antonio Villamor e Javier López. O torneo, organizado pola Fundación Imdecum coa apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 20 ao 24 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida “que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación.

O torneo contará con máis de 1.000...

leer más