Foliada
O Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, “unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición”.
A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que “converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións”, explica o Concello, que engade: “a maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 horas tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira. Pola noite, a partir das 21:00 horas contarán coa...
leer másA Asociación Cultural Saíñas, de Xove, celebra este sábado, día 24 de outubro, unha nova edición da Foliada da Mariña, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado provincial Daniel García e integrantes do colectivo cultural presentaron o programa deste encontro, que “encherá a Praza do Concello de música e baile tradicional a partir das 17.00 horas”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “as actuacións de Pensamento e Sementeira, de Viveiro; Arco da Vella, de Barreiros; Gamelas e Anduriñas e das formacións de gaita e pandeireta de Saíñas abrirán a xornada, que contará con concertos de Alana e Os do Fondo da Barra”.
Daniel García reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co asociacionismo de base” que, lembrou, “ten un papel fundamental na...
Xove celebrará a XVII Foliada da Mariña o día 24 de outubro, sábado. Está organizada pola Asociación Cultural Saiñas, que anuncia: “chega a XII Foliada da Mariña, unha tarde noite para encher a Praza do Concello de música, baile, tradición e moita festa. E este ano, ademais, acompañaranos diferentes grupos da comarca para facer desta foliada unha celebración aínda máis especial. E, por suposto, tamén gozaremos das actuacións de Alana e Os do Fondo da Barra, para rematar a noite cunha foliada libre”.
As actividades comezarán ás 17:00 horas, Alana actuará ás 21:00 horas e a continuación farano Os do Fondo da Barra.
A Praza dos Fornos da Pontenova acollerá esta fin de semana, sábado 13 e domingo 14 de xuño, a novena edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Musical A Chocolateira coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.
O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse á Pontenova, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha fin de semana festiva arredor da música tradicional.
A Praza dos Fornos encherase de actividade con actuacións musicais de A Chocolateira, Foliada de Bosente e Comando Curuxás, xogos tradicionais da man de Xotramu e Troitas Bravas, un obradoiro de baile con Marina Rancaño, un espectáculo de circo e clown con MeRE-CIDAMENTE ou un obradoiro de creación de chapas, distribuídos ao longo...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 2 de maio á X Foliada e á Feira de Artesanía, que terá lugar na Praza do Souto durante todo o día.
“O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia”, anuncia o Concello de Cervo, que especifica: “ás 10:00 horas haberá un obradoiro de Percusión Miúda, con Ramón Dopico, nas Escolas Vellas de Cervo, que dará paso á apertura da Feira de Artesanía e Alimentación. Tamén pola mañá haberá un roteiro interpretativo (A flora do Camiño Real de Cervo) con Pedro Rolle que partirá ás 11:00 horas da Praza do Souto. Ao mediodía arrincarán os Pasabares coa participación de agrupacións de diferentes puntos da bisbarra. A continuación está prevista a sesión vermú con Mediarea. Xa pola tarde haberá un obradoiro de baile foliadeiro con Xabi Iglesias e...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá unha foliada o día 24 de xaneiro, sábado, para celebrar o 40 aniversario da asociación cultural Osorio Gutiérrez. Será desde as 19:00 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.
“Para celebrar os 40 anos da AC Osorio Gutiérrez organizamos unha gran foliada aberta a toda a veciñanza! Os grupos interesados en participar podedes contactar connosco polas nosas redes sociais”, anuncia a organización do evento.
A oitava edición da Foliada A Chocolateira celebrarase na Pontenova esta fin de semana, o venres 6 e o sábado 7 de xuño. Está organizada pola asociación Eco das Minas, que anuncia que haberá “obradoiros, xogos tradicionais, mercadiño artesanal e concertos para todas as idades. Unha xornada para bailar, cantar e disfrutar da música e da cultura tradicional”.
A VIII Foliada comezará o venres ás 19:30 horas coa actuación de A Chocolateira. Ás 20:00 horas terá lugar a proxección do documental Lévame a Idea, que “reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva”. É unha produción de Navíos e Folerpas dirixida por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.
O sábado abrirase o mercadiño...
leer másRibadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.
Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.
O día 3 de maio, sábado, celebrarase a novena edición da Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que encherá de música e actividade a contorna da Praza do Souto e que contará un ano máis coa colaboración do Concello de Cervo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena organizan esta xornada cun amplo programa musical, con actuacións de Ailá (22.00 horas) e A Requinta de Lampai (14.00 horas), ademais dunha quincena de grupos de música tradicional no pasabares e na foliada.
O programa musical e a feira de artesanía compleméntanse con actividades para diferentes públicos durante toda a xornada: un obradoiro de pandeiro e pandeireta (Noemí Basanta) e un paseo guiado (Guido Guía) pola mañá; xogos tradicionais (Xogando nas Nubes) e obradoiros de baile tradicional (Marcos Botana) e de enredos musicais (Oli...
leer másA Asociación Musical A Chocolateira, da Pontenova, organiza a súa sétima foliada para este sábado, 1 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14:00 horas terá lugar a actividade “Honra os nosos gaiteiros”. De 15:30 a 17:00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18:00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, ás 19:30 horas actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21:00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22:00 horas.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












