Burela
O vindeiro sábado, día 15, terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía. O Concello colabora coa organización do evento, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.
A Coral Polifónica de Burela organiza este festival no que actuará xunto ás Corais Polifónica de Campo Lameiro, de Pontevedra, e La Encina de Mata de San Felices de Buelna, de Cantabria.
A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude en colaboración coa Deputación de Lugo ten o pracer de convidar @s alumn@s, aos equipos docentes, asociacións de nais e pais de todos os centros educativos da Mariña Lucense, así como ao público en xeral a asistir á charla A produción cinematográfica, que terá lugar o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será impartida por Alfonso Zarauza, cineasta compostelán gañador de 2 premios Mestre Mateo ao mellor guión e mellor director polo seu filme Os fenómenos e Carlos M. Carbonell, produtor do filme Arima, gravado recentemente na provincia de Lugo.
De seguido proxectarase a curtametraxe A rapa das bestas, de Jaione Camborda e a longametraxe Os fenómenos do propio Zarauza. Trátase dun drama social que, con pinceladas de humor, fala do esplendor...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela volve preparar a campaña de Nadal de este ano centrada en chamar a atención para que Burela continúe sendo núcleo de comercio na Mariña e que os negocios locais consigan mellores resultados que o ano anterior. Para lograr estes obxectivos, redobrarán esforzos facendo unhas xornadas lúdicas e atractivas para todo o mundo durante todo o tempo que duren as festividades.
O día 7 de decembro, será a data de arranque do Nadal co acendido do alumeado público. A asociación de comerciantes estará presente desde ese día cunha participación moi especial na iluminación e coa a organización do pregón que este ano correrá a cargo de Joni Ramos, un músico que ofrecerá un espectáculo moi especial de Jazz e Soul.
Tamén o día 7 farase entrega das 10 entradas para o Ballet O Cascanoces para os...
leer másA Delegación de Cultura ven de presentar a súa programación para este mes de decembro. Este sábado, día 8, haberá títeres e un obradoiro infantil de manualidades. Os días 8 e 9, sábado e domingo, terá lugar o Mercadiño de Nadal das asociacións locais. Os pratos fortes da axenda cultural deste mes serán o ballet clásico El Cascanueces, que chegará a Burela o 23 de decembro, e o musical infantil Rapunzel, o día 29. As entradas en ambos casos poden adquirirse en ataquilla.com.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana ya, el sábado 8 a las seis de la tarde, la compañía Tanzarina presenta una obra dirigida al público infantil que se titula A galiña azul. Ese mismo sábado y el domingo 9 tendremos el Mercadiño de Nadal de varias asociaciones del pueblo. Será en la plaza de abastos desde la doce de la mañana hasta...
leer másO vindeiro luns poñeranse á venda as entradas para o ballet clásico El Cascanueces, que se poderá ver na Casa da Cultura o 23 de decembro. Será a través de ataquilla.com aos prezos de 15 e 18 euros. Esta é a segunda vez que Burela acolle un espectáculo destas características, segundo subliñou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz. O Gran Ballet de Kiev (Ucrania) será o encargado de poñer en escena esta obra.
Díaz manifestou que “desde el Concello de Burela queremos presentar un evento que tendremos el día 23 de diciembre aquí, en el auditorio municipal, a las siete de la tarde, que va a ser el ballet clásico El Cascanueces de Tchaikovsky. Va a ser la segunda vez que tengamos un ballet de este nivel en Burela, el primero fue el año pasado en navidades y había funcionado muy bien en cuanto a público y calidad. Es a través de la misma...
leer másA Banda de Gaitas Dambara de Burela organiza o Día da Música que se celebrará o sábado 24 de novembro.
A xornada desenvolverase na antiga praza de abastos e actuarán os grupos bureleses da propia Banda de Gaitas Dambara, Batuko Tabanka, Acordeonistas da Mariña, O Xogaral, Ledicia, Raíces Peruanas de Burela, a Banda CCTT Sto. Inocencia de Teixeira, Eu Sond Band, a Coral Polifónica de Burela e Desiderio, Modesto, Nela e Hilario. Tamén intervirán neste Día da Música os grupos de Brisas del Navia de Medal (Asturias), Forget La France de Lugo e A Rebolaxe de San Ciprián.
Ao remate destas actuacións haberá unha foliada libre. Tamén terá lugar un xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas. O menú do xantar estará composto por sopa de cocido, xamón cocido, chourizos, patacas, repolo, viño do país, sobremesas caseiras e...
leer másO Concello de Burela ven de poñer en marcha unha ruta circular de sendeirismo. Ten unha lonxitude de máis de 16 quilómetros e percorre as praias, os paseos marítimos, as zonas xeolóxicas e o Monte Castelo, entre outras localizacións. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, salienta que é unha nova aposta pola atracción de turismo. O investimento ascendeu a 8.000 euros.
Fernández Rey anunciou que “imos inaugurar a nova sinalización dunha ruta circular que Pasada das Cabras, que é unha asociación de sendeirismo de Burela, nos tiña solicitada fai tempo. Puxémonos a traballar na delimitación deste espazo e despois de conseguir todos os permisos, que nos levou o seu tempo, hoxe xa podemos dicir que é unha realidade a sinalización desta ruta”.
O edil burelés explicou que “é unha ruta circular por todo o concello...
leer másEste fin de semana terán lugar en Burela a inauguración dunha exposición de pintura, unha representación teatral e unha nova sesión de cine infantil.
A axenda cultural de Burela para a fin de semana arrinca mañá, venres, coa inauguración dunha exposición do pintor, afincado en Burela, César Maseda. Esta mostra, titulada Iconos, estará na Sala de Arte da Casa da Cultura ata o día 30 de novembro. O horario de visitas será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Ao acto de inauguración, que se celebrará mañá ás 20:00 horas, asistirán o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Este sábado, 10 de novembro, o grupo de teatro Lume Escénico de A Pontenova presentará Hotel Rosamar. A representación será ás 20:30 horas e inclúese no programa Buxiganga de Teatro...
leer másO pavillón Vista Alegre de Burela acollerá este sábado, 10 de novembro, a celebración dos 22 Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia. Darán comezo ás 11 da mañá e participarán 19 asociacións de toda a comunidade galega con 270 deportistas, 59 adestradores e 52 voluntarios. O evento está organizado por Special Olympics e a Fundación Eu Son coa colaboración dos Concellos de Burela, Cervo e Foz e a Deputación de Lugo. Alumnado da Escola Municipal de Música de Burela co seu director á cabeza, Xan Carballal, interpretará o himno galego ao inicio deste evento deportivo.
O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que “imos ter un acontecemento deportivo extraordinario, de singular beleza, cooperación e motivación para moitos rapaces e rapazas que van acudir aquí o sábado, día 10. É a 22 edición de Xogos Autonómicos de Baloncesto que...
leer másEste venres, 9 de novembro, celébrase en Burela a cuarta edición da Festa da Castaña a partir das sete da tarde na praza da Mariña. Haberá castañas, bolos preñados, contacontos e sorteo de agasallos. En caso de mal tempo trasladarase á praza de abastos. Colaboran co Concello na organización deste evento a asociación de Asadores de Burela, Ledicia, Arume e a Acia local.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana en Burela imos facer a Festa da Castaña. Vai ser a cuarta edición xa, empezamos en 2015. A verdade é que neste tres anos a resposta da xente foi boa con actividades ademais de bailes tradicionais a cargo de asociacións do pobo”.
O edil burelés dixo que “este ano repetimos co mesmo formato, coa axuda da asociación de Asadores de Burela, que serán os encargados de preparar as...
leer más