Burela
A Concellería de Cultura colabora na organización da II Gala Solidaria Eu Son Burela, que se celebrará mañá, 28 de decembro. Terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros.
Nesta gala, presentada pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, actuarán: Iván Pérez (True Montains), Mario Arranz, Hugo Eiroá, Alberto Eiroá, Big Voice, Crooner 432, Álvaro Crego, Xaco Salgado, Raúl de J., As Moreninhas, Dambara, Arume, Batuko Tabanka e a Escola Municipal de Música de Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, convida a todos a asistir a esta gala “ademais de pola calidade dos artistas convidados, é unha cita importante dado o carácter solidario do evento”.
A compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas.
A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.
Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira.
... leer másO Coro Parroquial actuará este luns, día 24, na igrexa de Vila do Medio ás 17:30 horas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés contou que “desde a Concellería de Turismo vimos de falar co cura de Burela, máis co Coro Parroquial, e aproveitando que estamos abrindo a igrexa de Vila do Medio para visitar o belén que fixeron alí os veciños decidimos facer un acto para darlle un pouquiño máis de relevancia, se cabe, ao belén”.
Fernández Rey subliñou que “o vindeiro luns, día de Noiteboa, imos facer alí unha actuación do Coro Parroquial con villancicos. Queremos invitar a todos os veciños e veciñas, que o teñan a ben, a acudir a este acto para que participen nel porque pensamos que vai ser bonito e entrañable para celebrar estas datas de Nadal”.
O...
leer másA Concellería de Cultura apostou un ano máis pola instalación dunha carpa na Praza da Mariña con actividades para @s nen@s durante as festas de Nadal.
Estará aberta desde hoxe ás 17:00 horas ata o día 7 de xaneiro. Haberá obradoiros, xogos, photomaton, karaoke e inchables. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 21:00 horas durante as tardes.
O día do neno será o 7 de xaneiro. Será a última xornada destas actividades que serán gratuítas durante esa xornada.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, pensa que “será, como nos dous anos anteriores, un espazo para a diversión dos máis pequenos e das familias, a salvo das inclemencias meteorolóxicas e nunha época na que hai moito movemento comercial e de ocio polas rúas de Burela”.
O edil burelés...
leer másLa Organización de Productores Pesqueros de Lugo presentó esta mañana en la Lonja de Armadores Burela su campaña de promoción “Merluza del Pincho de Burela”, que incluye un calendario 2019 con recetas de chefs gallegos del Grupo Nove y presencia en las redes sociales y medios de comunicación durante las fechas de Navidad, además de otras acciones que se anunciarán antes de fin de año.
En la presentación, que tuvo lugar en una de las salas de subastas de la lonja burelesa, participaron representanes de la OPP-07 y de Armadores de Burela: Juan José Otero, Sergio López y José Manuel Fernández, presidente, gerente y técnico de la OPP Lugo; Abelardo Basanta y Miguel Neira, presidente y gerente de Armadores de Burela.
Defendiendo que la merluza del pincho es un producto fresco disponible durante todo el año, la OPP-07...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela organiza o día 22 de decembro un pasarúas musical a cargo dunha banda de Papás Noeis que percorrerán as rúas da vila e amenizarán as compras que se fagan estes días. Poderase ver a actuación entre as 17.00 e 22.00 horas.
A comitiva non virá soa xa que un grupo de elfos axudantes percorrerán os comercios asociados que recollerán as cartas dirixidas a Papá Noel para levalas directamente ao Polo Norte onde xa está case todo preparado para o reparto de regalos. Os elfos estarán tanto o sábado 22 como o domingo 23 polas tardes de 17.00 a 20.00 horas.
Queren lembrar, tamén, que o domingo 23 de decembro os comercios permanecerán abertos todo o día para facilitar que as compras se poidan facer en calquera momento.
Todo isto para prepar o prato forte, que será a...
leer másDentro da programación de actividades que organiza a Escola de Música, inclúese o xa tradicional concerto de Nadal denominado Concerto en familia.
Segundo conta o director da Escola “participarán neste recital alumnos e alumnas de todas as idades, dende os mais pequenos, agrupados nos colectivos de Música e Movemento e Formación Básica, que levarán adiante coreografías e cancións propias destas datas e ideadas polo seus mestres. Tamén contaremos con todas as agrupacións da Escola, como son o grupo de jazz, agrupacións de corda, coro, cantantes e rematando coa Banda de Música dirixida por Bruno Álvarez”.
Este é un concerto público e gratuíto, “onde os alumnos amosarán o seu bo facer por medio do traballo que realizaron durante este primeiro trimestre do curso”, engade Xan Carballal.
O...
leer másO Concello pon persoal na igrexa de Vila do Medio para facilitar as visitas ao belén instalado pola veciñanza nese templo. Será posible facelo durante o Nadal nos días laborables en horario de 16 a 19 horas. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, asegura que o belén é espectacular e anima á xente da Mariña a acudir a velo.
O edil burelés manifestou que “desde a Concellería de Turismo anunciamos que a partir de hoxe imos ter persoal na igrexa de Vila do Medio para que a xente poida visitar o belén que fixeron alí os veciños”.
Para Ramiro Fernández Rey “a verdade é que é un belén espectacular e moi chamativo. Decidimos, en horario de tarde os días laborables, ter unha persoa alí para poder ensinalo, e que todos os veciños, visitantes, e incluso xente da Mariña que queira ver este belén, que xa digo que...
leer másO vindeiro luns, 17 de Decembro, ás 10:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, alumn@s e profesores da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto para os centros de primaria e secundaria da localidade. O motivo desta iniciativa é achegar a música e os instrumentos aos alumnos destes centros.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, explica que “as agrupacións participantes son as que están a desenvolver un traballo continuo dentro da Escola e ao longo do curso e por medio delas coñeceremos os instrumentos que forman parte dunha orquestra de corda como son: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. Os instrumentos dunha banda: toda a familia de vento madeira, vento metal e instrumentos de percusión”.
E engadiu que “as obras que se interpretarán serán, sobre todo,...
leer másBurela acolle unha exposición fotográfica titulada No colo da esperanza, do fotoxornalista Felipe Carnotto que se pode visitar ata finais de decembro en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.
Segundo explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación “a mostra foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada Ruta dos Balcáns. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa”.
O vindeiro 18 de decembro o propio reporteiro guiará ás e aos estudantes a través da exposición. Na mesma xornada a partir das 11.30 horas desenvolverase o espectáculo teatral O valo, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego...
leer más