Burela

Etiquetas:
02/04/2019

O Concello de Burela inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cine infantil na súa programación cultural para este mes de abril.

O venres, día 5, a compañía Volta e Dalle presentará Falar por falar. Será a partir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.

O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.

O 21 deste mes continuará o ciclo Burela de Cine cunha película infantil a partires das 18:30 horas.

E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que presentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.

O...

leer más
01/04/2019

O Concello programa catro Xeorutas que se desenvolverán na Semana Santa, os días 17, 18, 20 e 21 de abril, e que percorrerán as zonas do Cantiño, O Perdouro e A Marosa. Esta iniciativa foi presentada esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, polo o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e por Fran Canosa, o guía que comentará as Xeorrutas aos asistentes. 

O rexedor salientou que “unha das posibilidades moi atractivas para visitar Burela, dunha maneira extraordinaria, é realizar unha das Xeorutas que temos e que están tendo moi bo resultado porque permite ver Burela dunha das formas máis bonitas”.

Alfredo Llano explicou que “imos comezar o día 17 de abril coa Xeoruta do Cantiño, que é extraordinaria e permite ver o porto e as singularidades da paisaxe. O xoves...

leer más
Etiquetas:
01/04/2019

Mañá martes, 2 de abril, ás 19.30 horas, celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música de Burela un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos das especialidades de frauta, clarinete e piano.

Segundo explica o director do centro, Xan Carballal, "o concerto incluirá pezas sacadas do repertorio popular  e contará con obras de autores clásicos e modernos".

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.

Etiquetas:
29/03/2019

En Burela celebrarase a IV Semana do Deporte, que organiza o Concello, do 3 ao 7 de abril. Haberá talleres de iniciación ao atletismo para nen@s e ao xadrez para adultos, un clínic de pádel e outro de baloncesto no que participarán xogadores do Obradoiro, así como charlas e unha ruta de sendeirismo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima á veciñanza a acudir ás actividades programadas e agradece a participación das firmas colaboradoras. Na presentación, que tivo lugar este mediodía, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto a representantes das distintas entidades colaboradoras e o técnico municipal de Deportes, Lucas.

Ramiro Fernández dixo que “desde o Concello, un ano máis, estamos moi orgullosos de que esta actividade siga saíndo adiante. É o cuarto ano e é unha...

leer más
Etiquetas:
27/03/2019

Academia A Mariña organiza el I Foro de Liderazgo, Motivación Personal y Profesional, que se celebrará en Burela el próximo 23 de abril. Se trata de un proyecto pionero, que por primera vez se celebra en la comarca mariñana. En el evento participarán 3 coach de alto nivel, que pertenecen al International Coaching Community. Raquel Hermida, de Academia A Mariña, explica que “es la primera vez que vienen a un evento de estas características y a esta zona”.

El I Foro de Liderazgo, Motivación Personal y Profesional dará comienzo a las 16:00 horas con la intervención de Mario López Guerrero sobre Comunicación y gestión del tiempo. A continuación Daniel Álvarez Lamas hablará sobre Cómo liderar ese animal llamado equipo. Será a las 17:00 horas. Y Marcela Parga pronunciará una charla sobre Conciliación y rendimiento laboral a partir de las 18:00...

leer más
Etiquetas:
26/03/2019

O Centro Comercial Aberto de Burela vístese de longo e prepara a cena de gala que terá lugar o próximo 6 de abril a partir das 21.30 horas no Hotel Nordés de Burela.

Será unha velada de corte lúdico no que haberá comida, bebida música e entrega de premios para comerciantes e hostaleiros aos que queren dar un recoñecemento por diversos motivos.

Entregarán un galardón ao emprendedor novel, hostaleiro do ano, toda unha vida e maior proxección exterior e innovación. Estes catro premios non queren desmerecer ao resto de socios, senón dar un pulo para todos os comerciantes e hostaleiros da asociación.

Desde CCA Burela lembran a que calquera persoa está convidada a asistir, o menú consistirá en táboa de embutidos e queixos, croquetas caseiras, brochetas de lagostino crocante con alioli de allo...

leer más
Etiquetas:
26/03/2019

O Concello convoca a sexta edición dos concursos de Debuxo e Pintura e Lemas 21 de marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, subliña que “os obxectivos destes concursos son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos pódense obter na Casa do Concello ou na sede electrónica da páxina web do Concello de Burela”.

No Concurso de Debuxo e Pintura haberá tres categorías: de 6 a 12 anos, de 12 a 18 anos, e maiores de 18 anos. Os menores terán que estar autorizados polo pai, nai ou titor. A técnica do debuxo é libre e a medida DIN A4. Cada persoa só poderá...

leer más
Etiquetas:
25/03/2019

O vindeiro mércores, 27 de marzo, ás 19.30 horas celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos de percusión.

Segundo explica o director do centro Xan Carballal “o repertorio incluirá pezas sacadas do repertorio popular mesturada con obras de autores clásicos e modernos”. 

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.

 

 

Etiquetas:
11/03/2019

A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre a vespa velutina que terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas para os cidadás en xeral e para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas. Tratarase ademais o ciclo da velutina, niños reais e diferenciación.

A charla correrá a cargo de José María Vázquez, xerente de SERPA, control de pragas, inventor e investigador de campo.

A actividade está organizada poloo Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración de SERPA.

Noelia Mª Ben anima asistir a esta charla de interese para...

leer más
Etiquetas:
11/03/2019

Éxito da convocatoria de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, para presentar a súa oferta para este ano. Máis dun centenar de persoas se deron cita o pasado sábado no hotel Voar para coñecer de preto algunhas das viaxes estrela deste 2019.

Pedro Fraga, xerente de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, foi o encargado de conducir o acto, no que interviron Pilar Cabana, de Costa Cruceros; Santiago Vázquez, de Politours; e Borja García, de Mapa Tours. 

Unha das primeiras saídas en grupo a un destino estrela será o vindeiro 18 de abril, na Semana Santa, a Dubrovnik, para a que aínda quedan algunhas prazas libres. Sairá un voo directo desde Asturias. As persoas interesadas o único que teñen que facer é poñerse en contacto coas delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo ou en Burela. 

En outubro...

leer más