Burela

07/12/2024

O xoves 12 de decembro terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista, de Burela.

A organización do evento anuncia que os actos “comezarán ás 13:30 horas na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluído, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo. Contaremos coa presenza do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades, e da alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades. Trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia”.

04/12/2024

Hasta el día 5 de enero los niños y niñas que lo deseen podrán depositar sus cartas para Papá Noel y los Reyes Magos en el buzón que Correos ha instalado en la oficina postal de Burela.

Además de fomentar el espíritu navideño, esta iniciativa de Correos también pretende fomentar la práctica de la escritura entre los más pequeños de la casa. Por eso estas Navidades en las oficinas de Correos con buzón especial y a través de Correos Market también se podrán conseguir “packs mágicos”, que contienen cartas para escribir los deseos, sobres especiales y pegatinas con motivos navideños para decorarlas y que llamen la atención de sus ilustres destinatarios....

leer más
Etiquetas:
01/12/2024

O Concello de Burela anuncia que acenderá as súas luces de Nadal o venres 6 de decembro na Praza do Concello “cunha gran celebración. A partir das 17:30 horas haberá pintacaras, animación infantil, chocolatada, música e panxoliñas”.

O acendido do alumeado de Nadal será ás 19:00 horas.

30/11/2024

O día 7 de decembro, sábado, ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela celebrarase cun concerto audiovisual a historia da asociación cultural Dambara e da agrupación Santo Inocencio, de Burela. Será un concerto “con imaxes e momentos emotivos”, anuncia a organización do evento.

Os actos da xornada continuarán ás 21:30 horas cunha cea conmemorativa na carpa da praza e a actuación dun DJ a partir das 23:59 horas.

29/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia está celebrando o 50 aniversario súa fundación e anuncia que “continuando cos actos conmemorativos este domingo, día 1 de decembro, ás sete da tarde ofrecerase unha misa na honra das persoas socias, colaboradoras e familiares que finaron ao longo destes anos. Convidamos a participar a tódalas persoas que así o desexen”.

Ledicia engade: “aproveitamos para agradecer o agarimo recibido nestes días e anunciar que o vindeiro 27 de decembro terá lugar un concerto de panxoliñas na igrexa de Vila do Medio”.

28/11/2024

O Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.

As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.

Etiquetas:
27/11/2024

O Concello de Burela convida á veciñanza a participar neste obradoiro de decoración de Nadal en cunchas impartido por Teresa Esra. Trátase dunha actividade de balde, dirixida a persoas de todas as idades. Terá lugar o luns 2 de decembro de 17:30 a 20:00 horas.

As persoas participantes aprenderán a decorar unha cuncha e poderán levala para a casa ao finalizar a actividade.

Para inscricións e máis información as persoas interesadas deben ir á Casa do Concello de Burela.

Etiquetas:
26/11/2024

A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Burela coa celebración do segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 5 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.

“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

“Orgullo Mariñeiro nas Escolas”
O día comezará de novo nos comedores escolares de oito colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos e nenas comerán ese día filetes de “Merluza de Burela” nos seus menús.

... leer más
Etiquetas:
26/11/2024

O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.

21/11/2024

Dicía un mestre meu que para saber hai que ver ou ler. Esta afirmación adáptase perfectamente á actividade deportiva do sendeirismo, que obriga a combinar lectura e visión. Lectura para ter información sólida das distintas rutas que conforman un programa anual e visión para sentir a proximidade da natureza con todo o que esta ofrece.

“Pasada das Cabras” nace no ano 2004 coa vocación de motivar a poboación de Burela na práctica deportiva, adaptada para todas as idades, que favoreza a socialización, a valoración e compromiso co medio ambiente, a etnografía, o coñecemento de lugares singulares e a sensación óptima de compartir experiencias. Iso si, notando os beneficios dun deporte que estimula o físico e tamén o mental.

Nestes vinte anos de andaina acumulamos miles de quilómetros que repartimos pola xeografía...

leer más