Burela
A Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais e a actuación de Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.
A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...
leer másO Concello de Burela colabora cunha Ruta Ciclista que organiza o IES Perdouro o 19 de abril. Será un percorrido de pouca dificultade, de case 13 km, por Burela. Participarán alumnos deste IES así como calquera persoa que o desexe. Acudir é libre. Os que asistan só teñen que ir con bici e casco ás 12:20 ao IES Perdouro, xa que este será o punto de saída.
Colabora tamén Cerezo Bikes, que prestará axuda en caso de pinchazo ou avaría. Dende a Delegación de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima a participar nesta Ruta Ciclista por Burela o vindeiro xoves, 19 de abril.
A Concellería de Cultura presenta este venres, 13 de abril, ao grupo O Bordelo, de Cervo, que porá en escena a obra O Malquerer.
A actuación terá lugar na Casa da Cultura, ás 21:00 horas, é para todos os públicos e a entrada é libre.
O Malquerer é unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro, e protagonizada por Dolores Viamonte, Mª Paz Rodríguez, Antonio González, Manuel González, Xosé Vicente Mon e polo propio director, Francisco Piñeiro.
Enmarcada nunha liña dun teatro comprometido coa mellora das circunstancias sociais contemporáneas, pretende ser unha peza cómico-reflexiva que permita ao espectador observar a realidade de tal xeito que remate rindo do que a cotío convida a chorar.
A programación cultural de Burela para o mes de abril arrinca este semana con varias actividades. O domingo, día 8, haberá unha nova edición do rastrillo popular solidario, que se celebrará de 10 a 15 horas na praza da Mariña e tamén unha nova sesión de Burela de Cine ás 18:30 horas. Ademais este mes chegarán a Burela dous musicais infantís os días 15 e 29. Volve o tributo a Michael Jackson tamén o 29 e o 22 de abril estará na Casa da Cultura Leo Bassi. A axenda de abril completarase con teatro afeccionado e coa segunda charla médica, que versará sobre o alzheimer e que terá lugar o día 26.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “además del Burela de Cine de los domingos con las sesiones de cine infantil que en este caso será el día 8, como eventos más destacados del mes de abril tenemos el musical infantil Bella, con una...
leer másO V Triangular de Semana Santa Imdecum reunirá en 2018 as promesas máis novas de ACD Xove, ED Lourenzá e Pescados Rubén Burela FS, na categoría Biberón. O pavillón Monte Castelo de Burela acollerá a competición o venres, 30 de marzo, a partir das 15.45 horas.
O pavillón Vista Alegre, coincidindo co descanso do partido de Segunda LNFS entre Pescados Rubén e Manzanares (inicio ás 17.30 horas), acollerá o acto de clausura con entrega de medallas e algunha sorpresa.
A Delegación de Deportes organiza a III Semana do Deporte que se desenvolverá do 5 ao 9 de abril. Haberá actividades para adultos e nen@s, charlas sobre alimentación saudable e primeiros auxilios no deporte e sobre consellos podolóxicos deportivos. En Burela estará Jordan Bachynski, xogador de baloncesto do Obradoiro, que visitará os colexios e participará nun clínic e nunha mesa redonda. A III Semana do Deporte de Burela foi presentada hoxe no Concello.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que “esta iniciativa puxémola en marcha dende o momento que entramos no goberno, e demostra claramente a aposta polo deporte que facemos desde o Concello de Burela. Esta Semana do Deporte vai empezar o xoves 5 de abril e rematará o luns 9 de abril, cunha serie de charlas e actividades que cremos son moi interesantes, e que o que fan é...
leer másMañá, martes, poranse á venda en Burela 300 entradas para ver a Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 15 de xuño na Casa da Cultura co seu traballo Somos criminais. Poderán adquirirse na Biblioteca e no restaurante Mis en Plas, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz, desde 10 euros.
Nesta comedia Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como si temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Os dous actores analizan e dramatizan sobre crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por inconsciente ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por mor das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotráfico galego.
As entradas para este espectáculo seguen tamén á venda en internet en...
leer másO Concello de Burela organiza diversas actividades para esta Semana Santa. O 29 de marzo (Xoves Santo) e o 1 de abril haberá xeorutas, e a novidade deste ano son as visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio os días 30 e 31 de marzo. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, considera que Burela será un atractivo turístico máis na Mariña ao longo dos vindeiros días.
O edil burelés anunciou que “desde o Concello de Burela vimos de facer a presentación das actividades que imos promover durante esta Semana Santa. Imos intentar que todos os días haxa actividade turística en Burela”.
Ramiro Fernández indicou que “dada esa expectativa que nos temos creado imos seguir promocionando as xeorutas de Burela. Imos facer unha xeoruta o 29 de marzo, Xoves Santo, pola zona da Marosa que vai ser de catro e media a sete e...
leer másIntensa axenda cultural para esta fin de semana en Burela con hipnose e con espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa.
Mañá, venres, ás 21 horas na Casa da Cultura o ilusionista e hipnotista Jeff Toussaint presentará “El hipnotista”, que é unha recompilación do mellor creado por este artista nos seus tres primeiros espectáculos de hipnose colectiva. Na cita os espectadores poderán ver o poder da mente creativa dos voluntarios e da súa propia.
O sábado, día 17, a compañía A illa dos nenos porá en escena “Hocus Pocus”, na que o Mago Paco ofrecerá maxia chea de risas, cor e moitas sorpresas. A función será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 3 euros para os nenos e nenas e libre para os seus acompañantes.
E os máis pequenos teñen unha cita con Burela...
leer másO XI Encontro de Palilleiras celebrarase en Burela o vindeiro 12 de maio. Terá lugar na nave de redes e está organizado pola asociación As Encaixeiras coa colaboración do Concello. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que a cita é un bo escaparate para amosar Burela e os seus atractivos turísticos.
O rexedor anunciou que “o XI Encontro de Palilleiras vai ser o 12 de maio, no porto na nave de redes, onde ven sendo Expomar e Produart, pola súa dimensión e pola cantidade de xente que contamos que veña, é xustificado que se faga alí”.
Alfredo Llano salientou que “é unha boa oportunidade para dar a coñecer o noso concello, o barco-museo, o Monte Castelo, os negocios, restaurantes e outro tipo de comercios que hai no noso pobo, que se dean unha boa volta, e que vexan o porto e as praias. É unha oportunidade que temos...
leer más