Burela
O Concello de Burela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de ocio dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
Por una banda, no día de hoxe deron comezo os campamentos de verán, que se desenvolverán no CEIP Virxe do Carme, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 horas.
O primeiro destes campamentos rematará o 12 de xullo, e os seguintes terán lugar do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 9 de agosto e do 12 ao 23 de agosto.
Por outra banda, o vindeiro luns, día 8 de xullo, a delegación de Deportes do Concello dará comezo ó programa Verán Burela 2024. Esta iniciativa prolongarase ata o 29 de agosto e incluirá xogos na praia os luns, rutas de senderismo os martes, happy dance os mércores, e rutas en biciceta os xoves.
As...
leer másDo 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela, un xeito de coñecer todas as especies que capturas os barcos dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O 1 de xullo será ás 18:30 horas e o 2 de xullo ás 19:30 horas.
É preciso reservar praza en rutadopeixe.burela.org
O Concello de Burela ofrece ademais durante o verán visitas ao barco museo Reina del Carmen, á Moncloa, a unha conserveira, á igrexa de Vila do Medio así coma un interesante programa de xeorutas. Todo a información está dispoñible en www.burela.org
Burela acolle un festival da escola de baile e música tradicional de Ledicia este sábado, 29 de xuño
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, rematará o curso 2023/24 da Escola de Baile e Música Tradicional cun festival aberto ao público onde participará todo o alumnado. Esta celebración terá lugar este sábado, 29 de xuño ás 18:00 horas na Praza do Concello.
“Convidamos á veciñanza a disfrutar do noso traballo”, di a organización do evento.
O Concello de Burela será anfitrión do tradicional encontro anual de orquestras, organizado polas Escolas de Música da Mariña, que se celebrará o mércores 26 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
“Esta iniciativa, que reúne a preto de 70 rapaces e rapazas, pretende por en contacto aos escolares de música da comarca, permitir que se coñezan, que intercambien experiencias e aprendizaxes e que socialicen a través da linguaxe universal da música”, asegura o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado.
Está previsto que os alumnos cheguen pola mañá ao Auditorio da Casa de Cultura e fagan un ensaio xeral das obras que hai meses levan traballando cada un no seu centro.
Ao remate do ensaio os participantes celebrarán unha comida de fraternidade. Xa pola tarde, antes do concerto,...
leer másO Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.
O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.
O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.
O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.
O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI...
leer másO Concello de Burela abre este mércores, 19 de xuño, o prazo de preinscrición para o seu programa de campamentos de verán e ocio para a cativada Somos Verán, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 23 de agosto. O prazo estará aberto ata o venres, día 21 de xuño. As preinscricións poderán realizarse no correo electrónico gaia@burela.org ou na oficina do centro Gaia. Deberase entregar a documentación necesaria e o formulario que se pode atopar en...
leer másO Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.
Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.
Un produto turístico que, nesta...
leer másBurela acolle, no parque de Rosalía de Castro, a exposición de arte na rúa 'Viaxando', organizada por Afundación. Esta mostra itinerante, que conta con pezas das coleccións de arte de Afundación e Abanca, estará dispoñible para a súa visita ata o día 10 de xullo, tras o cal seguirá percorrendo diferentes localidades galegas.
Nas diferentes obras da exposición aparecen reflectidos diferentes lugares de todo o mundo, co obxectivo de permitir ás persoas que visiten a mostra desfrutar de viaxar a través da arte. A cronoloxía das pezas vai dende finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vén acompañada dun breve texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca que "estas iniciativas permiten desfrutar de xeito gratuíto da arte nas nosas rúas,...
leer másO Concello de Burela convida á veciñanza a asistir ao concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música, actuación que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas deste mércores, día 19 de xuño.
El próximo 25 de junio arrancará la décimo primera edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples. El plazo de inscripción está abierto.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos...
leer más