Semana

Etiquetas:
17/08/2026

Cervo acolle a semana infantil organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco desde este luns, día 17 de agosto, ata o venres 21. Todas as actividades serán na Praza do Souto a partir das 18:00 horas, agás o venres, que está programada para as 20:30.

Este luns hai xogos tradicionais; o martes, chan interactivo; o mércores, master chef infantil; o xoves, inchables; e o venres, ensaio xeral da 48 Queimada Popular.

Airiños do Xunco destaca que “a Praza do Souto encherase, coma todos os anos, de diversión para os máis pequenos da casa”.

24/07/2026

Nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo (RCNR) tivo lugar a presentación da XXXVI Semana Naútica, que se desenvolverá do 1 ao 14 de agosto. Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno.

No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández; o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo; e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario.

Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.

Etiquetas:
16/09/2025

O Concello de Burela comezou este martes á Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolverá ata o 22 de setembro baixo o lema Combina e móvete!. Durante estes días a veciñanza poderá participar en talleres de educación viaria, charlas sobre seguridade, accións deportivas, obradoiros de saúde, música, xogos, iniciativas para fomentar o uso da bicicleta eléctrica e cursos de condución eficiente, ademais de propostas específicas arredor da mobilidade accesible.

Un dos puntos centrais será o stand informativo do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que estará situado na Praza do Concello o mércores 17, o xoves 18 e o luns 22 en horario de mañá. Neste espazo explicarase á cidadanía o contido do plan, resolveranse dúbidas e recolleranse achegas. A alcaldesa de Burela, Carmela López, sinalou que “este plan naceu dun proceso...

leer más
Etiquetas:
01/09/2025

A XXXIX edición da semana do teatro afeccionado do Valadouro celébrase desde este luns, día 1 de setembro, ata o venres 5. Todas as representacións serán no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 22:00 horas con entrada de balde.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con cinco grupos da bisbarra da Mariña. Dous dos grupos é a primeira vez que se achegan ó escenario do Valadouro e o resto xa estiveron en varias ocasións polo escenario de Ferreira. A programación son 5 días ininterrumpidos desde o luns 1 ata o venres 5 de setembro de 2025. O luns 1 setembro o grupo Mecanismo Teatro, de Viveiro, representará a obra titulada Parad@s; o martes 2 o grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativo Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, representará a súa adaptación da obra Vaia co pronóstico...

leer más
23/08/2025

Del 25 al 30 de agosto tendrá lugar en Ribadeo la semana multiaventura de la mano de Acisa. Serán días espectaculares, que llenarán de diversión, deporte y adrenalina diferentes rincones de la villa.

La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “esta propuesta está pensada para todos los públicos —niños, adolescentes y adultos— y tiene como objetivo dinamizar el ocio local, ofrecer experiencias diferentes y atraer a visitantes y residentes a disfrutar de la vida en la calle. Y todo ello comprando o consumiendo en los negocios de Ribadeo. Esta actividad se enmarca dentro de la programación O noso comercio é vida, vive Ribadeo, organizada por Acisa y del proyecto de la Xunta de Galicia O teu comercio local, é extraordinario”.

El gerente de la entidad, Jesús Pérez, indica que “el Parque San...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

As instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo acolleron a presentación da XXXV Semana Náutica, que terá lugar do 2 ao 17 de agosto. O acto contou coa participación do alcalde, Dani Vega. 

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández, agradeceu a colaboración de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello ribadense, a de entidades como Acisa e a das empresas privadas, que un ano máis apoian esta cita veraniega. Fernández relatou o programa da XXXV Semana Náutica e anunciou que “o 23 de agosto terá lugar o trofeo en homenaxe a David Botín, coa que concluirán estas actividades de verán”. 

A xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, aludiu á importancia que a náutica ten en Galicia, onde hai 73 portos náuticos e más de 10.700 amarres en Galicia: “esas cifras indican a...

leer más
Etiquetas:
11/06/2025

O Concello de Burela celebrará do 16 ao 20 de xuño a I Semana da Infancia, unha iniciativa que busca poñer no centro da axenda local os dereitos, necesidades e intereses da infancia e a adolescencia. A programación combinará actividades e obradoiros dirixidos ao público infantil e xuvenil en horario de mañá, con propostas para todos os públicos polas tardes.

A actividade estenderase por diferentes espazos da vila, como a Praza do Concello, a Praza de Abastos, o Salón de Conferencias ou os centros educativos.

O Concello de Burela explica que a Semana da Infancia “abordará temas clave como os dereitos da infancia, o bo trato, a igualdade, a diversidade, a saúde física e emocional, e o lecer educativo. Todo iso a través dunha programación variada que inclúe xogos tradicionais interxeracionais, títeres, obradoiros de...

leer más
Etiquetas:
14/09/2024

O Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o luns 16 e o domingo 22 de setembro. Será unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade. Este ano a campaña ten como tema o "Espacio Público Compartido”, que se suma ao lema da iniciativa, "Combina e móvete!".

A alcaldesa, Carmela López, quixo poñer en valor “a participación de Burela nesta iniciativa europea para fomentar a mobilidade sostible, que é un obxectivo central do noso Goberno e que se materializa no novo Plan de Mobilidade que estamos a desenvolver”.

Pola súa banda, Lina Gómez Pardo, concelleira responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca “a importancia de promover alternativas de transporte sustentable e de reducir o impacto...

leer más
Etiquetas:
27/07/2024

Las instalaciones del Real Club Náutico de Ribadeo acogieron la presentación de la XXXIV Semana Náutica, que tendrá lugar del 4 al 17 de agosto. 

En el acto intervinieron el presidente del RCNR, Pablo Fernández, el diputado de Recursos Sostenibles de la Diputación de Lugo, Fran Cajoto, y el alcalde de Ribadeo, Dani Vega.

Habrá trofeos de vela libera, tradicional y crucero. El 6 de agosto tendrá lugar una jornada educativa sobre la protección del fondo marino, a cargo del Club Actividades Subacuáticas Illa Pancha. Y el día 7 bautismos de buceo, con CAS Costa de Lugo.

Para el 17 de agosto está previsto un concurso de pesca y la entrega de trofeos de la Semana Náutica. Ya el día 20 será cuando se celebre la tradicional Zalea a Abres.

Pablo Fernández anunció que el...

leer más
Etiquetas:
22/07/2024

O Concello do Vicedo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza a Semana e-makers, que terá lugar do 29 de xullo ao 2 de agosto na Casa da Cultura. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos, con preferencia para aqueles empadroados no concello.

Durante esa semana os participantes terán a oportunidade de aprender e experimentar co modelado e impresión 3D, robótica e enxeñería, ademais da creación de videoxogos e animación. As actividades desenvolveranse en horario de 10:30 a 13:00.

A semana e-makers proporcionará unha experiencia educativa e divertida que fomenta a creatividade e as habilidades tecnolóxicas entre os máis novos.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico...

leer más