Cursos
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza para os vindeiros días 8 e 10 de outubro, martes e xoves, os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba.
Terán lugar na aula de formación do Concello de Xove, de maneira gratuíta e, do seguinte modo: “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras, os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 horas; e “Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes; a primeira é Alimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos) e desenvolverase o 8 de outubro de 16:00 a 18:30 horas; e a segunda é Alimentación a partir do 1º ano de vida e realizarase o 10 de outubro de 16:00 a 18:30 horas.
... leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta no vindeiro mes de outubro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. O primeiro será de nivel básico e comezará o día 2, rematando o 15. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase dende o 16 ao 29. Ambos os dous de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais Dixitalización aplicada á contorna profesional (IFC748_2), válida para bolsas de emprego, oposicións ou concursos. Para realizar os cursos só é preciso non estar nese momento...
leer másA Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo anuncia que este domingo, día 29 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas realizarán un taller de serigrafía con Stencil. Será na Escola do Vilar, en San Román (O Vicedo).
“Nós poñeremos todo o material necesario. Mostraráseche a teoría proxectada por pantalla, realizarás o teu propio deseño e aprenderás a estampar sobre tea. Vente a sacar o teu talento para dar un toque único e persoal ás túas camisetas e bolsos. Sorprenderás aos teus colegas”, anuncian os organizadores.
O aforo e limitado e as inscricións deben facerse por WhatsApp no número 649.41.89.02.
O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...
leer másO Concello de Burela organiza nos meses de outubro e novembrodousobradoiros de escritura creativa coa autora burelá Antía Yáñez.
Os sábados 5, 19 e 26 de outubro será para adultos e os sábados 9, 16 e 23 de novembro para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. As sesións serán na biblioteca municipal e con prazas limitadas (12 por curso).
“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunhaveciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Estas actividades non só fomentan a creación literaria, senón que taméncontribúen a enriquecer a vida cultural do pobo e estimular a creatividade da nosacomunidade”, engade Gómez, que agradece “a Antía a súa disposición para...
leer másO Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, convoca un curso formativo orientado a profesorado con ganas de facer actividades de educación ambiental sobre os ríos canda ao seu alumnado. Será o día 2 de outubro, mércores, no IES Plurilingüe San Rosendo, de Mondoñedo, de 16:30 a 20:00 horas.
O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas ao profesorado para que poida desenvolver actividades de coñecemento dos ecosistemas fluviais, así como da fauna e flora dos ríos, desde un enfoque práctico. O curso contará cunha charla para coñecer o proxecto, unha saída a carón do rego de Valiñadares para a recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río.
A inscrición é gratuíta para esta actividade que financia Augas de Galicia.
O Concello de Cervo anuncia que esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, celebrarase un curso nacional de kung fu-tai chi no pavillón do CEIP Península da Paz.
Será impartido por Gran Maestro Yang Jun o sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30 horas e o domingo de 10:00 a 13:00 horas.
Está organizado polo Departamento Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Karate y Disciplinas Asociadas.
O Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
O Concello de Trabada ofertará a partir do día 3 de outubro dúas novas actividades: zumba e pilates. Serán os xoves de outubro a xuño, con pilates de 18:00 a 19:00 e zumba de 19:00 a 20:00 horas.
Trátase de actividades para todos os públicos a partir dos 11 anos de idade. A inscrición nun dos programas terá un prezo de 30 euros por persoa, e en ambos, de 50 euros. Poderá realizarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982.13.50.11. O mínimo de participantes será 8 e a actividade adaptarase ás idades das persoas inscritas.
"Dende o Concello ampliamos o abano de actividades deportivas para todas as idades con estas dúas novas iniciativas", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García.
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.












