Cursos

22/10/2024

O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.

...

leer más
22/10/2024

Burela acollerá, no salón de conferencias da antiga biblioteca, un curso sobre acoso escolar e ciberacoso, actividade que terá lugar o día 29 de outubro, martes, de 16:00 a 22:00 horas.

A inscrición realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00, en horario de 9:00 a 14:00. As prazas limitadas.

O Concello de Burela anuncia que se trata dun curso “acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo, e está dirixido a nais, pais, coidadores, coidadoras, ...”.

22/10/2024

O día 5 de novembro, martes, en horario de 16:00 a 21:00 no salón de conferencias do Pazo San Tomé, de Mondoñedo, impartirase o curso de alimentación na infancia dirixido a pais/nais, futuros pais/nais, coidadores/as...ou calquera persoa interesada.

Será impartido por Noelia Goás Gómez e os contidos son: lactación materna; lactación artificial; estudio de nutrientes; nutrición do bebé durante o primeiro ano de vida; alimentación tras o primeiro ano de vida; decálogo para fomentar nos nenos/as hábitos saudables na alimentación; intolerancia e alerxia a alimentos; e sobrepeso e obesidade infantil.

A inscrición ao curso, que é gratuíto, pode realizarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello e no teléfono 982.52.40.03-extensión 8. As prazas son limitadas.

21/10/2024

O Concello de Riotorto anuncia que acollerá un curso de sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez no Centro Sociocultural Avelino Díaz o día 23 de outubro, mércores, de 16:00 a 20:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello de Riotorto e no número de teléfono 982.34.62.22.

17/10/2024

Alba Farto, ilustradora, impartirá un obradoiro de lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. O lettering tamén ten o obxectivo de descubrir o desenvolvemento creativo, ademáis de favorecer a concentración e a relaxación.

Este obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito e está destinado a nenos/as e mozos/as de 5º e 6º de CEIP de Santa María do Valadouro e os catro cursos do IES Alfoz-Valadouro de xeito prioritario.

Debuxar Letras desenvólvese o venres 25 de outubro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro e ten prazas limitadas. Deben inscribirse os...

leer más
Etiquetas:
16/10/2024

O Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.

“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.

Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

14/10/2024

Burela acollerá un curso de sexualidade na adolescencia. Será impartido por Noelia Goás Gómez no salón de conferencias da antiga biblioteca o día 22 de outubro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.

O Concello de Burela anuncia que se trata dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.

13/10/2024

A Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira, no concello da Pontenova, anuncia a celebración dun curso de prevención de accidentes domésticos. Será o venres 25 de outubro de 17 a 19 horas no centro social Blanca Muruais, en Saldoira.

Para inscribirse pódese contactar coa Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira a través do seu facebook, con calquera membro da directiva ou a través do teléfono 619.67.96.67.

Etiquetas:
12/10/2024

O programa desenvolverase desde o vindeiro martes, día 15, no centro sociocultural de Alfoz a partir das 10.30 horas. 

Está destinado a pensionistas ou maiores de 55 anos. A inscrición está aberta durante todo o ano. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse no Concello de Alfoz ou chamando ao teléfono 982 55 80 01 

 

Etiquetas:
11/10/2024

O Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para persoas adultas desde o día 21 de outubro ata maio.

Os participantes poderán realizar esta actividade os luns ou os xoves, os dous días de 16:30 a 18:30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está na Casa da Cultural de Alfoz.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse están aberto ata o 17 de outubro nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz.