Cursos

Etiquetas:
03/12/2020

O Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúas, organiza a actividade titulada Dorso saudable e sen dor, que se desenvolverá o vindeiro luns, 7 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

O obxectivo é aprender a coidar o noso dorso, está dirixido a todos os públicos e é gratuíto.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 678 11 06 41.

O aforo será limitado.

 

Etiquetas:
25/11/2020

A Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto denominado Ofimática na nube: Google Drive.  

Os asistentes aprenderán a forma de crear e xestionar dunha maneira correcta todos os documentos que se necesitan para o uso da xestión ofimática na nube de Google. Deste xeito poderán converterse en profesionais do sector xa que adquirirán os coñecementos necesarios para manexar unha ferramenta tan demandada actualmente como é Google Drive. 

O curso desenvolverase do 27 de novembro ao 23 de decembro. 

As persoas interesadas en acudir poden anotarse chamando á Casa da Xuventude: 982 581 141. Este curso é impartido por Academia A Mariña.

 

Etiquetas:
20/11/2020

Dezaseis profesionais mariñáns do turismo asistiron do 16 ao 18 deste mes en Foz a un curso de formación sobre Comunicación dixital, márketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19. O obxectivo é mellorar a visibilidade e o posicionamento da Mariña, dos concellos e das empresas turísticas que integran esta comarca. A segunda edición será en Xove a mediados de decembro. 

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explicou que “a raíz da crise provocada polo Covid-19, da forte necesidade de adaptarse ao mundo dixital e de ser un destino competitivo, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e das accións propostas para a reactivación do sector, organizou este curso de formación, que tivo lugar os...

leer más
Etiquetas:
20/11/2020

El Aula Universitaria de la UNED en Foz acogerá durante los próximos meses actividades formativas en los ámbitos educativo, psicológico, de idiomas, jurídico y de ocio. Fueron anunciadas hoy, viernes, por el alcalde focense, Fran Cajoto, y la coordinadora del centro, Fuensanta Otero, quien explicó: “hemos presentado las actividades de Extensión Universitaria del primer semestre del curso 2020/2021: 
 
 -Ámbito educativo, como La formación docente es el camino y Mediación escolar.
 
-Ámbito psicológico, como Primeros auxilios psicológicos en situaciones de emergencia y crisis, Gestión de las relaciones interpersonales en las organizaciones y Bienestar Emocional para tu Vida. 
 
 -Ámbito de los idiomas: preparación Iniciación B1 de Inglés y Celga 3 y 4. 
 
-Actividades de formación en el ámbito del ocio y tiempo libre...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña, que estaba previsto para este sábado, 7 de novembro, e  tamén os Obradoiros de Nadal, que ían ter lugar todos os venres deste mes.  

A edil Toñi Eijo sinala que “tras a situación provocada pola covid-19 no noso pobo vémonos obrigados a cancelar estas actividades. Facémolo por responsabilidade e como medida de precaución. A nosa intención é facer ambas iniciativas en canto a situación o permita”.

 

Etiquetas:
26/10/2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza talleres de manualidades de Nadal con Gaia. Vanse celebrar os venres do mes de novembro pola tarde. Serán os días 6, 13, 20 e 27. 

A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “ofertamos talleres de manualidades de Nadal, que terán lugar todos os venres do mes de novembro pola tarde. Trala gran demanda que tiveron os obradoiros de manualidades que ofertamos durante o mes de outubro, decidimos facer unha quedan máis para poder ofertar máis prazas”. 

A concelleira burelesa sinala que “debido á situación que estamos a vivir con respecto á pandemia non sabemos de que tamaño serán os grupos, e farémolos respectando as medidas vixentes en cada momento. Nesta actividade poden participar os nenos e as nenas empadroados en Burela que cursen Infantil ou Primaria. Para apuntarse...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na Praza de Abastos da vila.

A duración do curso será dunhas tres horas e media e para poder asistir é necesario estar empadroad@ en Burela. As persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, na Praza de Abastos, ou a través do número de teléfono 647 136 673. As prazas son limitadas.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo: ¿preguntácheste algunha vez por qué algunhas persoas sempre teñen frías as mans ou os pés, outros arrefríanse con facilidade ou incluso precisan unha cervexa para relaxarse?”.  

A edil burelesa explicou que “neste curso descubrirase como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Abordarase...

leer más
Etiquetas:
16/10/2020

Academia A Mariña pone en marcha en Burela la primera Escuela Multisensorial de la comarca. 

La Escuela Multisensorial A Mariña (EMA), es un espacio para todos. EMA es un proyecto exclusivo enfocado a todo el alumnado y su entorno para un enriquecimiento personal y un correcto desarrollo educativo. Esta escuela favorece la igualdad de derechos para la familia y para el alumnado, así como un espacio multidisciplinar.

La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, explica que “el aula multisensorial EMA es un espacio terapéutico y educativo para interiorizar de forma satisfactoria los aprendizajes. Los niños pueden interactuar con el entorno mediante la correcta estimulación de los sentidos. Esta terapia tiene como objetivo principal la mejora de la calidad de vida y el desarrollo de las capacidades y habilidades...

leer más
Etiquetas:
30/09/2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza obradoiros gratuítos para os nenos e nenas de Burela en horario extraescolar durante o curso 2020/2021. Serán os venres na praza de abastos. Están destinados para o alumnado de infantil e de primaria e serán impartidos polas monitoras de Gaia. 

A edil Toñi Eijo explica que “durante o curso 2020/2021 imos ofertar obradoiros organizados polas monitoras de Gaia en horario extraescolar. Contaremos con obradoiros  de manualidades, reciclaxe, talleres de cociña…, que terán lugar os venres. Así neste mes de outubro, que está a piques de comezar, teremos o día 9 un obradoiro de pousavasos, o día 16 manualidades con follas, o 23 manualidades con ramas e o 30 manualidades de Samaín”. 

A concelleira de Medio Ambiente subliña que “faremos dúas quendas, a primeira será ás 17 horas e a...

leer más
Etiquetas:
17/09/2020

Ata o 30 de setembro estará aberta nas oficinas do Concello de Xove a  preinscrición para o Curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Todos/as alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario de oficina a formalizar a súa solicitude. Tamén  poden realizar esa preinscrición  online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con todos os datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello. Esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

O día 1 de outubro farase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar  a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos...

leer más