Eventos

Etiquetas:
06/08/2019

En Burela está aberta a inscrición para participar no 2º Rastrillo Popular Solidario do verán, que se celebrará este domingo, 11 de agosto, en horario de 10 a 15 horas na praza da Mariña.

Desde a Concellería de Cultura lembran que “para anotarse hai que doar 2 quilos de alimentos que irán destinados ao Banco de Alimentos de Burela. As inscricións poden facerse chamando á Casa da Xuventude aos seguintes teléfonos: 982 58 11 41 e 608 158 170”.

A axenda cultural da fin de semana inclúe teatro infantil ao aire libre. Será este venres, día 9, na praza da Mariña ás 21:00 horas. O espectáculo, Meme, el caracol prehistórico, está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. Trátase dunha divertida función da que poderá gozar toda a familia. Os máis peques descubrirán a música desde o máis básico ata o rock ou a sinfónica...

leer más
05/08/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.

O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.

A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.

 

Etiquetas:
03/08/2019

As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.

O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.

O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...

leer más
Etiquetas:
02/08/2019

Neste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural. 

Estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689.

Desde a Concellaría de Turismo explican que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”. 

Haberá dúas...

leer más
01/08/2019

Este domingo, 4 de agosto, celebrarase a Rapa das Bestas en Santo Tomé, en O Valadouro.

Dende primeiras horas da mañá procederase á baixada dos cabalos para o curro e entrarán no recinto sobre as 11:00 horas, tamén baixará o gando vacún. Despois terá lugar a rapa tradicional.

A partir das 12:00 horas e ata as 16:00 horas será o prazo para anotarse ás carreiras, ao tiro á corda e arrolamento de rolos. Haberá sesión vermú co Dúo Estrellas. Ademais desde as 12:00 ata as 15:00 horas poderán degustarse gratuitamente hamburguesas e chourizo de poldro, organizado por PuRaGa e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Pola tarde celebraranse os concursos con premios para as carreiras de galope con cabalos do país e con cabalos cruzados. Os primeiros de cada modalidade recibirán 90 euros...

leer más
01/08/2019

A Xunta de Galicia apoia unha nova edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, cita declarada de interese turístico galego que se celebra este sábado na localidade lucense de San Miguel de Reinante, no concello lugués de Barreiros.

A presentación do cartel contou coa presenza do delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, quen gabou o esforzo que desenvolve a asociación O Arco da Vella que, desde 1980, promove este evento en colaboración co Concello.

Nesta ocasión a cita coas mellores músicas folclóricas do mundo terá lugar a partir das 22 horas no recinto do campo de fútbol das Valgas, salvo que as condicións climatolóxicas sexan adversas, nese caso, trasladarase ata o pavillón de San Miguel.

O festival presenta este ano un cartel especialmente salientable que...

leer más
Etiquetas:
31/07/2019

A axenda cultural do Concello burelés para o mes de agosto inclúe cine ao aire libre, teatro infantil na rúa, unha nova edición do rastrillo popular solidario, a V Feira do Libro e o último espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán, titulado Unha noite na praia. A axenda arrinca mañá co inicio do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019 e segue esta fin de semana coa Feira do Bonito e con Produart.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, comentou que “a programación cultural do Concello de Burela para este mes de agosto dá comezo coa Feira do Bonito que será este sábado 3 de agosto e tamén o 4. O sábado co reparto das racións de bonito clásicas e o domingo co marmitako. Paralelo á Feira do Bonito, desde o día 1 ao 4, será o Certame Internacional de Pintura Amarte 2019, mañá xoves comezarán a pintar os artistas. O sábado temos ademais...

leer más
Etiquetas:
30/07/2019

As festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo, e as de San Roque contarán coa actuación de oito orquestras.

Nos festexos de San Roque, que se celebrarán o 16 de agosto, venres, o programa inclúe a saída dos Cocos e cabezudos co grupo de gaitas Illa Pancha, ás 11:30 da mañá, e unha hora despois haberá misa solemne e a continuación procesión e concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ás 22:30 horas empezará a verbena coa orquestra Fénix e a discoteca móbil Blanco y Negro.

Do 16 ao 22 de agosto haberá o Mercado Pirata no parque de San Francisco e o día 31, sábado, celebrarase o pregón das festas patronais de Ribadeo. Será no Teatro ás 20:30 horas a cargo de Fabián Pérez Rego, xornalista ribadense afincado en Madrid que na actualidade traballa como reporteiro no programa de televisión Todo...

leer más
30/07/2019

O Grupo Folklórico Mistura organiza o Festival Folklórico Internacional que se celebrará en San Ciprián o venres, 2 de agosto.

Ás 20:30 horas, na praza dos Campos, actuarán: Gran Ballet Sama de Sri Lanka, Vocal and Dance Ensemble Belgorie de Rusia, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Ademais o sábado, 3 de agosto, terá lugar o III Festival Folklórico Infantil que dará comezo ás 19:00 horas na praza dos Campos. Actuarán: O Feitizo de Foz, Garrulaxe de Cecebre-A Coruña, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e Comercio de San Ciprián.

 

Etiquetas:
30/07/2019

Os días 5 e 18 de agosto terán lugar en Ribadeo dúas observacións astronómicas. A actividade denomínase O Camiño das estrelas. As estrelas do Camiño e enmárcanse no programa O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta. 

A cita será na praza de España ás 22:30 horas. 

Colaboran na organización das devanditas observacións a Universidade de Santiago de Compostela, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller e o Concello de Ribadeo. 

Ademais do 1 ao 9 de agosto poderase visitar en Ribadeo, na oficina de turismo, unha exposición sobre a chegada do home á lúa. A mostra forma parte do programa TodoCosmos 2018-2019, que desenvolve o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e que está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) dependente do...

leer más