Eventos
O Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.
O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido. No apartado de premios establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.
A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas,...
leer másEl Ribadeo Indiano viajará de nuevo a Méjico en este 2026 con el sorteo presencial de un viaje para dos personas con todos los gastos pagados. Será de la mano de Acisa.
Acisa, aprovechando la Feria Internacional de Turismo y que Méjico es el país invitado de este 2026, ha anunciado que en esta nueva edición del Ribadeo indiano se sorteará nuevamente un viaje para dos personas con todos los gastos pagados a la Riviera Maya.
El gerente del colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, comentó que “Acisa y Concello ya estamos trabajando en los preparativos de esta nueva edición del Ribadeo indiano, con muchas ganas e ilusión”.
Además Pérez Prada hizo un balance muy positivo del trabajo realizado a lo largo de estos días en Madrid: “hemos mantenido muchos encuentros con representantes de...
leer másO Concello de Foz presentou a programación completa do Entroido, que inclúe actividades desde o día 31 de xaneiro ata o 20 de febreiro.
“O Entroido é para Foz unha das épocas de máis actividade e emoción. Para grupos e peñas son meses de traballo nos que confeccionan vistosos traxes, artiluxios e carrozas que fan as delicias de xente de tódalas idades”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que anuncia: “a partir da próxima semana estará habilitado o formulario na sede electrónica do Concello para a inscrición no desfile de Foz. Estará aberto ata o xoves 12 ás 14.00horas. Non se permitirán inscricións o mesmo día do desfile. Tamén poderán inscribirse no rexistro do Concello. Os grupos, comparsas e carrozas que queiran participar no sorteo de postos deberán anotarse antes do luns 9 ás 14.00 horas. O sorteo será na Casa da...
leer másO CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove cumpre no presente curso 2025-2026 os seus cincuenta anos de vida. O centro comezou a funcionar durante o curso 1975-76, concentrando todas as escolas unitarias do concello distribuídas polas distintas parroquias, agás unha unidade das Gulpilleiras (na Rigueira) e outra de Lago, que se integrarían no colexio entrada a década dos oitenta. O Concello de Xove explica que “a posta en funcionamento do colexio supuxo un cambio radical non só no ensino senón en moitos hábitos sociais da veciñanza, fundamentalmente na poboación escolar. Por este motivo, o centro está a preparar unha serie de actividades para conmemorar este medio século de historia, que se prevén celebrar no mes de maio do presente ano. Para facelas realidade, o colexio solicita a colaboración da veciñanza de todo o concello, así como de persoas de Xove ou...
leer másO Concello de Cervo anuncia que “quenta motores para celebrar o Entroido cun programa diverso, participativo e pensado para todos os públicos, que terá como grandes protagonistas os tres desfiles que se celebrarán en Cervo, San Ciprián e San Román de Vilaestrofe. Tres escenarios, e un mesmo espírito festivo para converter o Entroido nun dos momentos máis agardados do calendario local”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación que “o Entroido é unha das festas máis queridas pola veciñanza, unha cita que mestura tradición, creatividade e convivencia, e que cada ano demostra a enorme implicación do tecido asociativo do noso concello”.
A rexedora agradeceu especialmente “o traballo imprescindible das asociacións culturais e veciñais, en concreto de Airiños do Xunco e As...
leer másO mago Cayetano Lledó actuará no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, este sábado, día 24 de xaneiro, ás 19:00 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia: “prepárate para rir, sorprenderte e vivir un espectáculo cheo de ilusión e humor!”.
Os prezos son: 10 euros a entrada xeral; 5 euros reducida (desempregados, estudantes e xubilados); e para os menores de 12 anos é de balde.
Organizado polo Grupo de Neofalantes da Mariña, ás 5 da tarde deste venres, día 23 de xaneiro, celébrase en Burela un paseo literario dedicado á obra de Antía Yáñez.
“O encontro entre a escritora e un público que se familiarizará co noso idioma a través das súas obras está previsto para as cinco da tarde na área recreativa do Cantiño. Inmediatamente despois o grupo subirá ao Monte Castelo, desde onde observará os diferentes lugares recollidos na ambientación do libro titulado O misterio do torque de Burela”, anuncia o Grupo de Neofalantes da Mariña, que ademais lembra que “a escola de neofalantes da Mariña reúnese virtualmente os luns, mércores e venres; e os domingos mantén unha sesión presencial en Lourenzá”.
Vilela, no municipio de Ribadeo, celebrará o sábado 7 de febreiro a cuarta edición das Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Puma. A continuación terá lugar a comida do cocido e despois actuarán os dúos De Festa e Puma.
A venda de entradas para participar está aberta ata o 30 de xaneiro. As prazas son limitadas e haberá carpa climatizada.
La Cena de Comadres en Sante, parroquia del municipio de Trabada, se celebrará el día 7 de febrero, sábado, a las 22:00 horas.
Está organizada por la Asociación de Vecinos de Sante, el aforo es limitado y para participar hay que inscribirse previamente a través del teléfono 649.60.62.62. El plazo finaliza el 31 de enero.
A parroquia de Lagoa, no municipio de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Vicente esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro.
As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. Tamén haberá queimada gratis e verbena amenizada pola orquestra Principal e unha discoteca móbil.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión seguidas de sesión vermú co dúo Caramelo
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, que destaca que o recinto estará cuberto con carpa e calefacción.












