Eventos
O Concello de Trabada inaugurará o día 25 de xaneiro, domingo, a partir das 12:15 horas, o novo centro social da parroquia da Ría de Abres. Un acto ao que están convidadas todas as veciñas e veciños do municipio, e de maneira especial, a veciñanza desta parroquia.
“No acto de inauguración contarase coa presenza da presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, ademais de representantes municipais. Tras a apertura oficial do novo espazo, haberá un pequeno picoteo para todas as persoas asistentes, co obxectivo de compartir este momento tan especial para a parroquia”, anuncia o Concello de Trabada, que engade: “este novo centro social supón un proxecto moi ilusionante para o Concello, xa que a Ría de Abres era a única das oito parroquias de Trabada que non dispoñía ata agora dun local social propio no que a veciñanza puidese reunirse,...
leer másEste venres, día 16 de xaneiro, ás 18.00 horas abrirase o prazo para reservar entradas para a cea de coroación do Rei do Entroido 2026: Dérek Pérez González e as súas damas, Laura Fanego Fernández e Cristina Otero Rodríguez. Será o día 31 de xaneiro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “este ano, como novidade, substitúese o correo electrónico por un formulario habilitado na web para este evento. O representante de cada mesa cubrirá os seus datos e enviará o listado cos membros da mesa. Buscamos que sexa unha forma sinxela para anotarse e reservar as entradas, sen as longas colas que ser formaban antes”.
O evento, que será de novo na carpa situada na rúa Atalaia, na que xa se está colocando todo, será o sábado 31 de xaneiro. O menú consta de empanada, sopa de cocido, costela asada, postre con...
leer másCubelas, no municipio de Ribadeo, celebrará a festa na honra a San Vicente o día 24 de xaneiro, sábado.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú, amenizada por Jaime Paredes, e ás 15:00 empezará un xantar popular, con baile, bingo e sorpresas. Será no pavillón de Cubelas, que estará climatizado. Para participar hai que reservar e o prazo rematará o 19 de xaneiro.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 25 de xaneiro, domingo, a ruta dos Muíños, no municipio de Abadín. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o luns 19 de decembro a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia que é unha ruta “por el cauce de un hermoso río, con molinos y una preciosa fraga”.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro 22 de xaneiro en FITUR A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta das Aceas, no municipio lucense de Sarria, este domingo, día 18 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de xaneiro.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrou a súa asemblea anual de socias e socios para valorar a actividade desenvolvida no ano 2025 e deseñar as liñas básicas de actuación de cara ao ano 2026. E o colectivo anuncia: “para o ano 2026 temos en mente varios proxectos: ademais de manter as actividades clásicas, neste ano temos intención de lembrar, de forma coordinada con outras entidades sociais mariñás e de Ribadeo, a figura de Hernán Naval, pois neste ano 2026 haberá vinte e cinco anos que finou. Imos comezar unha serie de contactos para elaborar conxuntamente esa merecida homenaxe. Tamén temos intención de potenciar as conferencias de temas de actualidade (tanto dos novos estudos sobre a historia de Galiza que van sendo publicados, como da situación política internacional). Volveremos engalanar as fachadas ribadenses coas Palabras na varanda, nesta...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 18 de xaneiro, domingo, unha ruta no municipio coruñés de Ortigueira, concretamente polo tramo do Camiño Natural do Cantábrico desde o banco de Loiba ata o paseo marítimo de Espasante. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 15 de xaneiro. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A Deputación de Lugo abre o día 12 de xaneiro, luns, o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia, o programa de viaxes gratuítas da institución provincial que nesta nova edición ofrece máis de 3.000 prazas. As bases do programa foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 12 de xaneiro, ás 12 da mañá, ata o 16 deste mes.
O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.
A Deputación de Lugo destaca que “como novidade, nesta nova edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de...
leer másCarballido, no municipio de Alfoz, celebrará a festa na honra de San Sebastián os días 17 e 18 de xaneiro, sábado e domingo.
A comisión organizadora dos festexos anuncia: “variamos a ubicación un pouquiño, será na explanada asfaltada do antigo serradoiro de Xaque, co que poderemos montar unha carpa de maiores dimensións, climatizada e sen risco de lama en caso de choiva”.
En canto á programación explica que o sábado 17 de xaneiro haberá sesión vermú “e moito baile co dúo da casa ao que tanto cariño lle temos, dúo Belinda, Haberá tapas de callos para acompañalas consumicións. E festa verbena co grupo Assia; teredes ocasión de disfrutar de verdadeira música en directo cun dos grandes grupos da verbena asturiana. A calidade musical deste grupo, con escasas visitas á nosa zona, estamos seguros que vos vai a sorprender...
leer más












