Eventos

Etiquetas:
20/01/2026

A Delegación de Cultura do Concello de Xove ten programadas actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro, venres e sábado.

O venres 13 ás 17:30 horas haberá baile infantil de disfraces con animación no pavillón municipal.

E o sábado 14 ás 17:00 horas será o desfile de Entroido polas rúas de Xove, amenizado coa Charanga Europa. Despois haberá festa con Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, onde se entregarán os premios do concurso de disfraces nas seguintes categorías: carrozas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas, grupos de adultos de 3 a 9 persoas, parellas adultos, individuais adultos (+14 anos), disfrace máis orixinal (pode ser individual ou colectivo), grupos infantís de 3 a 9 persoas, parellas infantís, individuais infantís (-14 anos), participante máis maior, participante máis novo/a e...

leer más
Etiquetas:
20/01/2026

O vindeiro 1 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar en Rinlo o primeiro paseo guiado do novo programa “Descubrindo o Noroeste”, unha iniciativa divulgativa de Guido Guía e outros 12 guías que pretende dar a coñecer o patrimonio, a historia e o modo de vida das localidades do noroeste peninsular a través de itinerarios abertos ao público.

A actividade estará guiada nesta ocasión por Ana Pena, guía oficial de Turismo de Galicia, e levará ás persoas participantes a descubrir a realidade mariñeira de Rinlo, unha vila costeira con forte identidade vinculada ao mar e á construción de cetarias. Ao longo do percorrido abordarase a súa evolución histórica, o aproveitamento do seu litoral, e a relación da comunidade co medio mariño.

O paseo, de 4 quilómetros de distancia e dificultade baixa, terá unha duración aproximada de...

leer más
Etiquetas:
19/01/2026

Ribadeo con vida todo o ano é a estratexia coa que o Concello acudirá a Fitur 2026 esta semana.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “Ribadeo acude a Fitur baixo unha estratexia conxunta, unha estratexia como vila, como concello, pero evidentemente traballando conxuntamente coa Mancomunidade, coa Mariña, e tamén baixo unha estratexia conxunta con Galicia, entendendo que Ribadeo é esa capital do encontro entre Galicia e Asturias. E debemos saber aproveitar todas esas oportunidades que nos dá ser a porta de entrada a Galicia e ese espazo do entendemento entre Galicia e Asturias”.

O rexedor manifestou: “Ribadeo con vida todo ano. É unha mensaxe clara que ten este Concello porque evidentemente Ribadeo leva traballando anos para que haxa vida todo ano, que haxa actividade todo ano e tamén entendendo que hai que...

leer más
19/01/2026

Vilaxoane, en Foz, celebrará as festas na honra a San Blas os días 3, 6, 7 e 8 de febreiro.

As actividades comezarán o martes 3 de febreiro, día do patrón. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.

Para o venres 6 febreiro está programada unha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Gran Parada.

O sábado 7 haberá sesión vermú co grupo D'Kris, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.

E o domingo 8 febreiro celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2026, organizada pola Peña Fálame Sempre e para a cal poderán reservarse anticipadamente os tickets ata o día 03 de febreiro na librería A Rapadoira. Tamén...

leer más
Etiquetas:
19/01/2026

Acisa estará presente en FITUR 2026 coa súa nova marca turística, Ribadeo, o teu próximo destino, unha campaña coa que a entidade quere reforzar a promoción do municipio como destino turístico de referencia.

Tal e como explicou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, “chega unha nova edición da Feira Internacional de Turismo e, como non pode ser doutro xeito, Acisa estará presente durante tres días xunto o Concello de Ribadeo”. E subliñou que “Acisa leva asistindo a esta feira desde practicamente a súa fundación hai 37 anos, xa que somos a entidade que representa ao sector turístico do municipio e súa promoción forma parte da nosa labor fundacional, así como dar visibilidade ao tecido comercial, hostaleiro e turístico de Ribadeo, establecer contactos profesionais, fortalecer relacións con outras entidades e coñecer de primeira man...

leer más
18/01/2026

A localidade de Sampaio, no municipio de A Pontenova, celebrará as súas festas de San Paulo os días 23 e 24 de xaneiro, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas con churrascada amenizada por DJ Bombardero, na antiga escola de Sampaio.

E o sábado haberá misa ás 12:30 horas e despois terá lugar a sesión vermú, amenizada pola cantante Verónica Cambón.

Etiquetas:
17/01/2026

A Comisión de Festas de Ribadeo organiza un cocido de Carnaval para o día 16 de febreiro, luns, ás 22:30 horas nunha carpa que se instalará no arque de San Francisco.

“O luns 16 de febreiro celebramos unha das noites máis esperadas do Carnaval ribadense. Entradas á venda en: Galipizza, Restaurante Marinero, Bar Nevada, Xardín e Viriato’s. Indicar número de persoas para a reserva de mesas a través das nosas redes sociais ou mediante o whatsapp da Comisión”, anuncian os organizadores.

A música correrá a cargo de Grupo D´Cano e The Sound Project.

16/01/2026

A segunda edición da Festa do Antroido en Viveiro celebrarase o día 16 de febreiro, luns, en Lodeiro, onde se instalará unha carpa xunto ao Centro de Saúde.

Este evento está organizado polo colectivo Viveiro en Festas, que anuncia: “a cea (menú de cocido) ten un prezo de 40 euros e o baile correrá a cargo do dúo Estrellas e Discomóvil Olympo. Moito ollo, que este ano hai previa desde as 20:30 horas. Tamén haberá concurso de disfraces, sorteos e algunha sorpresa máis, así que xa podes ir dándolle á cabeciña. Se o cocido non é o teu, non pasa nada, podes ir só á festa. Desde as 0:00 horas podes gozar do Antroido por 6 euros (incluída consumición). Para facer a reserva de mesas e conseguir as entradas podes completar o formulario da seguinte ligazón:...

leer más
16/01/2026

A comisión de festas de Trabada organiza un cocido no pavillón municipal o día 31 de xaneiro, sábado.

As actividades do evento comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada por Puma Dúo e a continuación servirase a comida, que incluirá sopa de cocido, morro, orella, lacón, costela, botelo, chourizo, verdura, garavanzos e cachelos, ademais de postre, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá festa con Puma Duo e o sorteo dunha cesta de Entroido. A venta de entradas para participar estará aberta ata o 26 de xaneiro.

16/01/2026

La comisión de las fiestas del Carmen de O Vicedo organiza una comida popular para el día 31 de enero, sábado.

Las actividades del evento empezarán a las 13:30 horas con sesión vermú a cargo del dúo Caramelo. A continuación habrá la comida popular, que incluye sopa, cocido, bebida, pan, postre, café y chupito. Para participar hay que apuntarse antes del 26 de enero. Después de la comida habrá verbena amenizada por el dúo Caramelo.

La organización destaca que dispondrán de carpa climatizada.