Eventos
O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza unha paella popular para o día 24 de xullo, xoves. Será na Praza dos Fornos ás 22:00 horas.
“Os/as interesados/-as teñen de prazo ata o luns día 21 de xullo para retirar os tíckets, que están á venda en: Sidrería A Mina, Bar Puente, O Lar de Balbina e San Briz. O prezo para socios/-as é de 5 euros (os menores de 12 anos non pagan, pero igualmente deberán recoller o seu tícket). E o prezo para non socios é de 15 euros”, anuncia o CIT da Pontenova.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará o Día do Socio cunha ruta e comida o día 2 de agosto, sábado.
A ruta será desde Campo do Oso ata a Capela de San Xosé, en Oural. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.
A saída será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde tamén se celebrará a comida, a partir das 14:00 horas.
As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 30 de xullo. O prezo é de 10 euros para os socios do colectivo organizador e de 20 euros para os que non o son.
A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santiago Apostol os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.
As actividades comezarán o xoves ás 21:00 horas cunha churrascada e de seguido haberá verbena co dúo Dilema e Jorge Menéndez.
O venres 25 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión; a continuación haberá sesión vermú prolongada co grupo Superstar e xantar popular (para participar hai que reservar e o prazo remata o 20 de xullo).
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños Vilar Ponte, de Bravos.
Cesuras, en Mondoñedo, celebra as festas na honra a Santa Margarita esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de xullo
O sábado haberá misa ás 13:00 horas e despois sesión vermú co dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena xunto ao DJ Peabody.
E o domingo celebrarase misa ás 13:15 horas e a continuación sesión vermú co dúo Son de Festa.
A Iniciativa Xove “Techno con-Ciencia” desenvolverase os días 22 e 23 de xullo en Sargadelos (Cervo)
O concello de Cervo será o escenario da Iniciativa Xove Techno Con-Ciencia, “unha proposta pioneira de expresión xuvenil e creatividade electrónica” impulsada polo grupo Fonte da Tella (da man de Inoa Pardo, Simón Villarquide, Paula Rodríguez Ares, Borja Lorenzo, Xoel Carreiras Paula Rodríguez Franco , Noé Fernández e Roberto Balseiro) en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá os días 22 e 23 de xullo en Sargadelos. O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa nace co obxectivo de poñer en valor a música electrónica como ferramenta de aprendizaxe, cohesión social e innovación cultural, promovendo a participación activa da mocidade na vida cultural do territorio”.
O martes 22 de xullo...
leer másPresentouse a primeira edición de O Vicedo En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva que se celebrará este domingo, 20 de xullo, desde as 11:00 horas e que contará cunha andaina con saída dende a Ponte Vella do Vicedo (ponte metálica sobre o río Sor) ata o parque de O Vicedo.
“Con este evento local queremos tinguir de verde O Vicedo, co obxectivo de concienciar a sociedade sobre a importancia dun estilo de vida saudable para previr o cancro, e demostrar que a provincia de Lugo é un exemplo de loita contra o cancro. Patrocinado por Solán de Cabras; colabora o Concello de O Vicedo e Eroski Center”, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
Para participar pode facerse a inscrición online en...
leer másA parroquia mindoniense de Santa María Maior celebra as súa festas esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada popular; e despois haberá verbena coa orquestra D’Noche e Discomóvil The Sound Proyect.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e a continuación haberá procesión co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena.
E o domingo ás 14:00 horas celebrarase misa solemne; e despois procesión e sesión vermú co grupo Lecer.
A organización anuncia tamén que haberá inchable gratis para os nenos e nenas.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo colabora coa terceira edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila os días 25 e 26 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “máis de 20 establecementos asociados a Acisa ofrecerán descontos especiais os días 25 e 26 de xullo aos asistentes á terceira edición do Vendaval fest. Esta é unha actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis... con descontos que van dende o 10 ao 30% a maiores das rebaixas nos comercios participantes, 2x1, prezos especias en consumicións como cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez...
leer másA parroquia de Lago, no concello de Xove celebra as festas na honra á Virxe do Carme e San Antón esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo. Na presentación estivo o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín, acompañando a Andrés Prieto e Modesto Rodríguez, como membros da Asociación de Festexos A Granda, que organiza estas festas.
O venres arranca a programación cunha “gran churrascada estilo Lago” a partir das oito da tarde. A continuación haberá verbena amenizada pola orquestra Ocaband e Conxuro Discomóvil.
O sábado ás 14 horas, sesión vermú con orquestra Tokio, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo D'Caché Music.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e procesión; a continuación haberá sesión vermú...
leer másO Concello de Trabada anuncia que colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, “unha celebración singular que une á veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música”.
As festas darán comezo este sábado, 19 de xullo, co Campionato de Balinera con carabina, organizado no Campo da Festa a partir das 19:30 horas. A continuación celebrarase unha churrascada popular, amenizada polo DJ Marcos.
A programación continuará o xoves 25 de xullo cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú co dúo Belinda, e pola noite, verbena coa actuación das orquestras Suavecito e Costa Dorada.
O sábado 26 de xullo terá lugar outra xornada de celebración con misa, sesión vermú coa música de DJ Pedro...
leer más












