Eventos
Os colectivos do Entroido focego Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, día 12 de xullo. Será no Paseo da Ribeira, ao lado de Portochico, desde as 19:00 horas.
Haberá sardiñas, cachelos e bolos preñados. E o bar estará a cargo da comparsa As Farangullas.
Piñeiro, na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra á Virxe do Carme este sábado, día 12 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión co Gaiteiro das Catedrais e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.
O Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago este domingo, día 13 de xullo, a partir das 16:00 horas.
Foi presentada pola tenente de alcalde; Dolores Meitín; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e a edil de Turismo, Cecilia Duarte.
“Ven desfrutar dunha tarde de inchables na auga”, anuncia o Concello de Xove.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a gozar das festas na honra á Virxe do Carme que se celebrarán en San Ciprián entre os días 12 e 16 de xullo, cun programa de actividades culturais, relixiosas e musicais pensadas para todos os públicos.
O sábado 12 de xullo dará comezo a programación cunha mexillonada popular na Praza dos Campos, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, a partir das 20:00 horas. O luns 14 a praza do Lugar acollerá a representación teatral A Tarabela Ambulante.
O martes 15 de xullo, día grande das festas, terá lugar unha sesión vermú coa orquestra Salsarena e pola noite celebrarase a tradicional misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, ás 21:00 horas, cantada pola Coral Terramar. A continuación terá lugar a baixada da Virxe do Carme en procesión ata o peirao,...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano, investindo máis de 45.000 euros neste décimo aniversario que esta a piques de comezar. A vila vístese estes días de branca para gozar dunha cita, que se desenvolverá do 11 ao 13 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decoradas, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos,...O X Ribadeo Indiano xa esta aquí. Este ano 2025. con motivo da celebración do décimo aniversario e grazas as axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un esforzo sen precedentes e inviste unha cantidade récord, duplicando o presuposto dedicado ao Ribadeo Indiano, máis do dobre doutras edicións e sendo a actividade á que mais recursos destinamos, con...
leer másA parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde o venres 11 ata o domingo 13 de xullo
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con churrascada e chourizada amenizada pola orquestra Los Satélites e Disco Móvil Conxuro.
O sábado ás 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena co grupo Claxxon.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e despois, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir 19:00 horas. Haberá ademais inchables gratis para os nenos e nenas
A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporá de amplos aparcamentos.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza, a Andaina Contra o Cancro este domingo, día 13 de xullo, na vila focega. A saída será as 10:00 horas desde diante da Casa do Concello.
“El próximo, domingo 13 de julio, tendremos un año más la Andaina Contra o Cancro; al terminar la ruta en el puerto habrá una mesa de la AECC para recaudar fondos. Participa, colabora se solidario”, anuncia Os Sendeiros.
O prazo para inscribirse está aberto ata este venres, 11 de xullo.
Este luns tivo lugar a presentación do cartel da décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove, que este ano se vai levar a cabo o sábado 19 de xullo na praza do Centro Cívico. No acto estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín.
Ás 12 doce do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero (presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores) e a xornada gastronómica estará amenizada por Os Charangos de Neda e polos cantos de taberna do grupo Espera que vou mexar.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta Camiño dos Faros, pola Costa da Morte, para este sábado, día 12 de xullo. A distancia a percorrer son 12 quilómetros, desde Merendeiro de Soesto por Camelle ata Araou, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante en Vimianzo.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas deste mércores, 9 de xullo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.
A asociación Equus Norte prepara a segunda edición da Rapa das Bestas de Neipín (A Pontenova) que se celebrará o vindeiro 19 de xullo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pontenova.
A área de Rural da Deputación, que impulsou a posta en marcha da rapa o ano pasado co financiamento da instalación do curro no Alto de Neipín, mantén o apoio económico á organización desta celebración arredor do mundo do cabalo. Ademais de contribuír aos gastos derivados da propia xornada, a área dirixida por Daniel García impulsou este ano novas melloras co financiamento dun peche móbil para reter os animais nun lugar antes do inicio da actividade no curro e dun fito informativo, instalado xa a carón do propio curro. Alí presentouse o cartaz desta segunda edición da rapa que comeza na véspera , o 18 de xullo, con...
leer más












